Boletín Oficial ESFeiro: marzo 2026
CONTIDOS
- Vida Asociativa
- Honduras
- Mozambique
- Enlaces de interese
- Recomendación artística
- E proximamente …
- A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
En Galicia, tivemos o proceso de selección das tres persoas que participarán en 2026 no Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades (PCR). Foi complicado seleccionar entre os bos perfiles das candidatas, pero finalmente Alba C, Rubén e e Alba V. foron as seleccionadas. Pronto as coñeceredes!
No programa de ESF na universidade, estivemos en Ferrol na materia de Xogos Serios do Máster Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos, nunha primeira sesión dun proxecto de aprendizaxe servizo, no que o estudantado elaborará un videoxogo sobre algún dos temas propostos, relacionados co tema social. Na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Santiago está a campaña de sensibilización elaborada por bolseiras colaboradoras de ESF (para o día da auga están organizando tamén cousiñas!). Tamén nesta escola, tivemos un Repair Café de electrónica e bicicletas coa asociación Composcleta e, dentro da materia de Aula Profesional, o faladoiro Transición enerxética xusta?. As compas do Banco de Reciclaxe Electrónica con Software Libre do Campus Vida fixeron a súa primeira entrega de equipos reacondicionados, e foi á sociación de Peruanos en Santiago de Compostela y Ames. Ademais, tivemos tempo para mandar unhas recomendacións ás candidatas á reitoría da USC, relacionadas coa pouca presenza dos dereitos humanos e a cooperación para o desenvolvento no organigrama institucional da USC, así como da excesiva dependencia dixital de ferramentas privativas e de grandes empresas tecnolóxicas extranxeiras.
No programa de ESF pro, participouse nun ciberfaladoiro con Amigas de la Tierra sobre IA, outro aberto no que falamos sobre experiencias na organización de Repair Café con entidades de distintas zonas de España, e tivemos en Coruña unha nova sesión da Escola de inverno e repair café. Falamos das ferramentas Comaps e Zerotier, na Domus.
Con Hackers Sen Fronteiras, programa que temos en centros de secundaria e FP, estivemos no IES de Teis cun Repair Café, e no IES de Brión falando sobre Bancos de Reciclaxe Electrónica e cacharreo de reparación, así como de electrónica ética. Houbo tamén un encontro en liña do grupo Mulleres Tecnólogas polo Ben Común.
No programa de Mulleres Bravas estiveron moi atarefadas pechando a axenda ante a inminente visita de Esther e Maigra, que estes días están xa por Galicia.
HONDURAS
En febreiro, no eixo de traballo de soberanía alimentaria e defensa do territorio, seguiu o traballo no programa de restauración de lagoas de inverno. No programa de restauración de lagoas de invreno, en coordinación coa UNAH Campus Choluteca e pescadorxs locais da Laguna La Berbería, iniciouse un estudo para a identificación de flora e fauna. Dentro do programa financiado pola AECID, de traballo con sistemas alimentarios sustentables, fíxose unha Escola de campo para familias labregas. Ademais,dentro deste mesmo programa, a Mesa Municipal de Seguridad Alimentaria y Nutricional del municipio de Nacaome iniciou o proceso participativo para a construcción de la Política Municipal de Seguridad Alimentaria.
No terceiro programa que temos en marcha neste eixo, o programa de fortalececemento de capacidades no marisqueo e pesca artesanal, financiado por Cooperación Galega da Xunta, houbo unhas xornadas de fortalecemento en productos gastronómicos do mar.
No programa de dereito á auga, tivemos á visita dun grupo de investigadoras galegas e portuguesas que teñen un proxecto complementario e nos vai permitir coñecer máis sobre posibles contaminantes nas augas e solos dunha zona piloto das que traballamos en Honduras (El Sartenejal), que poden ser causante do gran número de casos de insuficiencia renal crónica que se dan na zona. Tivo repercusión en Galicia, pero tamén moita en Honduras. Aquí se pode ver unha crónica. Ademais, a Mancomunidade de Municipios NASMAR, unha das nosas socias, tivo asemblea para elexir nova xunta directiva.
Ademais, puidemos lembrar con Aída a súa experiencia en Honduras coas participantes en anos anteriores do programa Mulleres Bravas, cun relato moi emotivo.
MOZAMBIQUE
No mes de febreiro traballouse na elaboración dos informes de peche da anualidade 2025. Tamén foi elaborada unha análise da continuidade das accións de apoio as Administracións Rexionais da Auga de Mozambique (ARAs), valorando a situación actual e os avances acadados ata o momento, o modelo de cooperación para o desenvolvemento que estamos a realizar (Cooperación Técnica) e o esquema de traballo en rede (Augas de Galicia, Cooperación Galega, ESF, UdC-GEAMA) que estamos a implementar. En febreiro tivo continuidade o traballo de apoio as ARAs para a análise de inundacións e o acompañamento na monitoria de secas e precipitacións. Tamén se organizaron uns seminarios na USC que terán lugar a principios de marzo.
ENLACES DE INTERESE
Activismo e persoas
- Francesca Albanese is a powerful voice for justice, which is why the Israel lobby is trying to silence her
- Informe Más allá del compromiso y la reacción. Narrativas sobre la igualdad de género entre las personas jóvenes en España
- Milisuthando Bongela: “Los blancos no reflexionan acerca de su blanquitud”
- Documental. JUAN LOPEZ – La voz de la montaña. 14min 5seg
Auga
- Europe’s toxic landfill crisis exposed in groundbreaking mapping project
- Demandamos a la comisaria europea de medio ambiente no modificar la Directiva Marco del Agua
Consumo responsable
- CAMPAÑA ¿Teva? No, gracias. Adhiérete a la campaña estatal de boicot a la farmacéutica que financia el genocidio en Palestina
- A Day in the Life of an Ensh*ttificator
Cooperación e ONGD
Educación para o desenvolvemento
Enerxía e cambio climático
Iniciativas
- ECOAR. Soberanía tecnolóxica: ferramentas libres fronte ao dominio corporativo
- Apoia esta Iniciativa Cidadá Europea: Exigir la suspensión total del Acuerdo de Asociación UE-Israel en vista de las violaciones de los derechos humanos cometidas por Israel
- ‘Saúde’, el documental de un director de 18 años que narra la lucha vecinal por el hospital público de su puebloç
- Televisión rural Senda Verde, da Fundación Galicia Verde
- Campaña Keep Android Open (dende google queren pechalo totalmente)
- Acceso inteligente a la información pública, cuando la ciudadanía lo necesita. Lynx es un servicio basado en inteligencia artificial que permite ofrecer respuestas claras y fiables a la ciudadanía a partir de información oficial y validada
Investigación para o desenvolvemento
- Investigadora da UVigo analiza por que os eventos climáticos extremos serán máis frecuentes e intensos: “Detrás está a actividade humana”
- En perspectiva: la acción de Frontex en 20 años de una gestión fronteriza polémica
- Así decide el lobby fósil el presente y futuro del Estado español
- O 71% das feces humanas en Europa dan positivo en glifosato, un herbicida de uso masivo en Galicia
- Informe. The impact of consumer electronics on nature and biodiversity
- Género, racismo y xenofobia: así son los sesgos de la Inteligencia Artificial en Latinoamérica
Mundo
- CONGO: Más de 200 muertos en el derrumbe de una mina de coltán en República Democrática del Congo
- HONDURAS: Informe sobre el asesinato de la defensora de derechos humanos Berta Cáceres, delitos conexos y medidas de reparación integral
- SAHARA OCCIDENTAL: 50 años de impunidad: cuando Marruecos bombardeó con fósforo blanco y napalm al pueblo saharaui
Pobreza e exclusión
Políticas e modelos de desenvolvemento
Soberanía alimentaria e defensa do territorio
- Libro “Chocolate negro”, de Alfonso Molera. Sobre o cacao no mundo, sobre todo en África Subsahariana. Entrevista ao autor sobre o libro. A orixe do libro foi, polo traballo de Alfonso, que deuse conta de que “en Togo (e moitos outros países), los productores de cacao, nunca habían comido chocolate”. Hai 5 millóns de productorxs de cacao, e só 7 grandes multinacionais que controlan o 60% da transformación de cacao a chocolate. Deste xeito, cun mercado especulativo, xeneran moita dependencia dos productores (deforestación e posteriormente plantacións a 30 anos).
- A Xunta arquiva o proxecto de Altri tras a decisión do Goberno de excluílo da rede eléctrica
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- Los trucos contables de las grandes tecnológicas camuflan hasta un 85% de la contaminación de la inteligencia artificial
- IA, concentración y poder: anatomía de una burbuja que no explota
- Making Software. A reference manual for people who design and build software
- España opta por la prohibición para controlar el uso de las redes sociales en la infancia
- Documental. Los centros de datos y su consumo de energía y agua. 34min 57seg
- AI must die
- Morir por un IPhone
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- Lo que la tecnología le roba a nuestras vidas y cómo podemos recuperarlo
- Cartography of Genocide. Documenta con un detalle sin precedentes la extensión y características del asalto de Israel a la Franja de Gaza desde octubre de 2023
- Clima extremo: ¿pueden los ingenieros salvarnos?
- Podcast Vivirmos nun mundo finito. Programa 196. O impacto do formigón
RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA-CULTURAL
Este mes traemos un dos festivais autoxestionados máis importantes de Galicia. O Festival Cultural de Artes Escénicas y Tradición Popular. Faise en agosto de cada ano en Covelo.
E PROXIMAMENTE …
Temos un novo apartado na nosa páxina web, onde se pode ver a axenda de próximos eventos ESFeiros ou que nos parecen interesantes pola temática. Ademais:
- 3 de marzo: Día Mundial da Natureza e a Vida Silvestre
- 3 de marzo: Día dos datos abertos, Spain Opendata Day
- 3 a 9 de marzo: xira por Galicia de Esther e Maigra, do programa Mulleres Bravas. Axenda
- 4 de marzo: Día Mundial da Enxeñería para o Desenvolvemento Sustentable
- 5 de marzo: Día Mundial da Eficiencia Enerxética
- 6 de marzo de 16 a 19 Repair Café en Ferrol. Edificio de usos múltiples, local do banco de reciclaxe electrónica. Campus de Esteiro.
- 7 de marzo. 11-14h. Obradoiro de reparación colectiva, repair café. Casino de Carballo.
- 8 de marzo: actividades polo día das mulleres traballadoras
- 11 de marzo, 12:00-13:00h. Palestra “O soporte de Windows 10 remata nuns meses, vai valer o meu pc para actualizar a Windows 11? E agora que fago con ese pc?” Facultade de Informática. A Coruña
- 12 de marzo. 12h. Aula 7 da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Santiago de Compostela. Faladoiro “Proxectos de dereito á auga na cooperación internacional para o desenvolvemento (tipo A). ETSE. Aula 7“.
- Xoves 13 de marzo. 16-19h. Repair Café en Ferrol dentro das actividades polo “Marzo ambiental” da Oficina de Sustentabilidade da UDC. Lugar: Aula –1.5, Soto. Edificio de Apoio ao Estudo. INSCRICIÓN de balde aquí
- 14 de marzo: Día Internacional de Acción contra as represas e polos ríos, o auga e a vida
- 15 de marzo: Día dos Dereitos do Consumidor
- 15 de marzo: pecha o prazo para inscrición ao curso gratuíto e presencial en Lugo de ‘Planeamento territorial participativo para adaptación ao cambio climático’. Organiza IBADER e Laboratorio do Territorio. +INFO e INSCRICIÓNS
- 20 de marzo. 12-17h. Repair Café na Coruña dentro das actividades polo “Marzo ambiental”. Lugar: Andar 0 (zona orlas), ETSE Camiños, Canais e Portos UDC. INSCRICIÓN de balde aquí. Tamén se poderá ver a exposición Coñeces o teu móbil?
- 20 de marzo. 12.30-13.30h na Aula de Proxectos da Escola Técnica Superior de Enxeñería de Santiago. Faladoiro sobre Electrónica ética e consumo responsable de tecnoloxía.
- 20 de marzo. 16-18h na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Santiago. Repair café e cacharreo con computadoras. Aprendendo a darlle nova vida a vellas computadoras
- 20 de marzo: Día Internacional da Felicidade
- 21 de marzo: Día Forestal Mundial
- 21 de marzo: Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial
- 22 de marzo: Día Mundial da Auga. No entorno deste día, haberá actividades na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Compostela.
- 28 de marzo (último sábado de marzo): A Hora da Terra
- 30 de marzo: Día do documento libre
- 17 e 18 de abril: congreso esLibre en Melide, sobre cultura libre. Haberá moita presenza esfeira, coa compañía de Elena, da asociación hondureña Barracón Dixital
- 19 de abril: Feira de Sementes da Fundación Galicia Verde, en Leboso (Forcarei), onde presentaremos a Guía de Autodefensa Dixital (e pode que nos atrevamos a facer algo de cacharreo e reparación)
- 25-26 de abril: en Carballo, teremos a Xuntanza de Primavera de Enxeñería Sen Fronteiras
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD
A ESF-RASE DO MES
A tecnoloxía e as máquinas deberían servir para liberar ao ser humano, non para afianzalo a esa roda do hámster que é o capitalismo








Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!