Boletín Oficial ESFeiro: outubro 2026


CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Mozambique
  • Enlaces de interese
  • Recomendación artística-cultural
  • E proximamente …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

   En Galicia, no programa ESF na Universidade, que desenvolvemos co apoio de fondos da Cooperación Galega da Xunta de Galicia e fondos da casiña solidaria IRPF, setembro comezou coa presentación de Enxeñería Sen Fronteiras na Escola de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos da UDC, na Coruña. Tamén presentamos ESF na sesión Conheça as ONG. Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, organizada en liña pola Universidade de Lisboa. O 17 de setembro presentamos ESF na materia Aula Profesional da ETSE Compostela. Ademais, impartimos o relatorio Tecnoloxía para o ben común na ETSE de Santiago de Compostela link, e mantivemos diferentes reunións de planificación e colaboración coa comunidade universitaria, entre elas os contactos coa Escola de Enxeñaría Industrial da UVigo, coa EME e coa Escola de Camiños. Tamén dentro deste programa, desenvolvemos novos materiais e propostas: publicamos A bomba de mecate, un recurso didáctico desenvolvido polo grupo de voluntariado de Dereito á Auga, e mantivemos reunións para avanzar en posibles traballos fin de mestrado.

    No programa Hackers Sen Fronteiras, no ensino secundario, setembro foi un mes de planificación e coordinación, con novas reunións para preparar o programa e avanzar no traballo cos centros de ensino secundario. Tamén mantivemos contactos relacionados coa divulgación de ESF e do programa en diferentes escolas e facultades, e tivemos a boa nova da concesión du proxecto de aprendizaxe-servizo colaborando co IES de Brión e a Facultade de Xornalismo. Ademais, tivemos a sorte de contar coa crónica da visita a Guatemala de Alberto, profesor de FP que, co seu proxecto de xardín circular, gañou o premio de Educación para a Cidadanía.

    En Mulleres Bravas, deuse formación a Dilma en Honduras, xa que xa a finais de setembro veu para Galicia a facer a xira. Durante setembro houbo unha actividade frenética para preparar a axenda, así como a estancia coas compañeiras de Sindicato Labrego Galego.

    No programa de ESFpro (tecnoloxía para o ben común no eido profesional), o 3 de setembro participamos en Pontevedra no acto de presentación do CIC Maruxa Mallo, onde teremos o novo Banco de Reciclaxe con Software Libre. O 4 de setembro presentamos en Carballo o visor cartográfico ECOTOX, unha ferramenta sobre contaminación mariña en Galicia, e o 5 de setembro tivemos espías en Mazaricos na actividade Burla Verde e en Lodoselo no encontro Rural Nova, organizado pola Asociación Sociocultural BreGal. En Lugo, o 12 de setembro realizamos o obradoiro O teu móbil máis seguro, na entidade A Hedreira. Ese mesmo día tamén se celebrou un Repair Café en Carballo. En setembro tamén tivemos unha nova edición do curso de electrónica para Pepe, de Ecos do Sur, realizado entre o 17 de agosto e o 1 de setembro en A Coruña, grazas a fondos IRPF da casiña solidaria da Xunta de Galicia. Mantivemos, así mesmo, unha reunión periódica de MICELIO e diferentes encontros sobre soberanía dixital, economía circular, reparación e reutilización.

    No Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades, realizamos o seguimento de Alba Campelo e Alba Viqueira, que se atopaban participando no programa e nos deixaron crónicas (a 3ª e a 4ª de Alba V e a 3ª de Alba C.). A finais de setembro regresaron a Galicia.

    En traballo en rede, participamos nas Xornadas HEGOA. Universidad crítica y transformadora, celebradas en Bilbao, e mantivemos encontros con compas de distintas ISF, a ver se sae algo chulo! Ademais, xa está en Galicia a compañeira hondureña de CODDEFFAGOLF Antonia Mejía (Toña), marisqueira e defensora do manglar, que este ano participa no programa Galicia Abriga. Ademais, participamos na avaliación do V Plan Director da Cooperación Galega e na definición de elementos para o deseño do VI Plan, nun encontro en liña co equipo avaliador.


HONDURAS

    En Honduras, dentro do eixo de Soberanía Alimentaria e Defensa do Territorio, coa nosa socia CODDEFFAGOLF, rematou o proceso formativo da Escuela de Incidencia Política de Namasigüe. Tamén se deu unha xornada de fortalecemento da Mesa Regional de Jóvenes del Golfo de Fonseca. Dentro do programa de REstauración de lagoas de inverno, houbo unha xornada de avaliación biolóxica con mozxs, para estudar o estado da avifauna e a biodiversidade. 

    Dentro do eixo de Dereito á Auga, houbo unha xira de intercambio de experiencias no occidente do país, sobre gobernanza hídrica e conservación.


MOZAMBIQUE

    No mes de setembro no programa AquaMoz continuouse traballando na formacións dos técnicos das Administracións Rexionais da Augas de Mozambique (ARAS) Sur e Centro de Mozamique para a realización de estudos de inundacións. Tamén se avanzou na análise do ano hidrolóxico 2025/2026 para todo o territorio de Mozambqiue  (3 ARAs).  Durante este mes tamén se traballou na coordinación da próxima visita técnica a Maputo que terá lugar no mes de outubro, e na participación no VII Congreso Internacional de Estudios del Desarrollo (CIED 2026) que terá lugar en Santiago no mes de outubro en Santiago.


ENLACES DE INTERESE

Activismo e persoas

Auga

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación

Enerxía e cambio climático

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Pobreza e exclusión

Políticas e modelos de desenvolvemento

Soberanía alimentaria e defensa do territorio

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o ben común


RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA-CULTURAL

    Este mes traemos a proposta FACER APARECER · PUTA MINA, do COLECTIVO PUTA MINA E LAAV


E PROXIMAMENTE …

    Temos un novo apartado na nosa páxina web, onde se pode ver a axenda de próximos eventos ESFeiros ou que nos parecen interesantes pola temática. Ademais:9 de outubro. 17h-20h.  Obradoiro de reparación colectiva (Repair Café). Espazo da Natureza de Oza (Carballo)13 de outubro: Día Internacional para a Redución de Desastres Naturais16 de outubro: Día Internacional de Acción pola Soberanía Alimentaria dos Pobos17 de outubro: Día internacional para a erradicación da pobreza17 de outubro: Repair Day 2026 (atentas, porque teremos algunha actividade por aí!!)17 de 18 de outubro: estaremos nas IX Xornadas de Educación Ecosocial en Tomiño, acompañando a Dilma, a activista que está estes días en Galicia co programa Mulleres Bravas19 de outubro: participaremos no encontro entre traballadoras do sector primario de Pontevedra e o Sur Global, acompañando tamén a Dilma, a activista que está estes días en Galicia co programa Mulleres Bravas. Será en Pontevedra, e precísase inscrición23 de outubro: 12-14h e 15:30-18h. Obradoiro de reparación colectiva (Repair Café). Escola Técnica Superior de Enxeñaría. Campus Vida. Santiago de Compostela24 de outubro: Día Internacional contra o Cambio Climático30 de outubro. 17h-20h. Obradoiro de reparación colectiva (Repair Café). Libraría A Tobeira de Oza (A Coruña)

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia  consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD


A ESF-RASE DO MES

    Pensar hoxe en sociedades e subxectividades distintas (ao capitalismo) ten que pasar, necesariamente, por pensar tamén en transformar o noso mundo material e as nosas tecnoloxías.
Adrián Almazán

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.