NOVO PROXECTO. Mellora da sostibilidade da actividade marisqueira como fonte de ingresos de grupos de mulleres nos municipios de Amapala, Alianza, San Lorenzo e Marcovia, Honduras

Este proxecto é a Fase 1 dun programa de marisqueo, con vocación de continuidade, dentro do eixo de Soberanía Alimentaria de ESF Galicia, así como do Programa de Pesca e Marisqueo da nosa socia local CODDEFFAGOLF. O proxecto se realizará co apoio do Laboratorio de Enxeñería Cartográfica da UDC (Cartolab). Para o deseño traballouse coa delegación na rexión da Dirección Xeral de Pesca, que tamén participará na execución. Está financiado pola Cooperación Galega da Xunta de Galicia.

Esta Fase 1 xorde da experiencia dun proxecto anterior sobre marisqueo, executado en 2019-2020. O devandito proxecto deixou grandes aprendizaxes en canto ao sector, xerou unhas dinámicas de unión e articulación cos actores en materia de pesca e marisqueo, e tivo que adaptarse a dúas situacións de cambio de contexto intensas:

Todo isto, derivou nunha perda acentuada da capacidade de xeración de ingresos dos grupos de mulleres mariscadoras beneficiarias, tanto polas limitacións de mobilidade pola pandemia e a crise posterior, como pola perda de recurso coas mortes. En 2022 deuse a maiores outro cambio de contexto de importancia, que é o cambio de goberno en Honduras, tras as eleccións de novembro de 2021, cun xiro das políticas que, a priori, parece que apoiarán ao pequeno/a produtor/a e ao feminismo.

Estas circunstancias supoñen un cambio nas prioridades identificadas no sector:

  • 1ª. Existe unha preocupación pola sustentabilidade ambiental e de saúde xeral do recurso marisqueiro, sendo necesario ampliar o coñecemento respecto diso;
  • 2ª. Vese máis necesario mellorar a articulación dos diferentes actores, cos seus diferentes perspectivas e capacidades, para facer fronte a un problema complexo como é a regulación e sustentabilidade da actividade
  • 3ª. Identifícase a debilidade social e económica dos grupos tras a crise debida á pandemia, o illamento derivado das restricións e o aumento xeneralizado das violencias intrafamiliares e comunitarias e, por outra banda, a falta de actividade económica ocasionou unha descapitalización nalgunhas familias.

O programa enfócase á sostibilidade da actividade marisqueira como fonte de ingresos de grupos de mulleres. Pódese considerar por tanto en si mesmo como unha acción afirmativa en xénero. Este proxecto céntrase nos 3 resultados:

  • o fortalecemento dos grupos desde un punto de vista de mellorar a súa autonomía e reducir dependencias para a toma de decisións e acción en materia de xeración de alternativas económicas e incidencia
  • a articulación horizontal e vertical de actores do sector
  • a posta en marcha das alianzas entre actores para sentar procesos de xeración de coñecemento, orientados á ordenación ou regulación da actividade.

Cos grupos, se pretende mellorar a súa capacidade económica e de toma de decisións de forma proactiva. Se reforzarán aspectos de xestión organizativa, incluíndo compoñentes de xestión emocional. Daranse capacitacións e insumos para a experimentación en formas de engadir valor agregado aos produtos do mar. Trátase de aprender técnicas, experimentar cos seus propios recursos e probar a venda en diferentes formatos, analizar os resultados e ir establecendo negocios con mellores rendementos.

Cos actores, traballarase a mellora da gobernanza do sector na rexión sur abordando: o reforzo da Comisión de Bivalvos establecida no proxecto de 2019-20, dándolle un protagonismo importante na xestión e decisións do proxecto a nivel de tomadores de decisión e titulares de responsabilidade; reforzando as reunións e capacidade de axencia das mulleres marisqueiras, dando seguimento á Axenda de incidencia das mulleres marisqueiras definida no proxecto anterior. A través do comité de seguimento local do proxecto que incluirá a comisión de bivalvos e representantes dos grupos de beneficiarias, iranse tomando decisións estratéxicas do proxecto e xerando dinámicas de acción.

En alianzas traballarase na compoñente de xestión e xeración de coñecementos, cun enfoque a curto, medio e longo prazo, sendo este un eixo fundamental e estratéxico a nivel de programa. Nesta fase 1 do programa maduraranse e farán máis específicas as metodoloxías de mostraxe e tratamento da información, xeraranse outras novas, darase capacitación específica a tomadores de decisión e titulares de responsabilidade, constituirase unha rede comunitaria de alerta temperá e unha rede de voluntariado para a toma de mostras e datos de seguimento (calidade de auga, inventario do recurso, etc). Realizarase un ensaio de cultivo de moluscos con dobre finalidade: coñecer a técnica para poder ter unha resposta rápida para a rexeneración en caso de repetirse sucesos de mortes de moluscos, e avanzar no coñecemento para a produción de moluscos con cultivos, extrapolando así o coñecemento de anos de Galicia neste campo. Para todo iso contarase co apoio técnico da Fundación CETMAR en Galicia.

FICHA

Título: Mellora da sostibilidade da actividade marisqueira como fonte de ingresos de grupos de mulleres nos municipios de Amapala, Alianza, San Lorenzo e Marcovia, Honduras.

Data execución: xaneiro 2022 a decembro 2023

Orzamento: 257.684,17 euros

Aquí deixamos un vídeo que ilustra moi ben o traballo dos grupos de mulleres e a incrible beleza do entorno que están coidando

3 replies

Trackbacks & Pingbacks

  1. […] Escuela de Habilidades para la Vida que CODDEFFAGOLF impulsou dentro do proxecto de apoio a grupos marisqueiros en Honduras financiado pola Cooperación Galega da Xunta de Galicia, culminou con éxito o seu […]

  2. […] complemento do proxecto que temos en marcha en colaboración coa organización CODDEFFAGOLF de Mellora da sostibilidade da actividade marisqueira como fonte de ingresos de grupos de mulleres nos …, a Deputación da Coruña concedeunos unha axuda para realizar uns investimentos que virán refozar […]

  3. […] marco do proxecto de marisqueo que financia Cooperación Galega da Xunta de Galicia, que desenvolvemos con CODDEFFAGOLF, en febreiro seguiron as reunións con axentes responsables da […]

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.