Boletín Oficial ESFeiro: setembro 2026
CONTIDOS
- Vida Asociativa
- Honduras
- Mozambique
- Enlaces de interese
- Recomendación artística-cultural
- E proximamente …
- A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
No verán, no programa ESF na Universidade, seguimos achegando a tecnoloxía para o ben común aos centros universitarios. Mantivemos encontros con persoas da Escola de Camiños para traballar na liña de base do centro que estamos a elaborar coas compañeiras de Pura Quiteria, e avanzamos na coordinación coa aula profesional da ETSE de cara ao curso 2026-2027. Tamén coñecemos os videoxogos serios desenvolvidos no Mestrado de Videoxogos da UDC, no marco dunha actividade de aprendizaxe-servizo. Falando de videoxogos, deixamos na web unha escolma de videoxogos que tocan dalgún xeito o tema de dereitos humanos. Colaboramos un ano máis no programa de mentoría Xuventude Mentoring, acompañando a Rocío nos seus proxectos. En agosto, celebramos en A Coruña o encontro Cooperantes polo mundo, e mantivemos en liña unha reunión de seguimento dun TFG da UDC que estará centrado na participación social de persoas afectadas por impactos nos territorios.
No programa Hackers Sen Fronteiras, reunímonos para avanzar na formulación da terceira edición do programa, contando con representación de centros como o FP Valdeorras, o FP Teis, o IES Brión e o IES Celanova. Tamén participamos en Santiago nos Premios Cidadanía Global da educación da CGONGD, onde foi recoñecido o proxecto de horta circular do IES de Valga do compañeiro Berto.
En Mulleres Bravas, mantivéronse varias reunións de coordinación para preparar a selección de participantes da edición de outono e a campaña de comunicación. En Santiago de Compostela, participamos na Escola de Verán da Gentalha do Pichel cun obradoiro sobre Comuneiras. O monte é noso, no que probamos novas regras para integrar o enfoque de xénero no xogo de mesa. Tamén fixemos unha proba do xogo didáctico A Nosa Terra en A Coruña.
No programa ESF profesional, o mes comezou con varios Repair Cafés: na Pedreira, en Covelo e posteriormente en Tabeaio. Tamén se realizou o seguimento do obradoiro da Fundación Galicia Verde. En O Pino, celebramos o encontro ESFeiro de verán, un espazo para compartir e facer balance. Ademais, o compa Ginés deixounos un relato de utopía galega, para desfrutar. Tamén neste programa, en Santiago de Compostela, mantivemos reunións para explorar novas colaboracións coa Fundación Galicia Verde e respaldamos a presentación do libro Remover la tierra. En A Coruña, celebramos un novo encontro dos Bancos de Reciclaxe de Galicia e, en Pontevedra, reunímonos coa concelleira para estudar un posible espazo para o Banco de Reciclaxe. Tivemos unha formación interna en liña de Conflitos, poder e outros esf-dramas, e continuamos o traballo sobre reparación, reutilización, soberanía dixital e defensa do territorio. Xa en agosto, visitamos a Estación Agroecolóxica de Vieiro para coñecer o seu proxecto de agroforesta sintrópica e compartir experiencias arredor do autoconsumo, o autoabastecemento e a colectivización do coñecemento.
En traballo en rede, participamos en Santiago de Compostela no cuarto módulo formativo sobre feminismos na cooperación, dentro da formación interna da CGONGD e a Xunta. Tamén estivemos na Asemblea online da Revista Soberanía Alimentaria e na Asemblea da Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras, na que Pepe e Fran participarán na nova Junta Directiva de la Federación ISF. Durante xullo e agosto continuamos, ademais, tecendo alianzas con REAS Galicia, AGARESO, COXAPO, Ecos do Sur, Arousa en Transición e outras entidades e iniciativas comprometidas coa transformación ecosocial e preparando novos proxectos para continuar novas fases do programa ESF profesional e Hackers Sen Fronteiras.
HONDURAS
No PCR – Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades, realizamos en liña a avaliación intermedia grupal do programa, coas participantes que están en Honduras. Ademais, celebráronse os encontros individuais con Alba Viqueira, Alba Campelo e Rubén, como parte da preparación da viaxe e do traballo conxunto con CODDEFFAGOLF. As tres foron deixándonos crónicas da súa visita, onde se pode ver a evolución: Alba V. 1ª e 2ª, Alba C. 1ª e 2ª, Rubén 1ª e 2ª.
Dentro do eixo de traballo de Soberanía Alimentaria e Defensa do Territorio, no programa de restauración de Lagoas de Inverno que financia AECID e Cooperación Galega da Xunta de Galicia, houbo unha formación de primeiros auxilios para pescadorxs das aldeas da zona, así como outra sobre ofimática para xente moza. Dentro de programa de sistemas alimentarios resilientes, financiado pola AECID, houbo un obradoiro sobre denuncias de violencia de xénero.
MOZAMBIQUE
Nos meses de xullo e agosto continuouse no programa AquaMoz traballando na formación práctica para a realización de estudos de inundacións empregando o software IBER e no acompañamento na monitoria da seca coas Administracións Rexionais da Augas de Mozambique (ARA). En relación a monitoria de inundacións comezouse o traballo práctico coas ARAs Sur e Centro para a análise da bacía do río Rebuvue, afluente do río Zambeze no que desemboca cerca da cidade de Tete. Destacar que a bacía que se está a estudar ten unha extensión de 16.400 km2, equivalentes, por exemplo, a superficie de todas as bacías xestionadas por Augas de Galicia. O traballo está orientado o fortalecemento institucional dos técnicos das ARA e ven a reforzar o traballo xa iniciado coa ARA Sul o cal se incorporou a ARA Centro.
ENLACES DE INTERESE
Activismo e persoas
- Bertha Zúñiga Cáceres: “Es posible tener modelos de desarrollo distintos al que nos ofrece el capitalismo”
- Zahra El Hasnaoui. “El exilio trae un equipaje emocional muy grande y esa mochila la hemos ido descargando un poquito”
- Cecilia Rikap: “No se puede pensar una transición ecosocial sin transformar cómo se produce la tecnología”
- Cineastas gallegos en defensa del medio natural, Premio Rayo Verde 2026
- Laura Castro. La ingeniera que programa por la igualdad desde la Universidade da Coruña
- La devastadora pérdida de Richard Heinberg
- Ana F. Santamariña, doutora en Hidroloxía e Xestión de Recursos Hídricos: “Con máis encoros teremos unha auga de peor calidade”
Auga
- O colapso da auga en Touro destapa o impacto da seca mentres se promove a reapertura da mina
- El agua no se vende: la financiarización de la vida y la construcción de resistencias globales
- La paradoja de embotellar un litro de agua: gastar diez más
- Mina Touro – O Pino NON. Ou auga ou mina
- Visor interactivo de la Situación de los ríos en la Península Ibérica
- Las grandes plantaciones de árboles en las cabeceras de los ríos de Galicia agravan la sequía
Consumo responsable
Cooperación e ONGD
Educación
- Aprender a cuidar el agua jugando con Cuidemos el Agua
- Más allá del «video basura»: claves para elegir lo que ven tus hijos e hijas en la pantalla
- Comprender el malestar: las estrategias feministas en las aulas frente a la ola reaccionaria
Enerxía e cambio climático
- Petroherria #06: Transición energética ¿Farsa o realidad? con Mar Rubio
- Las renovables tocan techo en España y empiezan a cerrarse instalaciones
- Sesión “Creamos unha comunidade enerxética co acompañamento de quen sabe”. 2h 37min
Iniciativas
- La campaña #DesarmandoIndra denuncia, un año más, en la Junta General de Accionistas la creciente apuesta de la compañía por el negocio militar
- Levan ao Parlamento Galego as recomendacións científicas silenciadas e non atendidas no Proxecto de Lei de Educación dixital
- ¡La alimentación es un derecho humano para todos! Firma la Iniciativa Ciudadana Europea y ayuda a que se convierta en ley de la UE.
Investigación para o desenvolvemento
- Científicos documentan o deterioro dos bidóns radioactivos da Fosa Atlántica, ás portas da costa galega
- Profesorado de Enxeñaría Informática publica una guía para aprender Linux desde cero
- Mapa de diversidade de fungos micorrícicos no planeta
- Estudiantes españoles patentan sistema autosuficiente que limpia fosas sépticas sin red eléctrica gracias a energía hidráulica
- “Os beneficios do tráfico de escravos están na base dalgunhas das fortunas galegas”
- En las revistas científicas también mandan los hombres (y Occidente)
- Diagnose da Economía Social en Galicia: retos e oportunidades
- La Agencia Española de Nutrición publica un informe sobre mujeres con menopausia con datos obtenidos en hombres
- Unha aplicación da UVigo permite detectar contaminantes na auga a través do móbil
Mundo
- EL SALVADOR. «Queremos a un Bukele»
- GUATEMALA. La tierra no se mendiga: se defiende
- HONDURAS. La gran fuga de los tecnólogos libertarios: De Silicon Valley a los enclaves del Sur
- NICARAGUA. Nicaragua y la Revolución que dejó de disputarse a sí misma
- SUDÁFRICA. Miles de personas migrantes escapan de Sudáfrica en plena ola xenófoba: “Si me quedo, me atacarán”
- Lembranzas. BOLIVIA. Aprendiendo a luchar contra el fuego
Pobreza e exclusión
- Cuando el sesgo se llama «limitación»: el caso que confirma por qué existe Salud Negra
- La federación SOS Racismo recoge en su informe anual 2026, 528 denuncias sobre actos racistas y discriminatorios
- Ceuta: unha crise humanitaria que esixe responsabilidade política e dereitos humanos
Políticas e modelos de desenvolvemento
- El Estado Ecosocial por construir. Institucionalidad pública y comunitaria para las transiciones ecosociales
- Imagina un mundo rico sin crecimiento
- Imaginar una nueva teoría del desarrollo desde el Sur Global
- La necesidad de reinventar las meriendas
Soberanía alimentaria e defensa do territorio
- Toman forza os argumentos que cuestionan a viabilidade da Mina de Doade
- Problemas en los suelos agrícolas por los digestatos
- Eucalipto: generosidade transformada em lucro
- La revolución de los centros de datos de IA consume la energía, el agua y los materiales del mundo
- Martín González, bombero forestal: «Divulgar la realidad es la primera medida de protección»
- ¡A la mierda! Váyanse ustedes a la mierda
- ¿Otra crisis alimentaria? Sí, pero esta vez es diferente
- Los incendios que vienen: el reto de la gestión forestal en una Península asolada por la crisis climática
- Los comuneros que plantan agua en el monte
- Los fondos de inversión tensionan el campo español comprando las mejores tierras, inflando precios y amenazando el modelo agrícola tradicional
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- Como saltarse “Chat Control” dende hoxe mesmo
- Android se cierra. Así que le metí Linux a un móvil
- Lo que ocultan los centros de datos
Tecnoloxía para o ben común
- El coche no nos salvará del incendio, tampoco del cambio climático
- Armas nucleares: El estado de la cuestión
- Científicos galegos avalan as terapias con realidade virtual para persoas con dano cerebral adquirido
- Planificador de hortas (Fundación Galicia Verde)
- Teoría y práctica del tecnofeminismo
- La nueva carrera espacial acerca el ‘efecto kessler’: “El espacio podría volverse inutilizable por generaciones”
RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA-CULTURAL
Este mes queremos chamar a atención sobre a figura de Zahra El Hasnaoui, poeta saharaui e, específicamente, sobre a súa obra ‘El Silencio de las Nubes’, que evoca o desexo de regresar a súa terra (algo que coñecemos moi ben en Galicia…).
E PROXIMAMENTE …
Temos un novo apartado na nosa páxina web, onde se pode ver a axenda de próximos eventos ESFeiros ou que nos parecen interesantes pola temática. Ademais:5 e 6 de setembro: Encontro Burla Verde en Santiago de Arcos. Mazaricos7 de setembro: Día do Ar Limpo7 de setembro: sobre as 17:30, breve presentación de ESF na presentación do curso na Escola de Camiños, Canais e Portos en A Coruña8 de setembro: Día da Persoa Cooperante8 de setembro: Día Internacional da Alfabetización12 de setembro. 11-14h. Obradoiro “Fai o teu móbil seguro e privado”. Centro Social A Hedreira (Lugo). Inscríbete neste enlace.12 de setembro. 11-14h. Repair Café (obradoiro de reparación colectiva). Casino de Carballo.15 de setembro: Día Internacional da Democracia16 de setembro: Día Internacional da Preservación da Capa de Ozono17 de setembro: sobre as 12:30, breve presentación de ESF na presentación do curso na Escola Técnica Superior de Enxeñería en Santiago de Compostela19 de setembro (terceiro sábado de setembro): Día da Liberdade de Software21 de setembro: Día Internacional da Paz22 de setembro: Día global antifracking22 de setembro: Día Mundial sen Automóviles24 de setembro: 12 a 14h. Faladoiro “Introdución á Tecnoloxía para o Ben Común”. Escola Técnica Superior de Enxeñaría Compostela25 de setembro: 17 a 20h. Repair Café (obradoiro de reparación colectiva) no Museo Domus da Coruña28 de setembro: Día Mundial do Acceso á Información Pública29 de setembro: Día Internacional de Concienciación sobre a Perdas e o Desperdicio de Alimentos1 de outubro: 12 a 14h. Faladoiro “Tecnoloxía e enxeñaría para os Dereitos Humanos noutras realidades”. Escola Técnica Superior de Enxeñaría Compostela
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD
A ESF-RASE DO MES
Microsoft e Google non só dictan a axenda da disciplina, senón que extenden a súa influencia ao impoñer a IA como método de invención en ámbitos como a saúde, a climatoloxía ou as ciencias sociais. Ao deixar que as súas prioridades permeen a axenda pública, sufrimos no solo un extractivismo de conocimiento, sino también lo que llamo “totalitarismo epistémico»: nuestra forma de pensar queda configurada por intereses corporativos

