Contacto
Enxeñeria Sen Fronteiras Galicia
Campus Elviña. Escola de Camiños. 15071 A Coruña
Telf:(+34) : 881 01 1479
Email: info(arroba)galicia.isf.es
Datos Rexistrais: Registro Nacional de Asociaciones, Número de Rexistro F-1374.
CIF: G36774271
Campus Elviña. Escola de Camiños. 15071 A Coruña
Telf:(+34) : 881 01 1479
Email: info(arroba)galicia.isf.es
Datos Rexistrais: Registro Nacional de Asociaciones, Número de Rexistro F-1374.
CIF: G36774271
Boletín oficial esfeiro: xullo 2017
/0 Comments/in Noticias, Uncategorized @gl /by Daniel VilaO pasado día 29 a Escola de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, onde temos a nosa sede “central”, celebrou o acto do seu 25 aniversario. Nel, tivo a ben conceder a Enxeñería Sen Fronteiras a medalla XXV aniversario da Escola, que recolleu o noso presidente honorífico, José María Vara. Aquí podes ver o momento.
Ademais, estamos en pleno proceso de “mudanza” dos blogues á nova web de ESF Galicia, co cal próximamente as entradas deixaranse de facer nos blogues pasando a facerse unicamente na web.
O momento triste do mes veu porque de novo o insuficiente orzamento da Xunta de Galicia para cooperación ao desenvolvemento deixou bos proxectos de Educación fora. Desta volta, tamén quedamos fora nós cun proxecto sobre novas soberanías (enerxética, alimentaria e dixital) en consorcio coas compas de Amigos da Terra. Sendo o derradeiro da lista de mellor valorados saltou a concesión ao seguinte proxecto en valoración (que solicitaba menos fondos e encaixaba mellor no orzamento dispoñible). Nin sequera ofrecéusenos a oportunidade de reformulalo para adaptalo a menos financiación. Pero seguiremos falando de novas soberanías, e pelexando por unha mellor política de cooperación galega!
A continuación, deixámosvos o BOE xullo 2017
CONTIDOS
BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA
Este mes aprobamos apoiar a campaña Vinde Xa a prol da acollida de persoas refuxiadas. Ademais, intensificamos a difusión da praza que temos (con bolsa de 400€) para facer un proxecto fin de carreira na Facultade de Informática da Universidade da Coruña, deseñando un Tetris dos Dereitos Humanos. Quedounos tempo para reflexionar sobre Novas soberanías: alternativas ao modelo extractivista baseado na dominación de persoas e ambiente e, dentro destas novas soberanías, sobre a diferencia entre soberanía tecnolóxica é soberanía dixital.
Volver
BLOGUE HONDURAS
Neste mes fixémonos eco do pronunciamento contra la expansión de cacao y café en Honduras da MOCAPH, mesa de ONGs comanexadoras de áreas protexidas de Honduras.
Volver
ENLACES DE INTERESE
Auga
Comunicación para o (como) desenvolvemento
Consumo responsable
Cooperación e ONGD
Educación para o desenvolvemento
Iniciativas
Investigación para o desenvolvemento
Mundo
Políticas e modelos de desenvolvemento
Sensibilización
Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
Voluntariado e Persoas
Volver
PUBLICACIÓNS EN FÍSICO
(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).
Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.
Este mes recomendamos:
Volver
E NO PRÓXIMO MES …
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais Facebook e Twitter.
Volver
A ESF-RASE DO MES
Aqueles que entenden como se fai a boa tecnoloxía saben que ao final o que ten que haber é un corazón detrás.
– Massimo Marchiori
Volver
Proxecto fin de carreira informática. Tetris dos Dereitos Humanos
/0 Comments/in Noticias, Uncategorized @gl /by Daniel VilaOfértase un Proxecto Fin de Carreira (PFC) (ou Traballo Fin de Grao/Mestrado, TFG/TFM) para carreiras da Facultade de Informática da Universidade da Coruña no ámbito da Educación para o Desenvolvemento e enfocado na difusión do que se coñece como Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano (TpDH).
O traballo desenvolveríase dentro da Facultade de Informática da Universidade da Coruña, ben como PFC da extinta titulación de Enxeñería Informática, como TFG do Grao en Enxeñería Informática ou como TFM do Mestrado Universitario en Enxeñería Informática. Os directores do traballo seriamos Miguel Segade (ESF Galicia) e Emilio J. Padrón (UDC).
Ademais, co compromiso de impartir un pequeno relatorio/charla tras a súa finalización, ESF gratificará con 400€ (menos impostos) á persoa que desenvolva o proxecto.
Na páxina de ESF Galicia pódense atopar outras propostas e ideas para proxectos académicos no eido da Educación para o Desenvolvemento: https://esfgalicia.blogspot.com.es/2017/02/proxectos-academicos-con-esf-galiciase.html
Proposta de Anteproxecto
Título
Obxectivo
Obxecto da proposta e produto esperado: Elaborar un videoxogo de «Tetris dos Dereitos Humanos».
En concreto, preténdese obter:
Descrición
Antecedentes e xustificación da proposta
Enxeñería sen Fronteiras (en adiante ESF) é unha asociación independente, sen ánimo de lucro baseada no voluntariado, que busca construír unha sociedade mundial xusta e solidaria mediante a cooperación para o desenvolvemento e poñendo a tecnoloxía ao servizo do desenvolvemento humano. Neste sentido, o proceso de participación voluntaria enténdese coma un fin en si mesmo e como un mecanismo para a transformación persoal e social.
O 17 de novembro de 2012 aprobouse na segunda Asemblea anual de ESF Galicia a nova Planificación Estratéxica da asociación (2013-2017). Dito documento, realizado pola práctica totalidade das persoas que conforman a entidade, inclúe como un dos piares máis importantes da acción da asociación o traballo en Educación para o Desenvolvemento (en adiante EpD). Varias liñas estratéxicas de traballo previstas nesa planificación entran dentro desta área de traballo, e considéras necesaria a consecución de financiación externa para asegurar o seu correcto desenvolvemento. Unha desas liñas fai referencia a transversalización de contidos en dereitos humanos e EpD nos estudos universitarios tecnolóxicos, co enfoque de Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano e a emancipación, onde ESF pretende especializarse. Ademais da elaboración de materiais didácticos e organización de xornadas no eido formal e non formal, hai tempo que se queren explorar novos xeitos de levar estes contidos a poboación “non sensibilizada”, usando canles populares. O xogo é unha destas canles, que xa hai anos ESF explora elaborando versións de xogos populares como o Risk (elaborando un Risk enerxético) ou xogos de cartas máis elaborados con gran aceptación entre público novo (e xa non tan novo), como o xogo de cartas Co-operación. O concepto de ludificación ou gamificación1 no eido de impulsar aprendizaxes de conceptos, actitudes e valores da educación para a emancipación non é, pois, novo para ESF, pero si o é o facelo a través de xogos baseados en tecnoloxías informáticas, que é o que se propón aquí.
Dado que o videoxogo elexido a priori, o Tetris, é xa parte da cultura pop, quérese explorar o potencial para atraer público interesado en xogos (dende xente máis nova xa a mediana idade) dándolle certo contido sensibilizador no eido dos Dereitos Humanos. Deste xeito se intenta sensibilizar a xente que pode xogar co producto elaborado (e pode ser que nin se fixe noutros contidos, de aí o desafío técnico e gráfico de visibilizar os contidos en Dereitos Humanos integrándoo perfectamente coa dinámica do xogo), e ademais usar isto para transversalizar actividades cun enfoque de educación para o desenvolvemento na facultade de Enxeñería Informática, xa que a proposta é que o xogo se poida ofertar como posible Proxecto Fin de Grao para a programación e o deseño gráfico, co asesoramento dun titor académico (profesor na Facultade) e do seguemento do grupo de EpD de ESF Galicia, apoiados polo técnico de EpD da asociación.
Idea de xogo e desenvolvemento
Se parte das premisas:
Existen diversos proxectos libres de desenvolvento do Tetris, que xa teñen traballados deseños de pezas, fondos e outras capas ou librarías que se poderán empregar.
A idea é que as pezas que se encaixan en cada nivel, que son de diversas formas e cores, teñan asociadas:
A idea é que ao inicio do nivel correspondente se informe brevemente do “entorno” (país) no que se xogará ese nivel e en que servizo básico, con alguha información do estado dese Dereito Humano ao servizo básico no país. Logo, a medida que cada peza vai aparecendo, que apareza tamén o elemento do dereito humano a que se refire a peza (para que se xogue, pero sendo consciente por que é máis ou menos fácil de encaixar a peza en cuestión).
Os niveles virán dados polas cores das pezas, que logo poderán xa mezclarse para xogar niveles con todas as cores (os 4 servizos, que en realidade van interrelacionados), e tamén respecto ao país (que determinará a dificultade de xogo tanto no número de pezas “complicadas” para encaixar como na velocidade á que caen como mesmo no espazo de colocación das mesmas). A priori se propón facer dous países ou rexións, que poden ser Honduras (ou o Golfo de Fonseca) e España (ou Galicia), empregando datos reais para ilustrar cada peza e nivel.
Metodoloxía
O desenvolvemento seguirá a filosofía do software libre, cun repositorio público onde se irá compartindo todo avance do proxecto.
Fases
Material
Departamento
Directores
Contacto
VINDE XA. VENID YA
/0 Comments/in Uncategorized @gl /by Daniel VilaEnxeñería Sen Fronteiras apoia a campaña Venid Ya a prol da acollida a persoas refuxiadas
15.888 reubicadas de Italia ou Grecia que teñen que chegar antes do 26 de setembro de 2017.
Esiximos que se respecte o Dereito Internacional, os Dereitos Humanos e os compromisos asumidos. Un xeito de esixilo é mediante un contador de tempo con conta atrás que amosa os días, horas, minutos e segundos que quedan até a data final do 26 de setembro.
De mangos, pedras e paneis solares
/0 Comments/in Uncategorized @gl /by Daniel VilaResulta que as rapazas e rapaces tiran pedras aos mangos para que caian cando están verdes (están riquísimos pelados con sal e limón) e hai un mango perto da instalación de bombeo solar que se fixo en Varsovia (a 15 metros ou así)… e sí, unha pedra foi parar aos paneis… e sí, rompeu un dos paneis. A xente da comunidade viu que baixaba a potencia de bombeo… e as rapazas/ces confesaron, pobriños… A empresa que o instalou vaino cambiar, nun bo xesto cara a poboación.
Vai haber que instalar un cartel “non tirar pedras ós mangos verdes preto dos paneis”