✓ Destaca o coñecemento sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. En relación coa temática concreta desta intervención, posición media (2,8 sobre 5), sen estar de acordo nin en desacordo coa afirmación “teño un bo coñecemento sobre a Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano e o Ben Común”. ✓ En termos xerais e exceptuando o acceso a servizos básicos, o alumnado non percibe que actualmente a tecnoloxía estea a contribuír de xeito notable ao desenvolvemento humano e sostible a nivel global. ✓ Amosa acordo coa idea de que o enfoque da Tecnoloxía para o Ben Común é necesario para a súa formación e para o seu futuro e que sería interesante que houbese máis materias con este enfoque.
✓ Destaca o alto coñecemento sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. En relación coa Tecnoloxía para o Ben Común, posición media-baixa no grao de coñecemento (2,5 sobre 5). ✓ En termos xerais e exceptuando o acceso a servizos básicos, o Persoal Docente e Investigador (PDI) tampouco percibe que actualmente a tecnoloxía estea a contribuír de xeito notable ao desenvolvemento humano e sostible a nivel global. ✓ Amosa certo acordo coa idea de que o enfoque da Tecnoloxía para o Ben Común é necesario para o futuro profesional do seu alumnado e que este tería interese. ✓ Manifesta certo desacordo co afirmación de que contan cos coñecementos necesarios para introducir a Tecnoloxía para o Ben Común na súa docencia.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2023/04/LinhaBase_Universidade.png6661310Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2023-04-19 12:16:452023-04-19 12:30:14Estudo sobre tecnoloxía para o ben común nas universidades
En Honduras, dentro do programa de promoción e defensa do dereito humano á auga, iniciou xa o proxecto financiado pola Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo, Mellora da Xestión Pública e Social para a Gobernanza dos Recursos Hídricos en 9 municipios da Rexión 13 Golfo de Fonseca. Fase 1. Aquí se pode ver en que consistirá.
No outro programa en marcha no país, o de dereito á alimentación con enfoque de soberanía alimentaria, segue en marcha o de apoio a iniciativas de marisqueo financiado pola Xunta de Galicia e Deputación da Coruña
ILGA Database. Unha base de coñecemento única sobre leis, organismos de dereitos humanos, oportunidades de incidencia e novas en materia de orientación sexual, identidade e expresión de xénero e características sexuais en todo o mundo
Este mes toca recomendación de cine. É a película Matria, cine social na ópera prima de Álvaro Gago Díaz, que se estreou en cines a finais de marzo e xa gañou premios relevantes, sobre todo María Vázquez, a actriz que interpreta á protagonista.
E NO PRÓXIMO MES …
7 de abril: Día Mundial da Saúde
14 de abril: Obradoiro de alternativas libres ás ferramentas de Google na Domus da Coruña. Inscricións en info aquí
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/01/BOE_Apaisado_Web.jpg8771240Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2023-04-05 11:49:512023-05-29 20:48:56Boletín Oficial ESFeiro. Abril 2023
Marta Peirano explora con mirada crítica as costuras a medio descoser da sociedade que nos rodea e que enarbora a bandeira do optimismo tecnolóxico.
Nesta época con tinguiduras apocalípticas, onde os problemas e as súas causas estúdanse e repítense até a saciedade, agradécese un libro que os aborde de fronte e con solucións. Faio ademais sen culpabilizar á cidadanía, pero tratando de propor alternativas ao alcance de calquera. O libro está atravesado por unha idea central de acción cidadá colectiva, que debería impregnar calquera solución de transición social xusta. La outra opción sería unha sociedade cunha tecnoloxía ao servizo de l control da cidadanía en nome da seguridade, oun van intento de manexar un decrecemento obrigado e disruptivo onde o ecofascismo sería probablemente o sistema que se imporía (e que xa hai tempo ten presenza en libros, series, cómics e outros produtos mesmo de consumo de masas, como as distópicas O Conto da Criada ou Snowpiercer).
A autora non fuxe desa parte que nos quita o soño a quen estamos no activismo para unha transformación social para unha sociedade máis solidaria, sustentable e igualitaria: como se pode mobilizar? Ou, máis ben, como sacudirse esa apatía, moitas veces case cínica, que vén da resignación do “nada vai cambiar porque o ser humano é así”, que adoita esconder un desexo de seguir como estamos que outra xente pásao peor?
Desta maneira, o libro ten tres partes ben diferenciadas, todas elas cun ton moi didáctico, salpicadas de casos reais moi ilustrativos.
Na primeira parte toca distintos mitos que condicionan desde hai séculos o noso marco de pensamento e nos coartan á hora de buscar solucións novas a novos e máis complexos problemas.
Fala da Arca de Noé como mito de tecnoloxía que nos saca dun gran problema (a uns poucos). Tamén do mito do home branco que se fai a si mesmo e véndese como filántropo tecnolóxico, personalizándoo en Elon Musk e Jeff Bezos. Son liderados moi personalistas que activan marcos do máis alto, máis lonxe, máis forte (e máis tecnoloxía gobernadas por moi pouca xente que nos xeran a máis persoas aínda máis dependencia).
Desenvolve o mito da neutralidade tecnolóxica a partir da paradigma Von Braun, tanto para a exploración espacial como na tecnociencia en xeral, que “non ten límites nin moral porque é unha ferramenta de conquista da especie humana sobre todo o demais”. Contrapon ese paradigma ao que chama Paradigma de Carl Sagan, para o que “a observación e análises colectivas dos fenómenos do universo a través de instrumentos cada vez máis precisos son máis valiosos para a ciencia que a conquista e transformación de novos espazos a golpe de enxeñaría imperial”. Pero esa acción colectiva é menos vendible á opinión pública (e medios de comunicación de masas) que as historias persoais de liderado e superación, cando en realidade a ciencia e a tecnoloxía é máis a historia de humilde e paciente traballo de formiguiñas. Gusta máis o mito de xenio que inventa unha nova rama das matemáticas, ou crea empresas punteiras no seu garaxe (ou, engadiríamos nós, o que crea un sistema operativo da nada para darlle en a boca ás grandes empresas, cando sabemos que GNU-Linux é ao final o traballo dunha enorme comunidade).
Aínda na primeira parte, Marta Peirano trae á palestra varias tecnoloxías que xa están a impulsar as elites que creen que elas si se van a poder salvar do que vén. Unha é a conquista doutros planetas (Marte, por exemplo). Outra son o que chama castelos, emprazamentos en lugares óptimos da Terra que permitan aguantar a algúns elixidos o peor do cambio climático. Tamén mete o dedo na chaga do Metaverso e tamén no das cidades construidas da nada (sabiades que a area é unha das materias primas máis demandadas do mundo?). A continuación toca o mito da superpoboación, para acabar este bloque de mitos analizando por que é difícil pensar no cambio climático e maneiras de impulsar esa reflexión para ir contando cunha cidadanía consciente.
A segunda parte fala de máquinas. Se para primeiramente nalgunhas grandes solucións, moi custosas, que alimentan o case-mito da economía circular, herdeira da economía verde ou do crecemento sustentable: xeo-enxeñería, captura de CO2, campañas de macroplantacións de árbores, etc. Pero o bloque ten unha segunda parte, onde se reflexiona sobre tecnoloxías máis sociais, onde todas e cada unha podemos participar. Unha é o cambio cara a unha dieta con menos produtos animais (desde moitas organizacións trabállase xa hai tempo con lemas como menos carne, mellor carne). Outro é a promoción do contacto coa natureza no noso hábitat, xa que estamos programadas desde hai milenios para estar na natureza, non en balde o verde e o azul son as cores que máis nos relaxan… Atrévese a entrar en sistemas e novos modelos de vivir e organizarse, con espazos comunitarios e igualitarios, baseándose na devolución de terras, xestión racional dos recursos e redución da industria agro-alimentaria intensiva.
Ao terceiro bloque chamoulle Intelixencia Non Artificial. Vai debullando nel distintos aspectos básicos para a vida e o papel da tecnoloxía e a súa gobernanza neles. Empeza coa auga, con historias de boas e malas prácticas por todo o mundo. Tamén explora o modelo de incentivos vs multas para promover boas prácticas cidadás en distintos ámbitos, con exemplos de colaboración entre administracións públicas e cidadanía. Hai un capítulo dedicado ás smart cities, onde reflexiona como serían as cidades verdadeiramente intelixentes, as que non están de costas á cidadanía porque solo considéraa un emisor de datos para explotar comercialmente en nome da seguridade.
A continuación explora o concepto de Nubes Temporais Autónomas, como maneiras de empregar o big data con datos públicos para extraer información útil e poder resolver un problema puntual ou estudalo, de forma que a consulta desapareza posteriormente para que non poidan usarse esas segmentacións de datos persoais con obxectivos comerciais.
Un capítulo moi revelador é no que a argumenta que vivimos cada vez máis nun mundo sin friccións, nas nosas burbullas, sen unha comunidade real física onde hai relacións de apoio mutuo, discusións e negociacións. As comunidades virtuais superan en importancia e tempo dedicado ás de proximidade física. Afirma que hai que recuperar a pertenza a comunidades reais, as de xente que queda sen auga cando unha mesma quedas sen auga. Chega mesmo a falar da importancia da mobilización comunitaria para traballos na nosa contorna (un “exército civil contra o cambio climático”), que ten que ver con esa pertenza á comunidade e que, mesmo nas aldeas, foise perdendo, ao perderse os traballos comunitarios ligados ao sector primario.
Acaba, con todo, cun chamamento á esperanza, a usar e crear tecnoloxías pensadas para dar poder á cidadanía, coa xente que temos máis preto. Si hai unha tecnoloxía que nos salve (ou, máis ben, nos axude a salvarnos), será a que favoreza iso.
Detalles do libro
Marta Peirano. Contra o futuro. Resistencia cidadá fronte ao feudalismo climático.
Penguin Random House Grupo Editorial, 2022. 173 páxinas.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2023/04/f720x404-354588_396160_5050-2090024846.jpeg404720Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2023-04-03 13:28:052023-04-03 13:28:06Reseña do libro ‘Contra el futuro, resistencia cidadá fronte ao feudalismo climático’
Abrimos prazo para solicitar unha das tres prazas que este 2023 sacamos dentro do noso Programa de Coñecemento da Realidade (PCR).
Haberá un proceso de selección de tres persoas. Unha das prazas está enfocada específicamente a persoal docente de centros de ensino secundario de Galicia. as outras dúas, non teñen un perfil concreto.
As tres persoas seleccionadas se integrarán na asociación (se é que non estaban xa integradas), realizando ademais un itinerario formativo específico para participantes no PCR, cunha parte presencial e outra parte en liña. A continuación, nalgún momento entre xuño e setembro, terá lugar a estancia en Honduras, coñecendo os proxectos nos que participamos, o traballo das organizacións hondureñas coas que colaboramos, e vivindo de primeira man esa realidade. A estancia, no caso da praza para docentes de secundaria, poderá durar entre 1,5 e tres meses. No caso das outras dúas prazas, durará entre 2 e 3 meses. Á volta farase unha devolución do aprendido. Enxeñería Sen Fronteiras faise cargo da viaxe, seguro e aluguer da vivenda en terreo, así como posibles desprazementos ás activides se se programen. A cargo da persoa correrá a súa manutención e gastos correntes da vivenda (auga, luz, …), así como o restos dos gastos persoais que poida ter na estancia.
Se tes interese, ou sabes dalguén que o poida ter, aquí están as bases completas, con información sobre o contexto, os criterios de selección, o xeito de presentar candidatura e os prazos.
Data límite de presentación de candidatura, 22 de febreiro.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2023/02/CartelPCR2023.jpg22451587Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2023-02-01 14:42:072023-02-06 10:37:00Vente con ESF coñecer outras realidades!
Desta volta presentamos o proxecto ATOPA, a través da doutora Cristina López, a súa reponsable.
———————————————
O principal obxectivo do proxecto ATOPA e mellorar a convivencia nas aulas. Un bo clima de aula facilita a aprendizaxe, contribúe ao desenvolvemento persoal e social de nenos e nenas, e constitúe unha importante medida para a prevención do acoso.
O primeiro paso para lograr este obxectivo é “atopar” as posibles fontes de conflito (nenos e nenas illados ou rexeitados polos seus compañeiros, con baixa autoestima, a falta de cohesión no grupo, …). A proposta que facemos dende a Asociación de Trastornos do Espectro Autista de Vigo (ASTEAVI) e o grupo de tecnoloxías da información (GTI) da Universidade de Vigo e proporcionar aos equipos de orientación e docencia dos centros educativos de primaria, secundaria e bacharelato, un conxunto de ferramentas -baseadas en indicadores sociométricos- que por unha parte lles permitan analizar o clima de aula e recibir propostas de intervención para traballar aqueles aspectos nos que se detecten deficiencias, e por outra banda proporcionarlles un repositorio de actividades (xogos, vídeos, dinámicas) e publicacións de difusión libre coas que traballar as carencias detectadas. Estas ferramentas deben ter as seguintes características:
Que sexan fáciles de manexar
Que sexan de utilidade tanto para quen ten experiencia e coñecementos sobre sociometría como para quen non os ten
Que xere informes nos que se inclúan os sociogramas e outros indicadores sociométricos relevantes (matriz de eleccións positivas, matriz de eleccións negativas, rexeitamentos recíprocos, …) xunto coas as propostas de intervención que mellor se adaptan a cada aula.
Co fin de axudar os orientadores e docentes no proceso de realización de medidas, e na posterior interpretación dos resultados, ASTEAVI publicou unha guía de axuda “Guía Atopa Convivencia” dispoñible neste enlace.
Antecedentes
O proxecto ATOPA nace en ASTEAVI no ano 2018 enfocado a dar resposta as necesidades dos nenos e nenas con TEA. Este trastorno caracterízase por presentar deficiencias na comunicación social o que inflúe e determina a estigamatización frecuente que sofren os nenos e nenas con TEA (diagnosticado ou non) nos centros escolares e que provocan en moitos casos situacións de illamento e rexeitamento.
O proxecto dividiuse en tres partes:
A guía “Atopa Convivencia”. Na guía se describen os cuestionarios a realizar na aula, o conxunto de indicadores sociométricos empregados para avaliar o clima da aula, e unha aproximación a intervención: como interpretar os resultados obtidos, en que areas se debería traballar.
A web “atopa.es”. Un repositorio cos materias para a intervención na mellora da convivencia. Todos os materias son de libre difusión, e están organizados segundo as distintas etapas educativas (infantil, primaria e secundaria) e estruturados en áreas de intervención (educación emocional, educación en valores, grupo e aula).
A aplicación Atopa. Unha ferramenta gratuíta e de código aberto para a realización de cuestionarios sociométricos, a xeración de sociogramas e informes individuais e de grupo (para avaliar o clima da aula), e a xeración de propostas de intervención en función dos problemas detectados. As propostas están enlazadas co repositorio de materias destinados a intervención para o seu acceso simple e directo por parte dos equipos de orientadores e docentes.
Nesta última parte, no desenvolvemento da aplicación, e no que traballamos dende o grupo GTI.
A primeira versión da aplicación foi desenvolvida no ano 2020. Pero debido a pandemia non foi posible comezar as probas en centros educativos ata un ano despois. Nese momento, e tras as primeiras probas atopamos una serie de problemas:
A arquitectura da aplicación desenvolvida era complexa, o que dificultaba a súa instalación nos centros educativos. A complexidade non se derivaba dun fallo no deseño se non da resolución de problemas complexos:
Permitir que os cuestionarios se puidesen facer en liña (para que todos os estudantes os puidesen facer a vez) e o mesmo tempo preservar a protección dos datos pois son considerados de carácter persoal.
Permitir que o equipo de orientadores e docentes puidesen compartir os resultados (de novo requirindo o uso de servidores) e o mesmo tempo preservar os datos de carácter persoal.
Dispoñer de versións para os sistemas operativos e navegadores mais comúns.
A arquitectura da aplicación era pesada (debía incluír un servidor, as veces una máquina virtual, …), o que tamén dificultaba a súa instalación nos equipos informáticos de orientadores e docentes.
A aplicación non se podía instalar de forma sinxela en ABALAR, un dos sistemas operativos mais usados nos centros educativos que dependen da Xunta de Galicia.
Os informes xerados – se ben eran moi completos – resultaban complexos para aqueles que non tiñan unha ampla experiencia en sociometría, incumprindo un dos requisitos de partida do proxecto.
Non obstante, a pesar dos problemas sinalados, gustaría indicar que a realimentación que tivemos por parte dos centros nos que finalmente se probou a aplicación foi moi positiva.
Obxectivos
Co fin de dar resposta os problemas mencionados no apartado previo, no marco do programa de impulso á investigación universitaria en Tecnoloxías para o Ben Común, neste proxecto propuxémonos alcanzar os seguintes obxectivos:
Redefinir a arquitectura da aplicación para que fose mais lixeira e fácil de instalar nos centros educativos, mantendo a garantía da protección de datos de carácter persoal.
Asistir os centros que quixeran empregar aplicación, axudándoos tanto na instalación como na elaboración inicial dos cuestionarios.
Incluír a posibilidade de personalizar os informes xerados pola aplicación de xeito que solo mostren aqueles datos que son de interese para a persoa usuaria, simplificando deste xeito a súa compresión.
Para lograr estes obxectivos contamos co apoio de Enxeñaría Sen Fronteiras que nos permitiu contratar un bolseiro por un período de catro meses.
Resultados
O primeiro paso no proxecto foi definir a nova arquitectura. Neste caso o que buscabamos era proporcionar os centros unha sistema simple, ó que se puidese conectar tanto o profesorado como o alumnado usando os seus propios equipos. A solución elixida foi instalar todos os compoñentes necesarios nunha Raspberry Pi (servidores de DNS, funcións de encamiñamento, servidores Web, aplicación Atopa en versión Web). A escolla ven motivada por varios motivos:
O custe é asequible
A instalación é sinxela xa que os centros so necesitarían unha tarxeta SD co software necesario pregravado
As bases de datos e o servidor estarían no propio centro, reducindo os problemas de acceso non autorizado aos datos de carácter persoal.
Unha vez definida a arquitectura, recodificouse toda a aplicación, pasando de empregar Python Django a empregar Dart + Flutter. O feito de empregar un marco como Flutter buscaba facilitar a posibilidade de empregar a aplicación tanto nun PC (con Linux ou Windows) como nun dispositivo móbil (con Android ou iOS), sen incrementar o peso da aplicación.
Mais alá da recodificación engadíronse novas funcionalidades:
Creación do rol de administrador por centro educativo, que ten acceso a todos os cuestionarios
Importación do conxunto de estudantes de cada centro dende un arquivo csv
Selección do conxunto de estudantes dunha clase a partir do conxunto de estudantes do centro
Personalización dos informes de resultados (selección dos parámetros de interese)
Inclusión dos sociogramas na versión en pdf dos informes de resultados (na primeira versión so estaba dispoñible na web)
Estas novas funcionalidades introducíronse a partir da realimentación recibida por parte dos primeiros centros que probaron a aplicación.
Liñas futuras
Se ben a nova versión mellora algúns dos problemas detectados, aínda quedan cuestións por resolver. En primeiro lugar debemos probar a nova arquitectura nun entorno real, verificando que efectivamente a instalación é mais sinxela, e que o persoal dos centros, pode xestionala sen ter coñecementos informáticos. En segundo lugar é preciso elaborar os manuais de usuario e tutoriais da nova versión da aplicación. En terceiro lugar facer una campaña nos centros educativos para que coñezan a aplicación, e para apoialos a hora de instalada e empregala. E por último validar que toda aplicación funciona de forma efectiva e contribúe a mellora da convivencia nas aulas.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/12/AtopaES.png6751080Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2022-12-23 14:27:352022-12-23 14:27:37Proxecto ATOPA-Convivencia nas aulas
En la reunión anual de la Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras, que este año tuvo lugar en Lugo, quisimos dejar un espacio para reflexionar sobre el papel de la universidad en la transformación social (y las relaciones que queremos tener con ella, que siempre han sido muy estrechas).
Comenzamos con la presentación de las asistentes, que debían mencionar una palabra que les suscita la universidad a nivel académico (todas habían tenido contacto académico con la universidad, la inmensa mayoría en ingenierías). Abajo del post se puede ver la no muy halagüeña nube de palabras que surgieron…
A continuación hablamos de ejemplos positivos y negativos que hubiéramos vivido en relación con la educación en valores en nuestra experiencia universitaria más académica.
Buscamos después definir líneas en las que pensamos que debe haber mejoras:
Menos infantilización
Evaluaciones por parte del alumnado reales, útiles y que sirvan para transformar en la actividad académica
Iniciativas motivantes en la universidad (también para PDI)
Ir “más allá” en contenidos
Foro de pensamiento crítico, volver a los orígenes
Flexibilidad para mejorar los cuidados a estudiantes y personal
Trabajar en limar las relaciones de poder (menos asimetría)
Enfoque al alumnado
Tratar de que no haya “campus de segunda” (como podría pasar en Galicia)
Quisimos compartir experiencias que nos parecieran interesantes en las distintas asociaciones de ISF de España presentes en el taller, de actividades que se hubieran realizado en las universidades. Algunas de las que salieron fueron:
Relaciones estrechas con las oficinas de cooperación universitarias, o equivalentes
Presencia en escuelas técnicas
ONG en las aulas
Café repair en los pasillos, o exposiciones
Seminario tpdh, orientado a TFM-TFG
Asignatura
Relación con laboratorios de innovación
No quisimos acabar sin reflexionar sobre líneas de trabajo futuras en nuestra relación con la universidad:
Adaptarse al cambio de contexto que está ocurriendo
Buscar mejoras en el reconocimiento del voluntariado en el curriculum académico, cuidando el voluntariado transformador frente al utilitarista
Apoyo en redes activistas de la universidad (nuevos movimientos como Rebelión Científica). Salir a la calle y tener más visibilidad, apoyar compartiendo recursos.
Volver a campañas temáticas (como la histórica NO A LA INVESTIGACIÓN MILITAR, por ejemplo)
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/11/221031TallerUniversidades_3-1-scaled.jpg19202560Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2022-11-15 20:46:532022-11-15 20:46:55Ingeniería Sin Frontera y las universidades
Xa están en Honduras as participantes no Programa de Coñecemento da Realidade 2022. Nos irán contando as súas experiencias persoais a través das súas crónicas. Aquí vai a primeira, de Carmen.
Recén desembarcados comezamos co choque de calor, e lembrámonos da chaqueta que no puidemos evitar traer na maleta…
Inesperadamente esa noite durmimos nun hotel mexicano preto do aeroporto. Alí coincidimos cun misionero mentres almorzábamos o “típico”, é dicir aguacate, queixo, frijoles, revolto, e tortillas de maiz.
Ao día seguinte chegamos ao noso destino, San Lorenzo, un municipio de 30.000 habitantes, moi bonito e tranquilo, cunha zona turística que ten un paseíño ao lado do mar, aínda que non é recomendable bañarse nesas praias, pero sí vemos moitas embarcacións.
Fixemos o traslado das camas para o pisiño que temos alugado aquí, xunto co bidón de auga potable. Menos mal que mercara o anticucarachas no súper, así podo sitiar o cuarto desta pequena invasión… O primeiro día non tiñamos auga, pois a municipalidade deixou de servila, e son as comunidades de veciños quen se ocupa de encargala, e pagala claro.
Ao día seguinte tivemos visita a Tegucigalpa para unha reunión de ESF coa coparte AHJASA (Asociación Hondureña De Juntas Administradoras De Sistemas De Agua), onde coñecemos a Don Omar e parte do seu equipo, aos que esperamos ver de novo por San Lorezno. De Tegus, so podo falar dos seus atascos, unha hora e pico no atasco ao chegar, e outro tanto ao saír!
Paramos a almorzar nun sitio ben interesante, que é como cafetería e zoo ao mesmo tempo. Pequeno pero tiña ata un leopardo! Restaurante ecológico el Ocotal, se chamaba, pois promove a conciencia e coidado animal, ainda que nos poida resultar algo contradictorio…
Coñecendo San Lorenzo, fomos ao mercado, a escoitar a banda tocar… ten un ritmo collonudo a verdade. Xa preguntamos se nos aceptarían, dixeron que sí! Agora están practicando a diario xa que pronto será a guerra de bandas no estadio municipal. San Lorenzo é favorito!
Por fin empeza a organizarse o meu sono, maldito jet lagggg…
Tivemos reunión en CODDEFFAGOLF, aquí en San Lorenzo, coparte de ESF, e principal organización coa que imos colaborar aquí, que nos acolle nas súas oficinas. É unha organización experimentada, pois naceu en 1988, e cuxo obxectivo é promover unha xestión eficaz e sostible da biodiversidade nos espazos naturais e protexidos, coa participación activa das comunidades, dos gobernos locais e da poboación en xeral. Levan a cabo accións de distinto tipo, como a xestión de espazos naturais, accións para o desenvolvemento socioeconómico local, fortalecemento de grupos de base, consecución de influencia política. Eles axúdannos a enfocar o noso rol nesta experiencia, combinando os nosos coñecementos e intereses coas súas necesidades.
Tamén tivemos reunión coa Red de Jóvenes por el clima, moi interesante, chea de persoas ben ben espertas e concienciadas, con quen acordamos colaborar para levar a cabo un cine foro, día de concienciación ambiental na praia, ou charlas sobre a navegación segura por Internet ou taller de reparación de equipos.
En cantidade de tendas e oficinas está o aire acondicionado, pois ao final si que lle imos dar uso á chaqueta!
Na finde aproveitamos para ir a Amapala, unha illa preto de San Lorenzo, no Golfo de Fonseca. Primeiro no bus, despois na lancha. Xa na illa collimos un mototaxi, non temos claro que fose moi necesario pero é o que nos toca aos turistas… Mais dunha vez confundíronnos con gringos!
A praia preciosa, e mirábase El Salvador ao fondo, que como turista sempre fai ilusión, non sei que nos pasa cas fronteiras… A agua quente quentísima, coñecemos lugareños moi amables, as persoas coas que atopamos en xeral son espectaculares, a verdade da gusto, eu coido que unha das cousas polas que mai paga a pena Honduras é polos seus habitantes e a súa forma de relacionarse, desde logo mais tranquila, amable e cercana que en España. Ademais a comida está boísima tamén! peixe babosa con platano frito, recomendo!
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/10/IMG_20221019_123231-scaled.jpg19202560Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2022-10-28 16:38:102022-10-28 16:38:11Crónicas dende Honduras, 1.
Dende a súa fundación en 1993, Enxeñería Sen Fronteiras veu traballando como unha das súas liñas de traballo fundamentais a creación dunha cidadanía crítica, facendo especial énfase no uso da tecnoloxía para o desenvolvemento humano e o ben común.
O enfoque de “Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano” (ou para o ben común e a emancipación, como vimos denominándoo ultimamente), parte de cuestionar o uso histórico da tecnoloxía e apostar por unha tecnoloxía participativa e non excluínte que permita lograr a equidade e a xustiza social cun enfoque de ben común. Este enfoque comprende os coñecementos, mecanismos e estratexias que fan que certas solucións técnicas potencien a calidade de vida das persoas de xeito inclusivo. Para isto é necesario entender a tecnoloxía non coma un fin en si mesmo, senón coma un medio, e dentro dun contexto social, económico e cultural.
Con este novo programa quérese impulsar o concepto de tecnoloxía para o ben común na docencia da comunidade educativado ensino secundario galego de base tecnolóxica.
Para conseguir este obxectivo, o eixo principal do proxecto que será a súa Fase 1, é o inicio dun traballo, con vocación de continuidade, con 3 centros piloto de ensino secundario, fora das 7 grandes cidades galegas, en 3 provincias distintas: Celanova, Mondoñedo e Curtis. Tamén se quere facer traballos puntuais noutros centros, que permitan ir ampliando a rede e dando a coñecer a iniciativa, apoiándose na asociación APETEGA, en cuxa asemblea de primavera 2022 se presentou o proxecto.
Por que o nome de Hackers Sen Fronteiras? Queremos reivindicar a curiosidade, o empoderamento tecnolóxico e o cuestionamento á propia tecnoloxía sen renunciar a ela que impulsa a este movemento (e que fixo que se vira cuestionado e perseguido, como se conta neste artigo).
Deste xeito, no programa hai tres grandes liñas de traballo:
Liña profesorado, especialmente enfocado ao profesorado de tecnoloxía ou a aquelas accións de centro nas que a tecnoloxía teña un papel destacado. Tratarase de acompañar e dar apoio a prácticas docentes con enfoque de cidadanía global, dado o papel clave ao ser multiplicadoras cara o alumnado de coñecementos, habilidades e actitudes que poden fortalecer e poñer o foco nos dereitos humanos e o ben común. Nesta liña impulsaranse apoio en ferramentas didácticas, creación participativa de novas ferramentas, análise de materiais xa existentes vendo como incorporan a perspectiva de tecnoloxía para o ben común, e a participación no programa de coñecemento da realidade de países onde ESF traballa en cooperación ao desenvolvemento dunha persoa docente (prioritariamente, dos centros piloto).
Liña alumnado, polo interese de ESF en promover un alumnado crítico e mobilizado, que poida participar máis aló das accións académicas formais e vaia obtendo unha base que impulse a súa cidadanía activa. Se se consegue alumnado implicado e sensibilizado coa cidadanía global e o ben común, no seu día a día futuro (tanto persoal como profesional) tamén poderán ser axentes de transformación. Se propón un catálogo de até 20 faladoiros/obradoiros de curta duración nos centros piloto participantes, que se agrupan en packs ou itinerarios temáticos (que dende o centro poden escoller para distintos cursos). Este catálogo tamén estará dispoñible para outros centros que xa amosaron interese, e outros que poidan xurdir. Ver aquí catálogo e itinerarios. Tamén se traballará en impulsar algunha acción en cada centro piloto que teña un maior recorrido e, sobre todo, maior protagonismo por parte do alumnado (e o profesorado), á que se coñecerá como Comandos Hacker.
Liña creación de rede, polo interese en visibilizar o traballo que se desenvolverá co proxecto (e outros na mesma liña que se puideran estar xa desenvolvendo). Se impulsará a creación dunha rede ou grupo de traballo de profesorado no eido da tecnoloxía para o ben común, así como un encontro de alumnas interesadas na tecnoloxía dos distintos centros participantes a modo de rede, e un Premio Hackers Sen Fronteiras a iniciativas docentes de tecnoloxía para o ben común en secundaria.
En 2022-2023 levantarase unha liña de base para estudar en que medida ese enfoque alternativo da tecnoloxía para o ben común e os dereitos humanos é coñecida na comunidade do ensino secundario tecnolóxico galega e que acollida ten.
Cabe mencionar o enfoque de xénero que se pretende incluír neste proxecto, dado que a fenda en estudos técnicos comeza xa a notarse no ensino secundario, ten unha importancia (e dificultade) especial, tanto na participación, como na co-responsabilidade do proxecto, como no comité de seguimento e as accións concretas. A rede mencionada de alumnas, varios obradoiros (como os impulsados dentro do programa de mulleres tecnólogas para o ben común) e propostas de traballo no eido da fenda de xénero na tecnoloxía (incluindo un pack), ou un apartado específico da liña de base para entender mellor esa fenda nos estudos tecnolóxicos son algúns dos elementos incorporados.
ESF pretende coas súas actividades a xeración dunha cidadanía global crítica e comprometida coa loita contra a pobreza a través da Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano, para o cal terá en todas elas un protagonismo destacado o voluntariado da nosa base social, como co-responsable do seu deseño, execución, seguimento e avaliación, tendo persoas colaboradoras dentro do profesorado e tamén entre as persoas que impartirán obradoiros de distintas temáticas.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/07/FRljgZTXsAAP48M.jpeg15362048Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2022-08-26 08:39:002022-10-24 12:36:12NOVO PROGRAMA: Hackers Sen Fronteiras. Tecnoloxías para o ben común e os Dereitos Humanos no ensino secundario de Galicia, fase 1.
Este curso desenvólvese no marco dunha acción de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF) e Amigos da Terra (AdT), apoiada polo Servizo de Participación e Integración Universitaria da Universidade de Santiago e financiada pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e a UE da Xunta de Galicia. Busca crear ligazóns entre a universidade e o tecido de acción social e ambiental de defensa da terra e xeración de alternativas produtivas sustentables, cun enfoque de cidadanía global.
ESF e AdT, ademais de desenvolver accións de defensa do dereito ao ambiente en Galicia, teñen proxectos de cooperación ao desenvolvemento no sur de Honduras (un área especialmente sensible aos efectos do cambio climático, que se está a enfrontar a ameazas importantes nos seus recursos naturais a cargo de accións empresariais extractivas e pouco éticas). Tanto en Galicia como en Honduras é tradicional que as mulleres sosteñan a loita pola defensa dos medios de vida (que ten moito vínculo coa terra e o ambiente), e o impulso de sistemas alternativos e máis sustentables de produción e de organización comunitaria. Tamén é habitual a súa invisibilización como axentes transformadores e de liderado social.
Con esta acción formativa preténdese traballar o pensamento crítico, as capacidades de análise, a creatividade e a aplicación de coñecementos disciplinares ao deseño de accións de sensibilización e comunicación cun enfoque de cidadanía global. Todo iso, poñendo no centro o papel das mulleres na defensa da terra e a promoción da economía social, así como levar experiencias en primeira persoa ao alumnado sobre os efectos do extractivismo no seu entorno (Galicia) e noutras realidades, como as de países empobrecidos. Deste xeito, espérase traballar na educación para a cidadanía global e a solidariedade no alumnado que se matricule no curso.
O CURSO
Prazas: 25, en orde de solicitude
Custo: 10 euros, reembolsables a todas as persoas que completen o curso con éxito. Non se asignará praza definitiva até non ter realizado o pago
Prazo de matrícula: até o 8 de marzo ou até esgotar as prazas
Proceso de matrícula: envío de solicitude de participación no curso a info{arroba}galicia.isf.es incluíndo o número de teléfono. Unha vez que se reciba a contestación onde confirmemos a pre-selección, realizarase nas seguintes 48 horas o pago dos 10 euros de sinal na conta de Enxeñería Sen Fronteiras ES92 2080-0012-31-3040031586 co concepto: Sinal curso Mulleres Bravas +[Nome Apelidos alumnx]. Se non se realiza o pago e comunicación nese prazo, perderase a praza e pasarase a asignar a quen estea en lista de espera
Datas e sesións: o curso comezará o 10 de marzo de 2022 (cunha sesión presencial) e rematará o 15 de xuño de 2022 (cunha sesión en liña de peche e avaliación). O curso realizarase como un itinerario formativo composto dunha serie de sesións con facilitación en directo (unha en liña e o resto presenciais, por un total de 22 horas), e un traballo persoal a partir de material facilitado (8 horas), para un total de 30 horas. As sesións presenciais terán lugar en Santiago de Compostela, na aula 3 da Escola Técnica Superior de Enxeñería (ETSE) do Campus Vida, excepto o encontro de fin de semana. Pódese ver o programa detallado máis abaixo.
Recoñecemento de créditos: as persoas que o desexen, poden obter o recoñecemento do crédito ECTS completando o 90% das horas de clase e o traballo persoal.
Bolsas de mobilidade: Hai posibilidade de solicitar 2 bolsas de mobilidade para persoas que se despracen dende o Campus de Lugo (financiándose até un 50% dos desprazamentos). Pódese facer a solicitude da bolsa simultaneamente coa solicitude de matrícula.
PROGRAMA
SESIÓN
DATA
LUGAR
Presentación do curso Enxeñería Sen Fronteiras, Amigos da Terrae SEPIU da USC
10/03/2022 17:30 – 18:30
ETSE (Aula3)
Cidadanía global e a ameaza do extractivismo. Xeneralidades do sistema de hiperconsumo e extractivismo globalizado Enxeñería Sen Fronteiras e Amigos da Terra
10/03/2022 18:30 – 20:30
ETSE (Aula3)
Encontro con mulleres defensoras de Honduras e plataformas galegas en defensa do territorio (Plataforma Mina Touro Non, Plataforma pola Defensa da Ría da Arousa e plataforma Casalonga Limpa de Residuos)
31/03/2022 17:00 – 20:00
ETSE (Aula3)
Convivencia-formación de fin de semana. Enxeñería Sen Fronteiras, Amigos da Terra, mulleres activistas hondureñas e plataformas galegas de defensa da terra
7-8/05/2022
Centro Etnográfico do Mandeo (Teixeiro)
Obradoiro “comunicar as loitas” Persoas expertas en comunicación social de AGARESO
28/04/2022 17:00 – 19:00
ETSE (Aula3)
Encontro mulleres produtoras de Honduras e iniciativas galegas de produción e consumo sustentable
12/05/2022 17:00 – 20:00
ETSE (Aula3)
Obradoiro en liña de peche e avaliación Enxeñería Sen Fronteiras, Amigos da Terrae SEPIU da USC
15/06/2022 19:00 – 20:00
En liña
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/02/Banner-USC_def-scaled.jpg12802560Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2022-02-24 12:11:002022-07-11 15:02:33CURSO. Escola de sustentabilidade e cidadanía global. Mulleres bravas defensoras da terra. Edición Universidade de Santiago de Compostela
Eva e Xoel, as primeiras participantes do noso Programa de Coñecemento da Realidade (PCR) da era COVID, chegaron hoxe a San Pedro Sula (Honduras), onde Raquel, a nosa representante-país, xa os estaba esperando.
Eva vén do mundo da arte e a danza, e do activismo feminista. Xoel do mundo da enxeñería (Minas e Enerxía pola Universidade de Vigo).
Despois de seren seleccionades na convocatoria de 2020, finalmente non puideran viaxar nese ano por mor da COVID19. Sen embargo, foron quen de facer o proceso de formación previo (neste caso cun itinerario formativo a distancia, xa que só se puideron atopar presencialmente unha vez, xusto antes de iniciarse o cofinamento en 2020). Durante 2020 e o que levamos de 2021 agardaron con paciencia a oportunidade de viaxar. Por sorte, as súas circunstancias lles permitiron esperar até este 2021 e, se ben con moita incertidume (e pelexar para que lles puideran recoñecer a súa condición de cooperantes para entrar no grupo especial de vacinación e non seguir adiando a viaxe, co apoio da Coordinadora Galega de ONGD), xa están en Honduras.
Estarán no país máis de 2 meses, coñecendo a realidade hondureña, os proxectos que temos en marcha na zona do Golfo de Fonseca e, sobre todo, coñecendo ás persoas e esforzo que hai detrás. Irannos contando as cousas que vaian aprendendo!
Este programa é unha das actividades de ESF máis importantes de promoción de voluntariado transformador cunha perspectiva de cidadanía global, e este ano puidemos levalo a cabo grazas á financiación da Xunta de Galicia en sendos proxectos de Educación para o Desenvolvemento neste 2021. Eva viaxará dentro do proxecto de “Mulleres bravas de Honduras e Galicia. Tendendo pontes entre defensoras da vida”, onde poñemos en contacto activistas dos dous lados do Atlántico. Xoel o fará dentro do proxecto “Tecnoloxía ao servizo do ben común, da cidadanía global e da inclusión nas escolas técnicas da universidade galega”, como parte das actividades para que os estudos técnicos das universidades galegas inclúan esta perspectiva global dentro da súa formación.
Estamos moi contentas de que finalmente poidan estar alí. Esperamos o ano que vén volver sacar unha nova convocatoria deste programa!
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2021/08/photo_2021-08-23_15-40-40.jpg9601280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2021-08-23 17:45:202021-08-30 10:33:47Xa están en Honduras as participantes no Programa de Coñecemento da Realidade 2020-2021
This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish.AcceptRead More
Privacy & Cookies Policy
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.