Enxeñería Sen Fronteiras Galicia chega ao Fediverso

Despois dun tempo dándolle voltas, estamos no Fediverso. As redes sociais convencionais seguen a ser interesantes para nós, pero cada vez compensa menos a incoherencia de crear contido para unhas plataformas gobernandas por grandes tecnolóxicas que comercian coa privacidade, con respecto á rede que se pode xenerar para impulsar unha tecnoloxía para o ben común.

Pensamos que as instancias descentralizadas e federadas que son e sustentan o Fediverso están moita máis en consonancia coa idea de gobernanza da tecnoloxía, e de reapropiación tecnolóxica que defendemos en ESF, como primeiros pasos cara unha tecnoloxía para o ben común. Ademais, cremos que as entidades e persoas que moran xa no Fediverso parten duns valores moi na liña dos que defendemos, e que se pode facilitar a xeneración dunha masa crítica social que impulse estes valores. No noso caso, podemos aportar a visión de cidadanía global que nos da o traballo en diversos países e con distintas culturas, tratando de impulsar pontes entre sociedade civil galega e doutros lugares poñendo a tecnoloxía ao servizo da defensa dos dereitos humanos.

En que redes do Fediverso estamos?

De momento, en dúas:

1 reply

Trackbacks & Pingbacks

  1. […] técnicos de Galicia. Ademais, felicitamos a todas as cooperantes no seu día. Presentamos as nosas novas contas de redes sociais no Fediverso, que están moito máis en sintonía cos valores que defendemos de soberanía dixital. Ademais, […]

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.