Remata a Escuela de Habilidades para la Vida
A Escuela de Habilidades para la Vida que CODDEFFAGOLF impulsou dentro do proxecto de apoio a grupos marisqueiros en Honduras financiado pola Cooperación Galega da Xunta de Galicia, culminou con éxito o seu proceso.
Nela participaron 25 homes e mulleres de 5 grupos organizados das comunidades de: Ojo de Agua, Agua Caliente, Nueva Concepción (del municipio de El Triunfo), El Quebrachal en el Municipio de Namasigüe.
O propósito foi fortalecer aos grupos mediante o desenvolvemento de destrezas esenciais para enfrontar os desafíos da vida cotiá. Tivo catro módulos:
- Autocoñecemento
- Xénero e Novas Masculinidades
- Liderado e Cultura de Paz
- Liderado Xerencial
A valoración foi moi positiva por parte das participantes e este último día, coa entrega de certificados, tivo un carácter festivo e lúdico.
Trackbacks & Pingbacks
[…] En Honduras rematou en decembro a escola de Habilidades para la Vida, dentro do proxecto de apoio a grupos de mulleres marisqueiras financiado pola Cooperación Galega […]
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!