Boletín Oficial ESFeiro: setembro 2026


CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Mozambique
  • Enlaces de interese
  • Recomendación artística-cultural
  • E proximamente …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

No verán, no programa ESF na Universidade, seguimos achegando a tecnoloxía para o ben común aos centros universitarios. Mantivemos encontros con persoas da Escola de Camiños para traballar na liña de base do centro que estamos a elaborar coas compañeiras de Pura Quiteria, e avanzamos na coordinación coa aula profesional da ETSE de cara ao curso 2026-2027. Tamén coñecemos os videoxogos serios desenvolvidos no Mestrado de Videoxogos da UDC, no marco dunha actividade de aprendizaxe-servizo. Falando de videoxogos, deixamos na web unha escolma de videoxogos que tocan dalgún xeito o tema de dereitos humanosColaboramos un ano máis no programa de mentoría Xuventude Mentoring, acompañando a Rocío nos seus proxectos. En agosto, celebramos en A Coruña o encontro Cooperantes polo mundo, e mantivemos en liña unha reunión de seguimento dun TFG da UDC que estará centrado na participación social de persoas afectadas por impactos nos territorios.

No programa Hackers Sen Fronteiras, reunímonos para avanzar na formulación da terceira edición do programa, contando con representación de centros como o FP Valdeorras, o FP Teis, o IES Brión e o IES Celanova. Tamén participamos en Santiago nos Premios Cidadanía Global da educación da CGONGD, onde foi recoñecido o proxecto de horta circular do IES de Valga do compañeiro Berto.

En Mulleres Bravas, mantivéronse varias reunións de coordinación para preparar a selección de participantes da edición de outono e a campaña de comunicación. En Santiago de Compostela, participamos na Escola de Verán da Gentalha do Pichel cun obradoiro sobre Comuneiras. O monte é noso, no que probamos novas regras para integrar o enfoque de xénero no xogo de mesa. Tamén fixemos unha proba do xogo didáctico A Nosa Terra en A Coruña

No programa ESF profesional, o mes comezou con varios Repair Cafés: na Pedreira, en Covelo e posteriormente en Tabeaio. Tamén se realizou o seguimento do obradoiro da Fundación Galicia Verde. En O Pino, celebramos o encontro ESFeiro de verán, un espazo para compartir e facer balance. Ademais, o compa Ginés deixounos un relato de utopía galega, para desfrutar.  Tamén neste programa, en Santiago de Compostela, mantivemos reunións para explorar novas colaboracións coa Fundación Galicia Verde e respaldamos a presentación do libro Remover la tierra. En A Coruña, celebramos un novo encontro dos Bancos de Reciclaxe de Galicia e, en Pontevedra, reunímonos coa concelleira para estudar un posible espazo para o Banco de Reciclaxe. Tivemos unha formación interna en liña de Conflitos, poder e outros esf-dramas, e continuamos o traballo sobre reparación, reutilización, soberanía dixital e defensa do territorio. Xa en agosto, visitamos a Estación Agroecolóxica de Vieiro para coñecer o seu proxecto de agroforesta sintrópica e compartir experiencias arredor do autoconsumo, o autoabastecemento e a colectivización do coñecemento. 

En traballo en rede, participamos en Santiago de Compostela no cuarto módulo formativo sobre feminismos na cooperación, dentro da formación interna da CGONGD e a Xunta. Tamén estivemos na Asemblea online da Revista Soberanía Alimentaria e na Asemblea da Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras, na que Pepe e Fran participarán na nova Junta Directiva de la Federación ISF. Durante xullo e agosto continuamos, ademais, tecendo alianzas con REAS Galicia, AGARESO, COXAPO, Ecos do Sur, Arousa en Transición e outras entidades e iniciativas comprometidas coa transformación ecosocial e preparando novos proxectos para continuar novas fases do programa ESF profesional e Hackers Sen Fronteiras.


HONDURAS

    No PCR – Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades, realizamos en liña a avaliación intermedia grupal do programa, coas participantes que están en Honduras. Ademais, celebráronse os encontros individuais con Alba Viqueira, Alba Campelo e Rubén, como parte da preparación da viaxe e do traballo conxunto con CODDEFFAGOLF. As tres foron deixándonos crónicas da súa visita, onde se pode ver a evolución: Alba V. e , Alba C. e , Rubén e .

    Dentro do eixo de traballo de Soberanía Alimentaria e Defensa do Territorio, no programa de restauración de Lagoas de Inverno que financia AECID e Cooperación Galega da Xunta de Galicia, houbo unha formación de primeiros auxilios para pescadorxs das aldeas da zona, así como outra sobre ofimática para xente moza. Dentro de programa de sistemas alimentarios resilientes, financiado pola AECID, houbo un obradoiro sobre denuncias de violencia de xénero


MOZAMBIQUE

Nos meses de xullo e agosto continuouse no programa AquaMoz traballando na formación práctica para a realización de estudos de inundacións empregando o software IBER e no acompañamento na monitoria da seca coas Administracións Rexionais da Augas de Mozambique (ARA). En relación a monitoria de inundacións comezouse o traballo práctico coas ARAs Sur e Centro para a análise da bacía do río Rebuvue, afluente do río Zambeze no que desemboca cerca da cidade de Tete. Destacar que a bacía que se está a estudar ten unha extensión de 16.400 km2, equivalentes, por exemplo, a superficie de todas as bacías xestionadas por Augas de Galicia. O traballo está orientado o fortalecemento institucional dos técnicos das ARA e ven a reforzar o traballo xa iniciado coa ARA Sul o cal se incorporou a ARA Centro.


ENLACES DE INTERESE

Activismo e persoas

Auga

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación 

Enerxía e cambio climático

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Pobreza e exclusión

Políticas e modelos de desenvolvemento

Soberanía alimentaria e defensa do territorio


Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o ben común


RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA-CULTURAL

    Este mes queremos chamar a atención sobre a figura de Zahra El Hasnaoui, poeta saharaui e, específicamente, sobre a súa obra ‘El Silencio de las Nubes’, que evoca o desexo de regresar a súa terra (algo que coñecemos moi ben en Galicia…).


E PROXIMAMENTE …

    Temos un novo apartado na nosa páxina web, onde se pode ver a axenda de próximos eventos ESFeiros ou que nos parecen interesantes pola temática. Ademais:5 e 6 de setembro: Encontro Burla Verde en Santiago de Arcos. Mazaricos7 de setembro: Día do Ar Limpo7 de setembro: sobre as 17:30, breve presentación de ESF na presentación do curso na Escola de Camiños, Canais e Portos en A Coruña8 de setembro: Día da Persoa Cooperante8 de setembro: Día Internacional da Alfabetización12 de setembro. 11-14h. Obradoiro “Fai o teu móbil seguro e privado”. Centro Social A Hedreira (Lugo). Inscríbete neste enlace.12 de setembro. 11-14h. Repair Café (obradoiro de reparación colectiva). Casino de Carballo.15 de setembro: Día Internacional da Democracia16 de setembro: Día Internacional da Preservación da Capa de Ozono17 de setembro: sobre as 12:30, breve presentación de ESF na presentación do curso na Escola Técnica Superior de Enxeñería en Santiago de Compostela19 de setembro (terceiro sábado de setembro): Día da Liberdade de Software21 de setembro: Día Internacional da Paz22 de setembro: Día global antifracking22 de setembro: Día Mundial sen Automóviles24 de setembro: 12 a 14h. Faladoiro “Introdución á Tecnoloxía para o Ben Común”. Escola Técnica Superior de Enxeñaría Compostela25 de setembro: 17 a 20h. Repair Café (obradoiro de reparación colectiva) no Museo Domus da Coruña28 de setembro: Día Mundial do Acceso á Información Pública29 de setembro: Día Internacional de Concienciación sobre a Perdas e o Desperdicio de Alimentos1 de outubro: 12 a 14h. Faladoiro “Tecnoloxía e enxeñaría para os Dereitos Humanos noutras realidades”. Escola Técnica Superior de Enxeñaría Compostela

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia  consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD


A ESF-RASE DO MES

    Microsoft e Google non só dictan a axenda da disciplina, senón que extenden a súa influencia ao impoñer a IA como método de invención en ámbitos como a saúde, a climatoloxía ou as ciencias sociais. Ao deixar que as súas prioridades permeen a axenda pública, sufrimos no solo un extractivismo de conocimiento, sino también lo que llamo “totalitarismo epistémico»: nuestra forma de pensar queda configurada por intereses corporativos

Cecilia Rikap

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.