Boletín Oficial ESFeiro: maio 2021

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • A recomendación artística do mes
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

    O sábado 24 de abril tivemos a nosa Asemblea Extraordinaria de Primavera. Como puntos a destacar:
▶️ aprobáronse as novas directrices de comunicación de ESF,
▶️ aprobouse a colaboración co grupo GEAMA da Universidade da Coruña e Augas de Galicia, para difundir o traballo que fan en Mozambique de fortalecemento técnico dos organismos de cunca hidrográfica
▶️ aprobouse iniciar o traballo en diagnose de xénero para avanzar cara un plan de igualdade
▶️ elexiuse a nova Xunta Directiva da Asociación, quedando formada por: Alberto Bragado, Carmen Troncoso, Zoe Chaos, Tomás Bande e Marc Romero. Queremos agradecer a Andreina Vargas Carrión, Irene González Veiga, Daniel Vila Barreiro e Daniel Vila Recarey por estes anos de traballo e adicación
    Non podía faltar un novo episodio do noso podcast ESFradio, co noso Boletín Sonoro ESFeiro de abril. Ademais, empezan as operacións do Banco de REciclaxe Electrónico na nosa oficina da Coruña, onde colaboraremos con Ecos do Sur en revivir vellas computadoras con software libre para pechar a fenda dixital en familias que o precisen. Simultáneamente, tamén en Vigo están iniciando outro Banco de REciclaxe, e nos apoiamos mútuamente coas asociacións IEEE e ACCEM.
    Un novo grupo se activou en ESF tras o ciberfaladoiro sobre se ESF é unha organización feminista (aquí o resumo). O grupo de xénero xa existía como foro de debate e reflexión, pero agora vai liderar o proceso de diagnose de xénero de ESF aprobado na asemblea. Ademais, dende o grupo de masculinidades alternativas de ESF (micromachiños) compartíronnos a súa lista de reprodución de música para novos homes.


HONDURAS

    En abril cumplíronse 5 anos da nosa Raquel como expatriada de ESF en Honduras, onde sen ostentación, pero con moito traballo e acompañando as nosas copartes en todo momento, consolidámonos como un actor de referencia no Golfo de Fonseca. Aproveitamos para lembrarnos de Mireia, Víctor e Cris, que tamén contribuiron nos anos anteriores (dende o 2008) a esa consolidación.

    No país continúa o traballo cos grupos de mulleres no programa de soberanía alimentaria e defensa do territorio. Neste precioso video de minuto e medio pódese coñecer un pouco máis da vida das mulleres marisqueiras. Ademais, tivemos a boísima nova da inauguración, no mercado de Amapala, do Centro de acopio de mariscos de 4 empresas de servicios múltiples de mulleres marisqueiras de Amapala (un dos municipios onde traballamos, que ten a característica de ser en gran parte insular). Xa levan 15 días vendendo bo producto, tratando directamente con marisqueiras e pescadores, e tratando de mellorar o prezo que ofrecen os intermediarios (que, en demasiadas ocasións, aprovéitanse do traballo das mulleres e homes do mar).


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Enerxía e cambio climático

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


A RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA DO MES

    Esta é unha nova sección de BOE, onde recomendaremos algunha obra artística que nos pareza especialmente inspiradora. Cancións, libros, películas, obras de teatro, banda deseñada…, calquera peza de arte pode ter cabida!

    Este mes quedamos cunha canción dunha artista que xa leva tempo en escea, con moitas cancións comprometidas. Trátase de Zahara, e desta volta queremos recomendarvos a súa recente canción Merichane. Non deixa indiferente…


E NO PRÓXIMO MES …

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia  consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD (ou subscríbe ao seu boletín quincenal, que conta con ofertas de emprego; formacións e actividades; novidades do sector; convocatorias de bolsas e subvencións; propostas de voluntariado, etc.). Tamén nas nosas redes sociais twitter, instagram e na nosa canle de telegram,difundimos eventos de interese externos a ESFGalicia de temas vinculados ao noso traballo.


A ESF-RASE DO MES

“Creo sinceiramente que se os líderes políticos puidesen ver o seu planeta desde unha distancia de 100.000 millas [uns 160.000 kilómetros], a súa perspectiva mudaría drasticamente. Esas fronteiras tan importantes serían invisibles”.
Michael Collins, astronauta da misión Apolo 11, que faleceu a pasada semana

1 reply

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.