Boletín Oficial ESFeiro: xuño 2018
CONTIDOS
- Vida Asociativa
- Honduras
- Enlaces de interese
- Publicacións en físico
- E no próximo mes …
- A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
Xa temos aquí o resumo de todo o acontecido durante este mes na sempre activa vida esfeira. Rematou este curso a materia de Cooperación na Enxeñaría Civil na Universidade da Coruña e neste mes aprendemos, entre outros temas, sobre experiencias de enxeñeirxs en cooperación. O 5 de maio estivemos no día da ciencia na rúa na Coruña e falamos en Cuac FM sobre como poñer a ciencia e a tecnoloxía ao servizo do ben común. O 18 o noso Miño falou de participación e boa gobernanza na xestión da auga na facultade de Filosofia e Letras de Valladolid. Alí estivemos como en casa con Ingeniería Sin Fronteras Castilla y León. E chegou o gran día esfeiro…o 15 de maio fixéronse 25 anos desde que Enxeñería Sen Fronteiras constituíuse como Asociación. 25 anos de pensamento crítico e tecnoloxía para o ben común. Grazas a todas as persoas que o fixéstedes posible!! E para volver celebralo, estreamos o vídeo do XXV Aniversario de ESF. Atentxs, que non ten desperdicio… E para o vindeiro 15 de xuño, non te perdas a Feira Compostela+Solidaria coa Coordinadora Galega de Ongd. Por alí andaremos argallando nos portátiles, anímate! Dentro dos eventos de Compostela+Solidaria, até o 24 de xullo no museo do pobo galego podes ver a exposición Mulleres Tecedoras do Cambio, onde dúas ESFeiras aportaron sendas fotos de entre as 23 expostas.
HONDURAS
En Honduras, contamos como foi o primeiro ano de execución do proxecto financiado por Cooperación Galega da Xunta de Galicia en 2017 dentro do programa de Soberanía Alimentaria. Tamén se pode ver como rematamos o proxecto piloto de bombeo de auga con enerxía solar en El Fortín (municipio de El Triunfo), financiado pola Deputación da Coruña, dentro do outro gran programa que desenvolvemos en Honduras, o de Dereito á Auga. Por outra banda, non nos esquecemos do que ocorre en Nicaragua, país onde traballamos até 2010 e onde seguimos tendo alianzas. Esperamos que se vaia solucionando con diálogo,e que serva para ir fortalecendo o estado de dereito no país. Compartimos o manifesto dxs compxs de La Cuculmeca e o informe de Centro Humboldt
ENLACES DE INTERESE
Auga
- Agbar denuncia a tres activistas da Alianza Contra a Pobreza Enerxética
- Un juez del Supremo vinculado a Agbar rechaza un recurso sobre el precio del agua
Comunicación para o (como) desenvolvemento
Consumo responsable
- Iniciativas de reciclaje y consumo responsable que llegan desde África
- Comida procesada, o el arte de leer la etiqueta
- ¿Es segura una dieta vegana para nuestros hijos?
- Guía de compra pública responsable y del fomento de la contratación pública de entidades y empresas de la Economía Social
- Manifiesto Economía Social y Solidaria. Economía al servicio de las personas, el bien común y la sostenibilidad de la vida
- Hazte vegano si quieres salvar el planeta
Cooperación e ONGD
- Cooperación al desarrollo y palomitas
- Las mujeres protagonizan las ONG pero no las dirigen
- As Coordinadoras de ONGD reclaman transparencia na xestión dos fondos de cooperación nas administracións públicas
Educación para o desenvolvemento
Iniciativas
Investigación para o desenvolvemento
- Geografía de un Conflicto: Manglares vs Camaroneras
- Los trabajos del futuro quieren personas aún más humanas
Mundo
- Informe de la Situación Sociopolítica Ambiental actual de Nicaragua
- El intervencionismo de Estados Unidos en Latinoamérica
Políticas e modelos de desenvolvemento
- Plataforma pola sostibilidade do rural galego ou cabalo de Troia contra o rural?
- El Atlas de la Energía revela que es posible una generación 100% renovable en Europa
Sensibilización
- Una revista alemana describe un infierno de violaciones a mujeres y abortos en los campos de fresas onubenses
- Lo que se está ocultando a los usuarios de los móviles: su salud puede peligrar e a súa réplica Cuñadeando con el miedo a los móviles
- El devastador negocio del tráfico de arena
Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural
- India versus Monsanto: las semillas no se pueden patentar
- Cooperativismo agrario, ¿grande o pequeño?
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- Empresas explotadoras que «non saen do armario»
- Resource Watch: nuestro planeta, sus recursos y sociedades vistas como mapas y datos
- Pódese contar a ciencia en galego?
- Comercian con tus datos y no pagan impuestos
- ‘Social mapp’, una ‘app’ para los inmigrantes
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- Este prototipo artesanal de refrigeración combate las altas temperaturas de Nueva Delhi
- Crean batería a base de agua para aprovechar energía solar y eólica
- Internet en su vertiente científica: Predicción y prescripción ante la complejidad
Voluntariado e Persoas
- A una ingeniera: “Tengo una pregunta complicada, no creo que puedas ayudarme”
- Las campesinas que dijeron basta a los abusos en la venta de quinoa, la comida de moda
- Haydée Castillo: “Solo el pueblo salva al pueblo”
- Video. Mesías branco (o que non debes facer ao facerte fotos no teu voluntariado internacional)
- “Asumamos que a lingua non é só parte central da nosa identidade, senón tamén unha oportunidade”. Darío Janeiro, director xeral da Asociación PuntoGal
- Nice Nailantei, la guerrera masái que quiere acabar con la mutilación genital femenina en Kenia
- Mujeres en el punto de mira por su activismo: los ataques a defensoras suben un 30% en Centroamérica y México
- ENTREVISTA | Ehsan Ullah Khan. “En España se venden por todas partes productos hechos por niños esclavos”
PUBLICACIÓNS EN FÍSICO
(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).
Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.
Este mes:
- Tempo Exterior. Revista de análise e estudos internacionais. Nº 35 (xullo-decembro 2017). IGADI
- Cómo implementar los ODS en las ciudades. Un manual introductorio para quienes trabajan en el ámbito del desarrollo urbano sustenible. Sustainable Development Solutions Network.
E NO PRÓXIMO MES …
- 1 de xuño: remate do prazo para presentar traballos ao Premio Ingeniería Solidaria de Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras.
- 5 de xuño: Día Mundial do Medio Ambiente
- 8 de xuño: Día Mundial dos Océanos
- 12 de xuño: Día Mundial contra o Traballo Infantil
- 15 de xuño: feira Compostela Máis Solidaria, na Praza Roxa en Santiago de Compostela. Faremos dúas sesións dun obradoiro “argallando nos portátiles”.
- 16 de xuño: Día do Científico Galego
- 20 de xuño: Día Mundial dos Refuxiados
- 24 de xullo: remata a exposición Mulleres Tecedoras do Cambio, no museo do pobo galego, onde dúas ESFeiras aportaron sendas fotos de entre as 23 expostas
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais Facebook e Twitter.
A ESF-RASE DO MES
A tecnopolítica é unha capa do político e, sen o seu fundamento, está oca, resóa en baleiro. Os “me gusta” non cambian o mundo. O compromiso e a acción si.
Andoni Alonso
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!