Pertencemos ás seguintes redes:

A Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras está composta por 13 asociacións de Ingeniería Sin Fronteras en diferentes territorios, unha das cales é Enxeñería Sen Fronteiras Galicia. Compartimos visión de traballo e sectores, ademais de recursos (sobre todo no que se refire a ferramentas de comunicación dixital), e colaboramos ocasionalmente en actividades para que teñan alcance supra-rexional.

A Coordinadora Galega de ONGD-CGONGD-, é unha asociación que agrupa, en 2016, a un total de 45 ONGD que traballan no ámbito da cooperación ao desenvolvemento, a acción humanitaria e de emerxencia, a educación para o desenvolvemento e a incidencia política. Nace no 1991 e está integrada na Coordinadora de ONGD España desde abril de 2002 como membro de pleno dereito. Na CGONGD formamos parte das Comisións de Incidencia Política e  da de Educación para el Desarrollo. Ademais, entre 2012 e 2018 tivemos unha representante na Xunta Directiva.

Artigo9Tech é unha rede de profesorado e colaboradores das tres universidades e da sociedade civil galega, co obxectivo de fomentar a colaboración e as iniciativas compartidas no ámbito da tecnoloxía (entendida no amplo sentido, aínda que con especial relevancia en enxeñería e arquitectura) aplicada ao contexto da cooperación para o desenvolvemento e a sustentabilidade.

FIARE

A actividade económica non é neutral. Non se desenvolve mediante mecanismos automáticos, involuntarios ou inintencionais. Toda decisión económica é, en último término, unha decisión ética, asumida dende un marco determinado de conviccións e cuxas consecuencias favorecen a unhas e prexudican a outras.

Nos nosos entornos, cada vez máis persoas e organizacións se van facendo conscientes desta realidade e intentan tomar as decisións sobre o destino dos seus aforros, sobre as súas solicitudes de crédito ou as súas inversións con responsabilidade, baseándose nunha información fiable e suficiente.

Xorden así preguntas como as seguintes:

  • Cubre o sistema bancario actual as nosas demandas como aforradores, consumidores e inversores?
  • Atopan as organizacións sociais e os seus usuarios resposta nas entidades financeiras tradicionais?
  • Onde e dende que criterios invisten os nosos cartos as institucións financeiras?
  • Responden as entidades financeiras ás demandas das nosas sociedades e especialmente ás que proveñen dos sectores máis desfavorecidos?
  • Existe un modelo alternativo de banca que sitúe esas demandas no centro da súa misión, visión e valores?

A pretensión de dar respostas satisfactorias a estas preguntas se atopa no inicio e a base do proxecto de Banca Ética de Fiare, e por iso ESF Galicia apoiouno dende os seus inicios con grupos promotores ao momento actual en que está constituído como cooperativa bancaria.

MANIFESTOS E OUTRAS CAUSAS APOIADOS DESDE ESF GALICIA

Moitas veces adherímonos e difundimos campañas ou manifestos doutras organizacións, que encaixan co noso ideario. Para que inventar, se xa está inventado? A continuación deixamos unha relación de causas e manifestos apoiados: