NOVO PROXECTO: Mellora da Xestión Comunitaria da auga no sur de Honduras, fase 1

O proxecto deséñase como Fase 1 dun Programa de fortalecemento da Xestión Comunitaria da auga no sur de Honduras. A experiencia de ESF Galicia con a Asociación Hondureña de Xuntas Administradoras de Auga e Saneamento (AHJASA) neste compoñente, deixou unhas aprendizaxes e metodoloxías que permiten a réplica e ampliación orientando un programa específico en materia […]

NOVO PROXECTO. Mellora da sostibilidade da actividade marisqueira como fonte de ingresos de grupos de mulleres nos municipios de Amapala, Alianza, San Lorenzo e Marcovia, Honduras

Este proxecto é a Fase 1 dun programa de marisqueo, con vocación de continuidade, dentro do eixo de Soberanía Alimentaria de ESF Galicia, así como do Programa de Pesca e Marisqueo da nosa socia local CODDEFFAGOLF. O proxecto se realizará co apoio do Laboratorio de Enxeñería Cartográfica da UDC (Cartolab). Para o deseño traballouse coa […]

ESFRadio. Un tema de ESF ao mes: a cooperación para o desenvolvemento que queremos dende Galicia

Benvidas a ESFRadio, o podcast de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia. Xa mirando cara as vacacións de verán, quixemos aproveitar un encontro de reflexión da Coordinadora Galega de ONG de Desenvolvemento para coñecer a opinión dalgunhas das persoas que, en Galicia, están no día a día da cooperación ao desenvolvemento. Neste contexto de escaseza crecente de […]

Boletín Oficial ESFeiro: xullo 2022

CONTIDOS Vida Asociativa Honduras Mozambique Enlaces de interese Recomendación artística do mes E no próximo mes … A ESFrase do mes VIDA ASOCIATIVA     Xuño foi un mes de libros, a cal máis interesante. Presentamos en Santiago de Compostela ‘Resistencias, historias de mujeres que cambian el mundo’, coa súa autora, María Castro. En A Coruña […]

Identificando seguinte fase do programa de Dereito á Auga en Honduras

Esta temporada estivemos concretando accións para a seguinte fase do programa de Dereito á Auga en Honduras. Queremos seguir apoiando o fortalecemento técnico de unidades técnicas municipais dos municipios da Mancomunidade NASMAR (que agora pasaron de 7 a 9). Tamén continuar o desenvolvemento do programa de persoal técnico comunitario de AHJASA. Pero queremos fortalecer dúas […]

Empezando a colaboración en Mozambique

A xestión dos recursos hídricos e o fortalecemento das administracións responsables é unha prioridade en Mozambique. O desenvolvemento de actividades que vinculen melloras técnicas e procesos de xestión nun mesmo plan de acción, foi identificado como unha fórmula de éxito na cooperación galega coa administración da auga de Mozambique. O proxecto AquaMoz, Secara 3ª Fase […]