Temos visita! Delegación da Mancomunidade NASMAR Honduras

No marco do proxecto de fortalecemento de capacidades técnicas para a xestión pública da auga nos sete municipios hondureños conforman a NASMAR, financiado por Cooperación Galega da Xunta de Galicia e o Fondo Galego de Cooperación, unha delegación composta de seis alcaldes e unha alcaldesa dos sete municipios que compoñen a Mancomunidade de Municipios do Sur de Honduras (NASMAR), así como a súa coordinadora técnica, estarán en Galicia a vindeira semana coa idea de compartir experiencias na xestión pública da auga con municipios galegos, desde a visión do Dereito Humano á Auga.

O contexto dos municipios da NASMAR, situados nunha área do trópico seco, moi vulnerables ás secas e aos efectos do cambio climático, fan que a xestión da auga sexa un dos seus principais desafíos. En Galicia a xestión da auga empezou a poñerse en primeiro plano o ano pasado, coas alertas de seca, pero xa viña sendo obxecto de preocupación por falta de transparencia na tramitación de concesións, cortes de auga a persoas que non poden pagar o servizo, problemas graves de saneamento, etc.

A xestión municipal da auga é unha cuestión que afecta a todos os países, e moitas das problemáticas e solucións que se presentan son comúns a todos os territorios. A experiencia desta delegación servirá para compartir as experiencias duns e doutros municipios, as solucións adoptadas e os atrancos aínda existentes na xestión municipal da auga desde o enfoque do Dereito Humano á Auga.

AXENDA

LUNS 26. 10h. Coruña. Encontro no Reitorado da Universidade da Coruña coa Vicereitora de Relacións da UDC.
LUNS 26. 13:30h. Recepción por parte do Presidente da Deputación da Coruña no pazo Mariñán.
LUNS 26. 16:30h. Encontro con grupos de investigación da Universidade da Coruña. Sala de Xuntas da ETSE de Camiños, Canais e Portos.
MARTES 27. 11:30h. Encontro con delegación municipal en Arteixo
MARTES 27. 18:00h. Encontro con delegación municipal en Castrelo de Miño
MÉRCORES 28. 9h. Encontro con Alcalde de Santiago de Compostela e Concelleira Concha Fernández.
MÉRCORES 28. 11:30. Xornada aberta “O Dereito Humano á Auga desde a xestión municipal. Experiencias desde Honduras e Galicia”, na Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela. Encontro de intercambio de experiencias sobre transparencia na xestión da auga dende a administración local, desafíos nun contexto de cambio climático e a axenda 2030. Especialmente dirixido a persoal técnico e político das administracións locais galegas. Precisa inscrición, até luns 26 de novembro, en info(arroba)galicia.isf.es
MÉRCORES 28. 16h. Encontro con delegación municipal de Teo
XOVES 29. 10h. Santiago de Compostela. Encontro coa Subdirección Xeral de Cooperación da Xunta de Galicia.
XOVES 29. 12h. Santiago de Compostela. Encontro con Augas de Galicia.
VERNES 30. 19h. A Coruña. Encontro con base social de ESF
0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *