Viaxa (e aprende) connosco. PCR 2019 en Honduras

Este ano convocamos unha praza no Programa de Coñecemento da Realidade na súa modalidade de “Redes”. O principal obxectivo de participar directamente no activismo é a oferta de formación específica avanzada a través das actividades que se leven a cabo, xunto con outras persoas e organizacións que conforman a rede. Ademais, a persoa participante contribuirá á rede, establecendo lazos con persoas que desenvolven proxectos e campañas noutras rexións xeográficas. Este ano, se tes entre 18 e 30 anos, podes solicitala.

Información sobre a praza e xeito de solicitala AQUÍ ou AQUÍ (ignora advertencias de seguridade, se tes dúbidas escrebe a info[arroba]galicia.isf.es). Pódese solicitar até o 5 de xuño de 2019.

O obxectivo desta praza é que a persoa seleccionada participe no Campamento da “Red de Jóvenes en Acción por el Clima 2019”, que terá lugar en San Lorenzo, Honduras. Esta rede internacional conformouse por mozas e mozos de Alemania, Bélxica, Nicaragua, Honduras e España, entre outros, baixo o lema “¿Cales son as túas pegadas neste mundo?”. No traballo da rede inclúense os seguintes temas: cambio climático, auga, agricultura sostible, bosques, consumo responsable, enerxía renovable, migración e xustiza ambiental. A participación nesta rede é posible coa cofinanciación de Cooperación Galega da Xunta de Galicia e a Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo.

As datas serán dende o 15 de xuño ao 15 de decembro 2019. O proceso, se es seleccionada, consistirá na incorporación desde o 15 de Xuño 2019 a ESF para a formación previa, estadía en terreo do 19 de agosto ao 19 de setembro e voluntariado en Galicia de 3 meses trala chegada para facer devolución de todo o vivido e aprendido.

Boletín Oficial ESFeiro: maio 2019

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

    Abril foi un mes intenso de actividades. Tivemos tempo de compartir a reflexión sobre unha xornada na que participamos en marzo sobre nonviolencia nos movementos sociais. Empezamos o mes en Santiago, presentando o proxecto realizado co financiamento deste Concello en Honduras ao recentemente constituido Consello Municipal de Cooperación de Santiago de Compostela. Foi o pistoletazo de saída da campaña Compostela Máis Solidaria, na que tamén participamos o día 4 de abril cun obradoiro para a cativada sobre fedellos vinculados co abastecemento e saneamento de auga. O 8 estivemos tamén en Santiago, pero na Escola Técnica Superior de Enxeñaría, falando de tecnoloxías de baixo custo para abastecemento e saneamento de auga. O 11 estivemos na Escola de Arquitectura da Coruña compartindo palestra con Arquitectura Sen Fronteiras, falando sobre proxectos de auga con enfoque de Dereitos. O 25 de abril en A Coruña, na previa das eleccións xeráis, falamos sobre a manipulación en redes sociais e as fakenews. Rematamos o mes o 30 en Lugo, falando de tecnoloxías de información xeográfica aplicadas á defensa da terra en Honduras. Como parte da comisión de incidencia da Coordinadora Galega de ONGD, tivemos reunións con partidos políticos de cara as eleccións municipais, achegándolles as propostas do sector da cooperación galega


HONDURAS


  En Honduras estes días temos a Acacia, profesora da Universidade da Coruña experta en hidroloxía e unha histórica membro de ESF, facendo unha primeira fase de formacións neste tema, que está viñendo a poñer de manifesto a gran necesidade de coñecementos en hidroloxía para afrontar os desafíos na xestión do recurso hídrico en toda a zona do trópico seco centroamericano.  Ademais, contamos como foi o proxecto que rematamos a finais de 2018 financiado polo Concello de Santiago de Compostela na primeira convocatoria de proxectos de cooperación que se organizou no concello, en 2017.  Ah, se tes interese en coñecer a aplicación de móbil SIROS, de cartografía colaborativa que se está a promover no sur de Honduras para denuncias ambientais, aquí podes coñecer algo máis dela.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Activismo e Persoas


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:

  • Periódico O Salto Galiza. Maio 2019.


E NO PRÓXIMO MES …

    Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais Facebook e Twitter.


A ESF-RASE DO MES

“O concepto de crecemento verde é absurdo, é o súper-oxímoron”.
Joan Martínez Alier