Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF) é por enriba de todo as persoas que a forman, un espazo de creación colectiva para cambiar a sociedade poñendo a tecnoloxía ao servizo do ben común.

O que atopes nesta web é o froito de moitas horas de reflexión, debate, traballo e tamén de moi bos intres. Os textos que aquí atopes tratarán de reflectir que é ESF, o que ESF fai e o que ESF pensa, pero lembra, ESF non é só unha entidade, é un conxunto de persoas onde cada unha ten pensamentos distintos, e encántanos discutir!

Sabemos que para conseguir un mundo máis xusto son necesarios moitos cambios, pero estes cambios non se refiren unicamente a políticas macroeconómicas ou modelos de desenvolvemento, se non tamén á acción individual. Para que unha sociedade cambie é necesario que as persoas que a forman tamén o fagan. Por iso, ESF aposta polo voluntariado como unha actividade transformadora en si mesma.

Os textos desta web tratan de:

  • Representar o espírito da asociación en base á opinión das persoas que a forman
  • Relatar que pensa e que fai ISF
  • Publicar información que axude a transformar a sociedade.

Son maioritariamente froito dun traballo colaborativo realizado polas persoas voluntarias, asociadas e próximas á asociación e están en proceso de continua revisión. Se atopas algo que non che guste, dínolo. Se queres saber máis de nós le o que escriben no blog as voluntarias e voluntarios ou pregúntanos.

Actualmente formamos ESF Galicia 110 persoas socias, 30 persoas voluntarias e 4 persoas liberadas, ademais de simpatizantes, colaboradoras puntuais ou simplemente seguidoras nas redes sociais que interactúan connosco.

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.