Investigación comunitaria das mulleres marisqueiras en Honduras

Onte probouse o protocolo de monitoreo de bivalvos coa Rede de Investigadoras Comunitarias de Amapala e Marcovia, no Golfo de Fonseca de Honduras. Esta ferramenta é unha guía detallada que describe paso a paso os parámetros que debemos medir (e como) no campo durante os monitoreos. A ferramenta elaborouse de maneira conxunta entre CODDEFFAGOLF e o Centro Tecnológico do Mar CETMAR.


O principal obxectivo é conseguir que as marisqueiras podan detectar cambios nos ecosistemas e tomar medidas oportunas. Lembremos que, a finais do 2019, prodúxose a morte masiva de bivalvos (cun enorme perxuízo para as mulleres e as súas familias, moitas das cais dependían da recollida destes animais). Agora queren estar preparadas para enfrontar calquer fenómeno similar.


Trátase dunha actividade dentro do proxecto de “Mejora de la actividad marisquera en el Golfo de Fonseca, Fase 1”, financiado pola Cooperación Galega.

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.