Voluntariado

Ingeniería Sin Fronteras

En Enxeñería Sen Fronteiras entendemos o voluntariado como un proxecto en si mesmo. Buscamos que as voluntarias reflictan o seu paso en ESF como unha actividade importante que lles axude a madurar e crecer como persoas e non como un simple paso.

Para iso participan nas actividades de formación e adican parte do seu tempo ás tarefas da asociación. Non so forman parte da asociación, senon que tamén a lideran. Podes acceder ao posicionamento de voluntariado aquí.

É importante que sepas que aínda que non veñas do mundo da enxeñería, tamén podes formar parte de ESF. Hai tarefas de todo tipo: técnicas, administrativas, de comunicación, de educación e xeneración de contidos educativos, de xestión, etc.

As voluntarias intégranse en grupos que contan cunha gran autonomía e son a base de todos os procesos de decisión sobre actividades a realizar. Se queres colaborar nas actividades de ESF Galicia, contáctanos en info@galicia.isf.es e informarémosche de como podes actuar.