Boletín Oficial ESFeiro: setembro 2024
Xa que en xullo e agosto non tivemos versión sonora dos boletíns, traemos nesta ocasión o Boletín Sonoro do Verán 2024, se prefires versión podcast. Se non, segue lendo!
CONTIDOS
- Vida Asociativa
- Honduras
- Mozambique
- Enlaces de interese
- Recomendación artística
- E no próximo mes …
- A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
En agosto, concretouse a creación do Punto Lila na nosa páxina web. Tivemos tamén un par de sesións da serie de obradoiros sobre electrificación de bicicletas, aprendendo a soldar e o mantemento de baterías. Ademais, Enxeñería Sen Fronteiras quedou por fin rexistrada como Entidade de Carácter Ambiental de Galicia.
HONDURAS
No programa de restauración de lagoas de inverno, dentro do eixo de traballo que temos sobre soberanía alimentaria, houbo monitoreo de peces e crustáceos. Siguen os traballos de limpeza de canles de abastecemento da lagoa de O Quebrachal e tamén da reforestación do manglar. Houbo tempo para unha xira de intercambio de experiencias onde persoas involucradas na restauración da lagoa da Berbería compartiron con outras da lagoa de Guapinol. Ademais, fíxose unha actividade dando a coñecer os ecosistemas das lagoas de inverno cunha visita dun centro educativo. Aquí deixamos unha entrada na web resumindo as distintas actividades deste programa.
Dentro do eixo de traballo de Dereito á Auga, as obras do abastecemento de auga de El Sartenejal avanzan a bo ritmo, incluindo un 𝗧𝗮𝗹𝗹𝗲𝗿 𝗱𝗲 𝗟𝗶𝗱𝗲𝗿𝗮𝘇𝗴𝗼 𝗰𝗼𝗻 𝗘𝗻𝗳𝗼𝗾𝘂𝗲 𝗱𝗲 𝗚𝗲́𝗻𝗲𝗿𝗼 𝗲 𝗜𝗻𝗰𝗹𝘂𝘀𝗶𝗼́𝗻 na comunidade. Ademais, houbo acción de arte social ambiental en Moropocay con estudantes da escola.
Sandra, Martina e Víctor, participantes no Programa de Coñecemento da Realidade, mandáronnos varias crónicas do que están a vivir en Honduras. Ademais, Sandra compartiunos un mapeo de organizacións feministas do sur de Honduras.
MOZAMBIQUE
En agosto déuselle continuidade o traballo coas 3 Administracións Rexionais da Auga de Mozambique (Sur, Centro e Norte) para a monitoria da seca, a análise de precipitacións e o estado de encoros e tamén se traballou nas análises preliminares para os estudos de inundacións. Neste mes avanzouse no apoio ao traballo de fin de máster en hidroloxía dun técnico da ARA Sur baseado en estudos realizados no ámbito do proxecto. No mes de setembro terá lugar unha misión a Mozambique centrada no traballo coa ARA Sur en inundacións.
ENLACES DE INTERESE
Activismo e persoas
- Revista Internacional de Estudos Feministas. Vol. 9 Núm. 2 (2024). Feminismos e desenvolvemento: unha cartografía necesaria do poder na cooperación internacional
- Jane Goodall, de visita en la Argentina a sus 90 años: “Mi misión ahora es ir por el mundo y dar esperanza a la gente”
- ¿Hay una única forma de habitar la masculinidad? La historia de hombres que suman sus voces al movimiento feminista
- María Alemán (campesina hondureña): “Cada noche me vigilan cuatro drones”
Auga
- Das 794 masas de auga de Galicia o 7,7% ten deficiente estado ecolóxico e o 2% químico: os deberes do saneamento
- LEMBRANZAS. VIDEOPODCAST UVigo. De quen é a auga? 15 de mar. de 2024
Consumo responsable
Cooperación e ONGD
- Axuda humanitaria galega: unha política pública esencial nun mundo en crise
- El perfil del cooperante gallego en el exterior: mujer, menor de 45 y en sintonía con ONG locales
Educación para o desenvolvemento
Enerxía e cambio climático
- “As comunidades enerxéticas falan de cooperación, xustiza e humanidade”
- A gran revolución de Tameiga, a parroquia que vive do autoconsumo enerxético
Iniciativas
- Desgooglicemos internete: https://framasoft.org/es/
- A solidariedade galega con Palestina non cesa: 26 localidades acollen esta segunda feira mobilizacións contra o xenocidio
Investigación para o desenvolvemento
- ¿El mejor negocio del mundo? Las editoriales científicas disparan los precios y multiplican su facturación
- Detectan rastros de un pesticida ilegal en la orina del 60% de niños españoles
Mundo
- HONDURAS: La diversidad garífuna a la caza de su tierra prometida
- NICARAGUA: Informe «Nadie se va porque quiere» expone el desgarrador exilio desde las voces de nicaragüenses
Pobreza e exclusión
- Personas con discapacidades invisibles se enfrentan al cuestionamiento o a que les nieguen adaptaciones
- Guía de comunicación inclusiva y accesible para la creación de contenidos
Políticas e modelos de desenvolvemento
Soberanía alimentaria e defensa do territorio
- LEMBRAMOS. Dry Land for Thirsty Data
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- Fake You – An Activist’s Guide to Defeating Disinformation. Don’t blame the people; don’t blame the Internet. Blame the power
- No one’s ready for this. Our basic assumptions about photos capturing reality are about to go up in smoke
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA
Este mes traemos música reivindicativa, co “Rap de Altri das cachenas“.
E NO PRÓXIMO MES …
- 7 de setembro: Día do Ar Limpo
- 8 de setembro: Día da Persoa Cooperante
- 8 de setembro: Día Internacional da Alfabetización
- 9 de setembro: sobre as 17:30, breve presentación de ESF na presentación do curso na Escola de Camiños, Canais e Portos da UDC
- 9 de setembro: Ciberfaladoiro coas participantes no Programa de Coñecemento doutras Realidades que están en Honduras (enlace ao anuncio na nosa canle de telegram)
- 13 de setembro: Repair Café na Domus a Coruña, de 17 a 20h
- 13 de setembro: data límite para apuntarse ao 1º Festival da Facilitación de Grupos de Galicia (Facifestia), que será o 21 de setembro no espazo Ecolectivo en Vigo
- 15 de setembro: Día Internacional da Democracia
- 16 de setembro: Día Internacional da Preservación da Capa de Ozono
- 21 de setembro (terceiro sábado de setembro): Día da Liberdade de Software
- 21 de setembro: Día Internacional da Paz
- 22 de setembro: Día global antifracking
- 22 de setembro: Día Mundial sen Automóviles
- 28 de setembro: Día Mundial do Acceso á Información Pública
- 29 de setembro: Día Internacional de Concienciación sobre a Perdas e o Desperdicio de Alimentos
- 14 de outubro: data límite para inscribirse no IV Simposio Internacional de Aprendizaxe-Servizo na Universidade, a celebrar o 18 de outubro
- 17 de outubro: Encontro Nos Plantamos
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD
A ESF-RASE DO MES
A tecnoloxia ofrécenos unha excusa para non afrontar problemas sociais cada vez máis críticos.
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!