Boletín Oficial ESFeiro. Xuño 2022


    Neste BOE queremos chamar a atención especialmente no feito de que, dende o 1 de xuño, Víctor Penas é contratado por ESF para o programa en Mozambique, no que ESF empezou este ano a participar nun consorcio que leva 10 anos de traballo no país, con Augas de Galicia, a Cooperación Galega da Xunta, e o apoio de PDI da UDC. Isto marca unha nova etapa nas actividades de cooperación internacional ao desenvolvemento de ESF, ao traballar por primeira vez na África Lusófona. A partir do próximo BOE, engadiremos polo tanto unha nova sección de MOZAMBIQUE.

    Ademais, chegan malas novas dende Nicaragua: as pasadas semanas ilegalizaron a FIDER e a La Cuculmeca, antiguas copartes de ESF nese país cando traballamos nel entre 2007 e 2010. A represión de Daniel Ortega segue medrando. Estamos en contacto con persoas do país e seguiremos informando.


CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • Recomendación artística do mes
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

    En maio tivemos a segunda visita de activistas de Honduras dentro do proxecto financiado pola Xunta de Galicia de Mulleres Bravas, que desenvolvemos xunto con Amigos da Terra. Nesta ocasión nos visitaron Leni e Francisca, e puideron coñecer diversas iniciativas de economía social de Galicia: Millo e Landras, A Milpa do Salnés, Monte Veciñal do Couso e Granxa Ecolóxica A Curiscada. Ademais, participaron en sendos faladoiros nas Universidades de Santiago e de Vigo, dentro dos cursos que se están a realizar da Escola de Sustentabilidade e Cidadanía Global, xunto con outras mulleres activistas da economía social galega.

    A fin de semana do 7 e o 8 de maio, no Centro Etnogŕafico do Mandeo en Teixeiro, tamén coas 2 mulleres de Honduras e outras activistas de Galicia e outros lugares, houbo un incrible encontro para compartir experiencias sobre activismo e xénero (e outras interseccionalidades que xurdiron,xa que non lembrabamos traballar cun grupo tan heteroxéneo). O encontro serveu tamén como formación para as tres persoas que participarán no Programa de Coñecemento da Realidade de ESF en 2022 (incluindo estancia en Honduras no último trimestre do ano). Aproveitamos ademais para ter a nosa Asemblea Xeral de primavera, que fixemos ao aire libre, e onde renovamos e ampliamos a Xunta Directiva de ESF. Unha finde ben aproveitada! 

    Estivemos na sinatura do convenio para crear o Banco de REciclaxe Electrónica con Software Libre do Concello de Ames, que promovimos xunto con AGASOL (e tampouco parou o traballo no resto de bancos da rede).

    Dentro do proxecto de Educación sobre tecnoloxía para o ben común na Universidade coa rede ARtigo9Tech, financiado pola Xunta, estivemos falando sobre Enxeñería Sen Fronteiras e a tecnoloxía para o ben común na materia Hábitat Básico da Escola Técnica Superior de Arquitectura, e coñecimos o proxecto da materia de Laboratorio de Proxectos de enxeñaría de telecomunicacións que se titorizou dende o grupo de tecnoloxía inclusiva de ESF: WHAME APP, coa que se pode controlar o punteiro de distintos dispositivos (PC,tablet,móbil) co movemento da cabeza. Ademais, xa están en marcha os 4 proxectos seleccionados na convocatoria de proxectos de investigación no marco do “Programa de Impulso á Investigación Universitaria en Tecnoloxías para o Ben Común”. 

    En ESFRadio, este mes sacamos ao aire o programa sobre a tecnoloxía para o ben común no ensino secundario, que fixemos con profesorado da Asociación de Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA), aproveitando a invitación que nos fixeron para asistir a súa asemblea.


HONDURAS

    En Honduras foi un mes de traballo duro para rematar o deseño dun novo proxecto para a convocatoria de programas da Agencia Española de Cooperación (AECID), xunto coas compas de VSF-Justicia Alimentaria Global e Amigos de la Tierra. Ademais, retomouso a alianza da Comisión de Semillas para traballar en selección participativa a partir de variedades locais de sementes mellor adaptadas á zona, alianza que se ampliou con novas organizacións.

    Por outra banda, o mes comezaba coa presentación de dous proxectos para financiación a Cooperación Galega da Xunta de Galicia, cruzamos os dedos:


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Enerxía e cambio climático

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Pobreza e exclusión

Políticas e modelos de desenvolvemento

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


A RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA DO MES

Este mes recomendamos EL MONSTRUO INVISIBLE. Un film de Javier e Guillermo Fesser que nos revolveu por dentro.


E NO PRÓXIMO MES …

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia  consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD (ou subscríbe ao seu boletín quincenal, que conta con ofertas de emprego; formacións e actividades; novidades do sector; convocatorias de bolsas e subvencións; propostas de voluntariado, etc.). Tamén nas nosas redes sociais Facebook instagramTwitter difundimos eventos de interese externos a ESFGalicia de temas vinculados ao noso traballo. 


A ESF-RASE DO MES

A diferença entre a Guerra e a Paz é a seguinte: na Guerra, os pobres sâo os primeiros a serem mortos; na Paz, os pobres são os primeiros a morrer. Para nós, mulheres, há ainda uma outra diferença: na Guerra, passamos a ser violadas por quem não conhecemos. 

Extraída do libro Mulheres de Cinza, de Mia Couto Guerra




0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.