Non rematar este 2024 sen celebrar o XX aniversario deste programa, un dos estandartes de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia. Neste tempo consegueuse que case 70 persoas foran moito máis conscientes do mundo global no que vivimos con unha experiencia moi persoal e directa, e moitas máis poideron indirectamente a través das nosas “PCR” coñecer esas outras realidades.
O acrónimo do programa, PCR, é xa ben coñecido no eido da cooperación galega (e nin a súa coincidencia coa proba da COVID fixo que nos plantexaremos cambialo, bueno, un pouco si 😜).
E que mellor xeito de celebrar este aniversario que unha quedada onde moitas das participantes no programa lembraron algunha das súas experiencias, así como algunha palabriña que se lles quedou do país onde estiveron.
Recollimos isto nun programa de ESFRadio que temos o inmenso pracer de deixarvos aquí. Seguro que vos vai encantar!!
Música: “Kalimba Relaxation Music” Kevin MacLeod (incompetech.com) Licensed under Creative Commons: By Attribution 4.0 License http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/
Produce: Jorge Lama
Participan: Celia, Cris, Martina, Sandra, Álvaro, Maruxa, Raquel, Eva, Xoel, Almudena, Raquel, Roberto e, como moderador, Sergio.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/12/PCR.jpg339574Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-12-24 14:12:502024-12-24 14:31:3120 anos do Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades
A fenda de xénero no eido tecnolóxico é unha realidade que comeza xa a percibirse no ensino secundario (por non dicir antes), e en ESF cremos que presenza da muller en todos os ámbitos é clave para unha cidadanía xusta. Por elo, durante esta fase 2 do programa Hackers Sen Fronteiras apostamos por realizar tres encontros ao longo do curso, onde alumnas da ESO con interese polo mundo tecnolóxico teñan espazo para crear sinerxias e sentido de comunidade.
Neste primeiro encontro xuntáronse 12 alumnas de 2º da ESO dos centros IES Plurilingüe San Rosendo (Mondoñedo) e IES Celanova. Durante a mañá ocupamos un espazo no Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC), na Universidade da Coruña, onde realizamos a actividade clave da xornada, facilitada por Andrea de Rexenerando.
Andrea creou a atmosfera onde, tras facer un xogo de presentación, as mestras de tecnoloxía e matemáticas que acompañaban ás súas alumnas compartiron con elas o que as moveu a escoller esos campos, que as inspira, quenes foron ou son as súas referentes e por que cren que o mundo precisa de máis mulleres tecnólogas. Tras iso, tocoulle o turno ás rapazas de coller lápices e cores para tratar de plasmar no papel as súas reflexióńs sobre a tecnoloxía e sí mesmas. Que lles chama a atención agora; como se ven con 40 anos tras conseguir o que soñan; que barreiras e dificultades atoparon polo camiño… Á verdade é que sairon sensacións ben bonitas deste espazo de introspección persoal.
Logo do xantar, puidemos recorrer distintos laboratorios do CITEEC, e quedamos todas abraiadas co simulador de choiva e de oleaxe que teñen!
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/12/carto-scaled.jpg19202560Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-12-20 17:19:092024-12-20 20:12:08Primeiro encontro de alumnas tecnólogas de Hackers Sen Fronteiras Fase 2
A convocatoria enmárcábase dentro do proxecto “Tecnoloxía ao servizo do ben común, da cidadanía global e da inclusión dende escolas técnicas da Universidade galega. Fase 2”, financiado pola Convocatoria de Accións de Educación para o Desenvolvemento 2023 da Xunta de Galicia.
O obxectivo desta convocatoria é promocionar a investigación en tecnoloxías para o ben común, con pequenos aportes financieros (até 3.000 euros), con certa facilidade de solicitude e xustificación, para realizar contribucións multidisciplinares ao desenvolvemento e á promoción de novas tecnoloxías e enfoques técnico-científicos no campo da cooperación (local e internacional).
Despois dun proceso de selección a partir destas bases, foran 4 os proxectos seleccionados das 11 candidaturas presentadas (10 delas con investigadora principal muller). Unha delas foi descartada por non cumprir criterios de elexibilidade.
Aquí deixamos un resumo de como foi o desenvolvemento dos proxectos, de diversos ámbitos e temas:
Cartografía do patrimonio público en desuso ou infrautilizado no municipio da Coruña
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/12/foto_Artigo9Tech.png7121122Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-12-18 21:17:472024-12-18 21:17:52Rematados os 4 proxectos de investigación financiados no “II Programa de Impulso á Investigación Universitaria en Tecnoloxías para o Ben Común” da Rede Artigo9Tech
O Centro Público Integrado de Zas acadou o premio coa súa proposta de proxecto Clics seguros en Zas. O obxectivo desta iniciativa, é a de sensibilizar ao alumnado sobre os riscos e ameazas existentes na rede e nos dispositivos dende os que acceden á ela, así como das dificultades que acarrexa a fenda dixital e o por que da súa existencia.
Para elo, o alumnado de toda a ESO traballará conxuntamente. Os cursos máis pequenos levarán a cabo a análise ética e crítica do uso dos dispositivos dixitais, e crearán contidos didácticos sobre a protección dos datos e da saúde persoal. O alumnado de 3º aprenderá sobre como protexer a nosa pegada dixital que deixamos na Internet, como crear e gardar contrasinais con seguridade e sobre o que hai detrás das condicións de privacidade das redes sociais. E 4º afondará na repercusión e beneficios do desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos de carácter social por medio de comunidades abertas.
O material elaborado compartiranno uns cursos cos outros, vendo a importancia do traballo en rede, creando un punto de información sobre ciberseguridade no centro. E non queda aí. Sairán ás rúas para levar o seu proxecto ao concello e a institucións que traballen con xente maior. Deste xeito difundirán o aprendido coa xente da contorna, coidando de ser inclusivas co material xerado para non deixar a ninguén atrás.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/12/GanadorConcursoHsF2024.jpg10801080Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-12-16 18:07:452024-12-16 18:25:12Xa temos centro gañador do II Concurso de iniciativas didácticas sobre Tecnoloxía para o Ben Común
Desde o de grupo de asesoramento para a Defensa do Territorio de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, en colaboración coa Plataforma veciñal mina Touro O PinoNon, realizouse unha recompilación dos datos das parcelas afectadas que figuran na exposición pública do proxecto da mina Touro-O Pino, para facilitar o acceso á información pública ás persoas afectadas e a todo o mundo.
O resultado envorcouse nun xeovisor de acceso aberto sobre as afectacións nos concellos de Touro, O Pino, Vila de Cruces e Arzúa, ademais de recoller diversos enlaces a recursos, mapas, información, planos por parroquias dos bens afectados pola mina e a liña de alta tensión, listaxes de bens afectados co enlace á referencia catastral, etc. Esta ferramenta facilitou á Plataforma veciñal a análise e contraste de erros que detectara.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/12/MinaAfectacions.jpg7761421Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-12-11 19:01:102024-12-11 20:52:34Visor de parcelas afectadas pola Mina Touro-O Pino
Este proyecto forma la Fase 2 de un Programa de Marisqueo, dentro del eje de Soberanía Alimentaria de ESF Galicia, y del Programa de Pesca y Marisqueo de la socia local CODDEFFAGOLF. Estará financiado en su mayoría por Cooperación Galega da Xunta de Galicia.
MONTO
262.962,14 euros
DURACIÓN EFECTIVA
15 de julio de 2024 a 31 de diciembre de 2025
ENTIDADES EXECUTORAS
Comité para la Defensa y Desarrollo de la Flora y Fauna del Golfo de Fonseca (CODDEFFAGOLF), Universidade da Coruña, Laboratorio de Ingeniería Cartográfica (CARTOLAB)
En la fase 1 se abordó la cohesión organizativa de los colectivos, la experimentación para la generación de innovacíón en emprendimientos y la generación de información mediante ensayos de produción de moluscos. La fase 1 fue pertinente ya que el sector marisquero se vio afectado por la la pandemia Covid-19 y los sucesos de muertes de moluscos generalizado. En esta fase se dieron progresos importante en la reactivación económica de los grupos, se fortaleció el conocimiento local sobre la biología de la especies de moluscos y el medio marino, y se impulsó la creactividad emprededora de las mujeres mariqueras golpeadas por la inactividad económica.
Esta fase 2 se centra en continuar fortaleciendo al sector productivo, protagonizado por grupos de mujeres, e iniciar un eje de fortalecimiento de las componentes de investigación y de los titulares de obligación en la materia. Se trata que estas tres componentes: sector productivo (grupos), conocimiento del sector e investigación (Academia) y entes de regulación y normativa (DIGEPESCA, SENASA y otros) avancen de una forma paralela y progresiva, y mantengan o mejoren las dinámicas de diálogo y apoyo.
En este 2024, el gobierno presentó la nueva politica agroalimetaria del pais en la cual se observa la pesca artesanal y especialmente el marisqueo se encuentran invisibilizados. No obstante, el gobierno ha avanzado positivamente en promover un amplio proceso de consulta a la base del sector pesquero artesanal para la formulación de una nueva “Ley de Pesca y Acuacultura”. Se mantienen los diálogos con la sociedad civil hasta el momento, los pescadores artesanales en el marco de la CONAPESCA (Comisión Nacional de Acuicultura y Pesca), la cual convoca a otros sectores para promover politicas y estrategias para desarrollar el sector. Estas circunstancias suponen un cambio en las prioridades identificadas en el sector:
1) existe una preocupación por la sostenibilidad ambiental y de salud general del recurso marisquero, siendo necesario ampliar el conocimiento al respecto;
2) se ve más necesario mejorar la articulación de los diferentes actores, con sus diferentes perspectivas y capacidades, para hacer frente a un problema complejo como es la regulación y sostenibilidad de la actividad y
3) se identifica la debilidad social y económica de los grupos tras la crisis devenida por la pandemia, el aislamiento derivado de las restricciones y el aumento generalizado de las violencias intrafamiliares y comunitarias y, por otra parte, la falta de actividad económica ocasionó una descapitalización en algunas familias.
El programa del que forma parte esta fase 2 se enfoca en dos objetivos especificos
(1) a la sostenibilidad de la actividad marisquera de grupos de mujeres en los municipios de Amapala, Alianza, Nacaome, San Lorenzo y Marcovia, Honduras y
(2) mejorar la gobernanza del sector marisquero en el sur de Honduras.
Esta fase 2 se centra en 6 resultados planteados:
Resultado 1: mejorada la autogestión de los grupos de mujeres y jóvenes del sector marisquero-pesquero artesanal. Aquí se pretende continuar con el fortalecimiento de los grupos desde un punto de vista de mejorar su autonomía y reducir dependencias para la toma de decisiones y acción en materia de generación de alternativas económicas e incidencia.
Resultado 2: mejorado el acceso y gestión responsable de los espacios productivos por parte de los grupos marisqueros. Se fomentará la regeneración de los espacios de cría de molucos fomentando buenas prácticas que aporten a la produción semi-contralado de los bivalvos; construyendo con la comunidad y el apoyo de la UNAH y DIGEPESCA un sistema de alerta temprana (SAT) que pemita identificar amenazas al recurso. También se impulsará mecanismos (contratos de usufructos u otros mecanismos) para garantizar la tenencia de los espacios para los colectivos y poder ejercer mayor control sobre la actividad marisquera.
Resultado 3: se fomentará el testados y validación de nuevas tecnologías en la producción marisquera, que van desde la identificación taxonómicasde las especies para determinar su comportamiento en el medio natural a documentar aquellos factores que influencia su crecimiento y desarrollo; se estableceran ensayos para documentar cada una de las etapas.
Resultado 4: se promoverá la generación del conocimiento con el enfoque de garantizar la sostenibilidad del sector. Tanto CODDEFFAGOLF como la Universidad desarrollaran una estancia en España para conocer los modelos de producción marisquera en Galicia con miras adaptarlos a los condiciones locales y desarrollar mejores prácticas de producción local. Se trata de buscar una mayor formalización del sector marisquero con modelos productivos más eficientes.
Resultado 5: se fortalecerá las capacidades de los titulares de obligación, esencialmente de la DIGEPESCA, a través de un fortalecimiento de su capacidad operativa, formación a sus cuadros técnicos en comunicación asertiva.
Resultado 6: se impulsara la articulación de los actores involucrado en la cadena del marisqueo, promoviendo por ejemplo un espacio de intercambio entre el funcionariado de la DIGEPESCA y CETMAR para crear lazos de cooperación que impacte un mejor desarrollo del sector marisqueras. Se pretende que la DIGEPESCA mejore la asistencia a los con personal técnico con mayores compentencias en colaboracion con la universidad e impulsar la hoja de ruta del sector marisquero.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/12/Marisqueo_F2.jpg9601280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-12-09 18:10:002024-12-10 13:45:39Nuevo proyecto: mejora de la sostenibilidad de la actividad marisquera en el sur de Honduras, fase 2
En Vigo tivemos o 1º curso de Reparación e mantemento básico de equipos informáticos, con 4 fins de semana cacharreando, impulsado polos nosos Bancos de REciclaxe universitarios en colaboración coa ONG Diversidades. No Banco de Reciclaxe de Ferrol continúan a actividade, neste caso poñendo a punto computadoras coa fundación Amigó. O Banco da Coruña organizou un repair café na Domus, como vén facendo mensualmente. Aproveitaron para ter tamén unha formación en mantemento de bicis coa asociación Mobi-liza.
En Honduras novembro foi un mes no que houbo que lamentar polo menos 6 falecidas e 250.000 afectadas, así como copiosos danos en cultivos e vivendas, pola virulencia da tormenta Sara. Houbo que reprogramas varias actividades e mesmo coordinarse coas entidades financiadoras para redirixir algúns fondos dos proxectos a paliar no posible o desastre das comunidades afectadas.
No eixo de Dereito á Auga, tivemos a oportunidade de presentar en liña do novo proxecto auga coa Mandomunidade NASMAR e o Laborate da USC á embaixada Honduras en España. Tamén houbo visita de embaixada, desta volta a de España en Honduras, a distintos proxectos de ESF no sur do país. Aproveitouse para inaugurar o sistema de abastecemento de El Sartenejal.
Ademais, a finais de novembro Zaira rematou a súa estancia en Honduras de voluntariado técnico no terreo, pero antes nos deixou esta crónica.
MOZAMBIQUE
No mes de novembro continuouse traballando principalmente no estudo de inundacións no sur do país empregando o software Iber+ como ferramenta de análise. Estase a desenvolver un traballo de formación práctica na Administración Rexional da Auga do Sur de Mozambique (ARA Sur) en Maputo para que manexen as bases de este tipo de estudos, para iso o traballo inicial estase a desenvolver con bacías piloto de interese a ARA Sur, organismo homologo a Augas de Galicia no sur Mozambique. A finais de mes houbo unha nova visita técnica que terá continuidade en decembro que ademais do traballo en Maputo coa ARA Sur, incluirá unha estancia en Tete na que se traballará no diagnostico dos estudos e a xestión de inundacións coa Administración Rexional da Auga do Centro de Mozambique.
Este mes toca recomendación doble do noveno arte, a banda deseñada:
Viñetaria, ensaio de Elisa McCausland e Diego Salgado sobre a historia deste arte contando coas mulleres, tradicionalmente invisibilizadas tamén nesta arte
¿A quién benefician las migraciones? El negocio de las fronteras cerradas, da periodista Taina Tervonen co debuxante Jeff Pourquié
Temos un novo apartado na nosa páxina web, onde se pode ver a axenda de próximos eventos ESFeiros ou que nos parecen interesantes pola temática. Ademais:
1 de decembro: Día Mundial da Loita contra o SIDA
2 de decembro: Día Internacional para a Abolición da Escravitude (segue habendo moitos tipos dela…)
9 de decembro: Día Internacional contra a Corrupción
9 de decembro: Día Internacional para a Conmemoración e Dignificación das Víctimas do Crime de Xenocidio e para a Prevención dese Crime
9 de decembro: Día Internacional da Informática
10 de decembro: Día dos Dereitos Humanos
16 de decembro: 20h. Ciberfaladoiro “Pode o coche eléctrico ser parte da solución?”. Aproveitaremos para coñecer de primeira man a iniciativa de coche comunitario da Comunidade Enerxética de Froxán. Nesta sala
18 de decembro: Día Internacional da Persoa Migrante
19 de decembro: Día das Nacións Unidas para a Cooperación Sur-Sur
19 de decembro: almorzo de Nadal na oficina de ESF da Escola de Camiños na Coruña, a partir das 10h
20 de decembro: Día Internacional da Solidariedade Humana
20 de decembro: pecha o prazo de matrícula para o Curso de Facilitación de Grupos, nivel básico, que organiza Subúrbia con Amigas da Terra.
23 de decembro: 11:30h. Encontro de nadal de ESF en Santiago de Compostela. 11 a 13h no CSC Fontiñas de Santiago de Compostela. 14h comida
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD.
A ESF-RASE DO MES
“A natureza non é un luxo, senón unha necesidade do espíritu humano, tan vital como a auga ou o bo pan” Edward Abbey
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/01/BOE_Apaisado_Web.jpg8771240Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-12-06 16:31:412024-12-06 16:31:44Boletín Oficial: decembro 2024
This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish.AcceptRead More
Privacy & Cookies Policy
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.