Boletín Oficial ESFeiro: decembro 2023
Se prefires a versión sonora, aquí está o podcast en ESFRadio do Boletín Sonoro decembro 2023.
CONTIDOS
- Vida Asociativa
- Honduras
- Mozambique
- Enlaces de interese
- Recomendación artística
- E no próximo mes …
- A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
En Galicia, novembro foi un mes con varios eventos multitudinarios para traballar colectivamente. Participamos nun interesante encontro sobre posible impacto da inxección de aerosois na atmosfera para contrarrestar o cambio climático, así como no V Encontro de Comunidades e Saberes Arredor do Rural e nun encontro sobre ‘Enerxías alternativas e socioecosistemas: paisaxes presentes e futuras’. Algunhas de nós viviron a mobilización de Vigo contra o xenocidio en Gaza.
O compañeiro Iván, do Banco de Reciclaxe de Teo, seguiu cos seus vídeos didácticos, como o de Primeiros pasos cunha torre para reutilizar. Houbo un par de encontros virtuais dos Bancos de Reciclaxe Electrónico con Software Libre (un deles con invitadas de Aragón), e unha xornada ben interesante de Alternativas profesionais para unha transición enerxética xusta: as Comunidades Enerxeticas, na Escola de Minas e Enerxía de Vigo. En Pontevedra, puidemos falar de Soberania alimentaria vs seguridade alimentaria na Escola de Xestión e Administración Pública, no marco dunha colaboración dun proxecto de Aprendizaxe-Servizo cunha das docentes da escola.
Ademais, tivemos ocasión de presentar en Augas de Galicia do visor de sistemas de abastecemento municipal, nunha xornada ben interesante de intercambio de coñecementos.
Non podemos esquecernos da Xuntanza de Outono da Base Social de ESF, que foi en Allariz, e onde oficializamos o nacemento dun novo grupo de traballo para facilitar asesoría técnica a plataformas de defensa do territorio de Galicia.
HONDURAS
En Honduras houbo visita de colaboradoras de Universidade da Coruña, que viñeron estreitar lazos e colaboracións con persoas da Universidade Nacional Autónoma de Honduras. Ademais, se fixeron formacións no eido da hidroxeoloxía e a cartografía participativa. Foi un pracer ter de novo a Acacia e Adrián por aquí!
Continuou o programa de mellora de sementes crioulas de millo coa nosa socia CODDEFFAGOLF e grupos de labregxs do sur de Honduras. Ademais, no proxecto de mellora da actividade marisqueira, houbo diversas formacións para mulleres dos grupos, como talleres de autoaxuda para a xestión emocional.
MOZAMBIQUE
Este mes, trala visita de Víctor, chega a Mozambique a visita de Manuel, o noso experto técnico en hidroloxía. Manuel leva anos colaborando no programa AquaMoz, e estará máis dun mes no país traballando coas Administracións Rexionais da Auga (na do sur apoiando agora en temas de inundacións e curvas de embalses, ou “barragens” como se di aló; no centro e norte estase empezando coa parte de xestión das secas, como se fixo xa na do sur nestes últimos anos).
ENLACES DE INTERESE
Auga
- Curtametraxe. CERCA, por el derecho humano al agua. 14min 30seg
- Estudo. Brechas, desafíos y oportunidades en materia de agua y género en América Latina y el Caribe
- TED TALK. Unha moza científica na busca de auga potable (subtítulos en galego). 7min 51seg
Consumo responsable
- BOICOT A CARREFOUR
- Únete al BDS (Boicot, Desinversiones, Sanciones a Israel): Qué productos boicotear
- Vídeo. Seguimos el rastro de 29 prendas de ropa usada y esto es lo que pasa. 1min
Cooperación e ONGD
Educación para o desenvolvemento
Enerxía e cambio climático
- Hidróxeno verde: solución e ameaza para a transición ecolóxica
- As mentiras do vento. O disparate eólico
- 10 pasos imprescindibles para una transición energética ágil, justa y respetuosa con el medio ambiente
- ¿El final de las estaciones?
- A Xunta acepta a Ence na Alianza Galega polo Clima: “Puxeron o raposo a coidar das galiñas”
- A Xustiza enmenda a política industrial da Xunta: paralizou nove megaparques eólicos nos últimos catro anos
Iniciativas
- Anuario de Consumo Crítico
- Campaña boicot Israel
- Que teñen que ver as sandías coa solidariedade co pobo palestino?
- Nace a plataforma “Galiza sen gas”
Investigación para o desenvolvemento
- Ingeniería Sin Fronteras presentamos un informe evaluando las prácticas y políticas del sector energético del Estado español desde una perspectiva de género
- Ecoproductoras Invisibles. Espacios de la agricultura familiar gallega para el autoconsumo de proximidad
- Activismo cultural frente a la depredación del territorio
Mundo
- HONDURAS: Video. ¿Cuál es el estado ambiental del Golfo de Fonseca? 10min
- ¿Qué es el Litio y cuál es su importancia geopolítica?
- SUDAN: El conflicto en Sudán desencadena una emergencia humanitaria dentro y fuera de sus fronteras
Pobreza e exclusión
Políticas e modelos de desenvolvemento
Soberanía alimentaria e defensa do territorio
- Navegando en nuestra masculinidad. Manual didáctico del facilitador sobre masculinidades no violentas en contextos de pesca sustentable en Centroamérica
- Manifesto Acibal. Manifesto contra o espolio dos nosos montes e os seus bens
- San Finx non cumpre e a Xunta vese obrigada a revogar o permiso de vertidos
- Outes, primeiro concello do Estado en recoñecer os dereitos dun río
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- Inteligencia artificial, ¿cosa de hombres?
- Tecnofeminismo más allá del mito hacker
- Mariano Sigman, neurocientífico: “No necesitamos una inteligencia artificial para destruirnos, nos bastamos solos”
- Feminismos contra a ciberviolencia de xénero
- Software that supports your body should always respect your freedom
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- Cómo aprovechar el oro, la plata y otros materiales de ese móvil que vas a tirar: el destino de tus residuos electrónicos
- María Novas. “Poder descansar, criar e xogar no espazo público, non só consumir ou desprazarse. En pleno século XXI, non debería ser tan difícil”
- Campaña derecho a reparar Amigos de la Tierra España
- Novo podcast. 01 – Accesibilidad con Tecnologías libres
- Cultura de la dependencia tecnológica
Activismos e Persoas
- Bernardo Caal, activista q’eqchi’ encarcerado por frear encoros de Florentino Pérez: “Polo ben das futuras xeracións debemos organizarnos e loitar”
- Jadiya Alí Mohamed Sleima, representante de la Unión Nacional de Mujeres Saharauis. «La mujer saharaui es un sujeto muy difícil de silenciar para Marruecos»
- Joy Buolamwini: “Estamos dando carta blanca a las empresas de IA”
- Ante la inacción climática, desobediencia civil
- Entrevista Sandra Reyes │O activismo pola defensa da terra en Honduras. ADEGA
- Descarga gratuita do libro RESISTENCIAS. HISTORIAS DE MUJERES QUE CAMBIAN EL MUNDO, de María Castro Serantes
RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA
Este mes a recomendación volve ser musical, desta volta cun dúo de mulleres galegas que o está petando. É o tema II. Lisístrata, máis coñecido como Varre Vasoira, de Fillas de Cassandra. A guerra, a guerra, a guerra imos parar…
E NO PRÓXIMO MES …
- 1 de decembro: Encontro da Rede Artigo9Tech de profesorado pola tecnoloxía para o ben común. 10:30h na aula de graos da Escola de Telecomunicación, Vigo.
- 1 de decembro: Día Mundial da Loita contra o SIDA
- 2 de decembro: Día Internacional para a Abolición da Escravitude (segue habendo moitos tipos dela…).
- 3 de decembro: Día internacional das Personas con Discapacidade
- 3 de decembro: Día Internacional non uso de plaguicidas
- 5 de decembro: Día Internacional do Voluntariado para o Desenvolvemento Económico e Social
- 5 de decembro: Día Mundial do Solo
- 9 de decembro: Día Internacional contra a Corrupción
- 9 de decembro: Día Internacional para a Conmemoración e Dignificación das Víctimas do Crime de Xenocidio e para a Prevención dese Crime
- 9 de decembro: Día Internacional da Informática
- 10 de decembro: pecha o prazo para presentarse ao Concurso de iniciativas didácticas de tecnoloxía para os dereitos humanos no ensino secundario galego
- 10 de decembro: Día dos Dereitos Humanos
- 14 de decembro: Repair Café na Escola de Enxeñería Informática de Ourense. 16:30h
- 18 de decembro: Día Internacional da Persoa Migrante
- 19 de decembro: Día das Nacións Unidas para a Cooperación Sur-Sur
- 20 de decembro: Día Internacional da Solidariedade Humana
- 21 de decembro: 10:30h. Encontro de nadal de ESF en Coruña (local de ESF en Camiños).
- 27 de decembro: 14h. Encontro de nadal de ESF en Santiago de Compostela
- TODO O MES: abrirá a convocatoria da rede Artigo9Tech para pequenos proxectos de investigación en tecnoloxía para o ben común nas universidades. Toda a info estará na web da rede. Esta foi a convocatoria 2022, e pouco variará.
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD
A ESF-RASE DO MES
“O móbil que xa tes é o máis ético posible, se o mantés”
Sara Domínguez García, enxeñeira electrónica e activista pola electrónica sostible
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!