Boletín Oficial ESFeiro: abril 2024
Se prefires a versión resumida sonora, aquí tes o Boletín Sonoro de abril.
CONTIDOS
- Vida Asociativa
- Honduras
- Mozambique
- Enlaces de interese
- Recomendación artística
- E no próximo mes …
- A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
Comezamos o mes coa sinatura convenio coa Universidade da Coruña para desenvolver actividades de aprendizaxe-servizo. Ademais, temos xa rexistrados e aprobados polo Ministerio del Interior os novos estatutos de Enxeñería Sen Fronteiras. Ademais, contamos nun breve vídeo o que dende ESF podemos aportar ao novo programa Galicia Abriga, para protección de defensoras de dereitos humanos. Tamén tivemos un encontro da base social de Vigo aproveitando a acollida das persoas que van participar no Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades 2024, así como un ciberfaladoiro sobre “O de telegram”, onde tivemos ocasión de falar sobre soberanía dixital. Deixamos unha pequena crónica. Tivemos tempo tamén de facer un faladoiro sobre Dereito á Auga na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Santiago de Compostela.
Pero, sen dúbida, a actividade máis importante de marzo foi a visita que Mariela e Verónica, mulleres bravas de Honduras, fixeron a Galicia. Aquí deixamos unha breve crónica escrita, unha en formato audiovisual, ademais dunha entrevista a Mariela e outra a Verónica. Tamén se poden ver os distintos eventos aquí. Foi unha visita intensa e moi enriquecedora. En outono, outra visita chegará a Galicia, pero neste caso será unha activista que se quedará varias semanas. Máis información sobre o programa na súa web mulleresbravas.gal.
HONDURAS
En Honduras, no programa de soberanía alimenaria, durante o mes de marzo destacou a socialización do protocolo de investigación comunitaria das mulleres marisqueiras. Tamén é reseñable o vídeo que CODDEFFAGOLF fixo sobre restauración do manglar na área protexida de Los Delgaditos.
No programa de dereito humano á auga, tivo lugar con motivo do Día Mundial da Auga, o Simposio “Agua para la paz”. Ademais, siguen os traballos de acondicionamento do novo laboratorio de análise de augas do sur de Honduras.
MOZAMBIQUE
No mes de marzo traballouse coas tres Administracións Rexionais da Auga (ARAs) de Mozambique (Sur, Centro e Norte) na análise final da época chuviosa que vai dos meses de outubro a abril. Para iso traballouse no intercambio de información e análise cos puntos focais das tres ARAs no estudo das precipitacións co fin de obter os resultados e capacitar aos técnicos locais no manexo dos datos. De modo paralelo, traballouse coa ARA Sur na mellora do seu boletín de seca e os procesos de xestión da mesma, e avanzouse coa titoría do TFM do mestrado de hidroloxía da UEM que está a realizar un técnico da ARA Sur. Parte do traballo tamén se centrou na preparación da campaña de difusión do proxecto AquaMoz, que se realizará nas próximas semanas.
ENLACES DE INTERESE
Activismo e persoas
- Duha Alzaiti: “Toda Palestina vive en un terror interminable. El 90% de mi infancia son recuerdos horribles”
- Mujeres constructoras de paz, la esperanza para un mundo en conflicto
- Manifesto 8M dende o Movemento asociativo de Mulleres con Discapacidade
- Lydia Cacho: “Cuando publiqué el libro sabía que mi vida corría peligro”
- Nsang Cristià Esimi Cruz: “Hay una carencia a la hora de contar la historia de África en español”
- No, este 8M no marchamos todas
- Un ‘despiste’ en una charla revela por qué es tan difícil ser mujer en ciberseguridad: “Fue una falta de respeto profesional absoluta”
- Volunturismo: la solidaridad como atracción turística
Auga
- Como lograr vivendas autosuficientes como a Estación Espacial Internacional
- Agua para la paz
- «Galicia non ten risco de desertificación, pero hai que pensar nun modelo integral de almacenamento de auga»
- Agua para la paz, ¿derecho universal o recurso geopolítico?
Consumo responsable
- Blog COSER con análise de distintas marcas de chocolate con criterios ambientais e sociais
- La marea negra oculta en tu comida
- La basura electrónica crece imparable
Cooperación e ONGD
Educación para o desenvolvemento
- A memoria democrática nos institutos, vacina contra o ‘negacionismo’ histórico
- Fomento de las vocaciones STEM entre las chicas. ¿Lo estamos haciendo bien?
- El privilegio de ser blanca
- The STEAM-Active project. Recursos e estudos sobre fenda de xénero en estudos STEM (en inglés).
- Podcast Acontece que no es poco. Como a universidade pode ser unha institución crítica se trata no programa Bronca en las aulas: estalla “La segunda cuestión universitaria”, sobre o “Decreto Orovio“.
Enerxía e cambio climático
Iniciativas
- Firma en contra de la exclusión financiera de las personas migrantes y refugiadas
- Basura marina
- Una aldea abandonada que sirvió de refugio en la Guerra Civil, reconvertida en espacio de formación ecofeminista
- Gabriela Rocha: “Las mujeres son las últimas en llegar a las tecnológicas y las primeras en salir”
- Logos: A Declaration of Independence in Cyberspace
Investigación para o desenvolvemento
- El Ártico puede quedar sin hielo en la próxima década
- Mujeres en STEM: Desde la educación básica hasta la carrera laboral
- No importa la plataforma ni el algoritmo, son los humanos los que vuelven tóxicas las redes sociales
- As mulleres rurais, do estereotipo á realidade: “Vémolas dende un paternalismo feroz”
Mundo
- CENTROAMÉRICA está en llamas
- HAITÍ, en estado de urgencia y toque de queda tras la huida de miles de presos de una cárcel de Puerto Príncipe
- HONDURAS. Informe “Pueblos Indígenas en Honduras: Derechos, Territorios y Leyes”
- SAHEL OCCIDENTAL, SUDÁN, CONGO. El triángulo conflictivo que desgarra el corazón de África
Pobreza e exclusión
Políticas e modelos de desenvolvemento
- Altri proxecta en Palas de Rei unha celulosa dez veces maior que Ence: así sería a planta de fibras téxtiles
- Índice de Coherencia 2023
- La industria del acero más allá de la descarbonización
- Why the world cannot afford the rich
Soberanía alimentaria e defensa do territorio
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- Cobalto Rojo: la realidad detrás de nuestros móviles
- El miedo a la inteligencia artificial abre la vía para que el Gobierno “limite la información falsa en Internet”, según el CIS
- LEMBRAMOS: Desciframos paso a paso la Inteligencia Artificial
- Podcast. Descripción de Brechas digitales: desconectados involuntariamente de Internet (con Somos Conexión)
- Big Tech has already made enough money in 2024 to pay all its 2023 fines
- Relatorios do Mobile Social Congress 2024. 3h 07min
- The tech industry can’t agree on what open-source AI means. That’s a problem.
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- Fomento de las vocaciones STEM entre las chicas. ¿Lo estamos haciendo bien?
- DonesTech: La infraestructura feminista como creación de lo que nos sostiene – Spideralex
RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA
Este mes fixámonos en iSlave, obra que se estrea nos Teatros del Canal de Madrid. Trátase dunha obra que une disciplinas como teatro, danza, música ou performance para reflexionar sobre a esclavitude das pantallas. Oxalá se puidese traer a Galicia…
E NO PRÓXIMO MES …
- 7 de abril: Día Mundial da Saúde
- 8 de abril: Pecha o prazo para apuntarse ao Curso: “O territorio dixital, territorio de coidados”, de 17 a 19
- 11 de abril: comeza a Primavera polo Decrecemento en Pontevedra
- 13 de abril: XUNTANZA DE PRIMAVERA DA BASE SOCIAL DE ESF. Ás 10h no Centro Social As Fontiñas, Santiago de Compostela
- 17 de abril: Día Internacional da Loita Campesiña
- 18 de abril: faladoiro na Escola Técnica Superior de Enxeñería sobre participación en ESF e posibilidades de TFM-TFG en cooperación. 12:30 no salón de actos
- 22 de abril: Día da Terra
- 26 de abril: de 17.00 a 20.00 horas. Cafe repair na Domus (A Coruña)
- 28 de abril: Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo
- 9 de maio: faladoiro “Tecnoloxías convivenciais”, 19h dentro da Primavera polo Decrecemento. Pontevedra
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD
A ESF-RASE DO MES
Na loita pola soberanía, a cousa vai de comunidades. Ninguén inventa, constrúe ou programa en solitario, sinxelamente porque a complexidade da tarefa é tal que eso resultaría imposible.
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!