Boletín Oficial ESFeiro: novembro 2022
Aquí tes a versión sonora do boletín!
CONTIDOS
- Vida Asociativa
- Honduras
- Mozambique
- Enlaces de interese
- Recomendación artística
- E no próximo mes …
- A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
Este mes xa se publicou o manifesto que apoiamos dende ESF de Agroecoloxía ou Barbarie. A finais de mes participamos nun Café do Mundo sobre Renda Básica Universal (recuperamos un video moi chulo sobre este instrumento de mellora da igualdade entre as persoas e aseguramento de dereitos), que servía para inaugurar o XXI Simposio Red Renta Básica.
Dentro do programa de tecnoloxía para o ben común nas escolas técnicas das universidades galegas, fixémonos eco do TFG presentado en setembro na EPS de Lugo, no Grao de Enxeñería Forestal e do Medio Natural.
Na Coruña tivemos ocasión de cacharrear grazas ao Cafe Repair que organizamos na Domus. Falando de reparar, os Bancos de Reciclaxe con Software Libre siguen traballando, e tiveron tempo de facer unha pausiña para a súa reunión anual, que desta volta foi en Melide. Ademais, houbo unha formación na Coruña sobre tratamento de datos dixitais e seguridade dixital.
Tamén foi un mes para dar a coñecer o programa Secara de Mozambique, cun faladoiro informal en Santiago, e tamén en Santiago unha xornada máis técnica enfocada ás persoas de Augas de Galicia.
Estivemos, dentro do noso programa Hackers Sen Fronteiras, no IES Valadares de Vigo falando de Electrónica Ética, e no IES San Rosendo de Mondoñedo falando de tecnoloxía para o ben común.
Rematamos o mes de xeito grandioso na reunión de todas as ISF de España, á que chamamos “Cósmica“, que 8 anos despois volvía a Galicia, na cidade de Lugo. Grabamos un programiña de ESFRadio para contar como foi.
HONDURAS
En Honduras, Raquel (a nosa representante-país Honduras) estivo falando sobre Comercio Xusto a compoñentes da Red de Jóvenes por el Clima. Tivemos unha visita dunha delegación de Vía Campesina, cunha persoa do Sindicato Labrego Galego nela (sindicato que é a rama de Vía Campesina en Galicia). En outubro viaxaron a Honduras Mateo e Carmen, participantes no Programa de Coñecemento da Realidade, que se uniron a Nicole, que xa viaxara a finais de setembro. Xa empezaron a chegar crónicas das súas experiencias na estacia, que se prolongarán entre mes e medio e 3 meses.
MOZAMBIQUE
En Mozambique, tras a visita de Víctor e Manuel, vai vento en popa o inicio do traballo coa Administración Rexional da Auga do Norte. Tamén continua o traballo coa ARA-Sul, que xa está subindo os boletíns de seca á súa web.
ENLACES DE INTERESE
Auga
- Medidas domésticas útiles para afrontar las futuras sequías
- Derechos humanos al agua potable y al saneamiento de la población de las zonas rurales empobrecidas
Consumo responsable
Cooperación e ONGD
- Cooperación: avanza, pero queda a medio camino de los compromisos asumidos para la legislatura
- As comunidades autónomas, lonxe do compromiso do 0,7%
- Informe 2021 da Cooperación Galega
- ¿Son estos los presupuestos que necesita la reforma del sistema de cooperación?
Educación para o desenvolvemento
- Objetivo: 28.000 centros educativos trabajando por el clima
- Cara a unha pedagoxía antirracista
- Curtametraxe. Unha illa no medio do mar. Do alunado do IES Valadares
- Non podemos crer que se fale en serio de ameaza nuclear. Hai entidades que deseñaron material educativo sobre o tema, como Outrider, incluíndo un simulador de como afectaría na túa zona. Xa anteriormente se fixeran outros simuladores.
Enerxía e cambio climático
Iniciativas
- Crowfunding. Documental “Sintrópica. Semillas de Cambio”. Un documental para acercarse a la agricultura sintrópica
- Enxeñería solidaria para rachar coa fenda dixital: “Ter acceso á rede é unha necesidade básica”
- Nova vida para Vieiros: un proxecto de pastoreo busca atraer poboación a unha aldea do Courel deshabitada durante anos
- Radio Libremente (radio e podcast do centro penitenciario de Monterroso)
Investigación para o desenvolvemento
- Informe: «Negocios probados en combate. Exportar la marca ‘made in Israel’ para mantener la ocupación y normalizar la injusticia»
- Informe: Planeta Vivo 2022
- Análisis comparativo de los programas de rehabilitación del Plan de Recuperación
Mundo
- AMÉRICA LATINA: El hambre aumenta en América Latina mientras sus exportaciones de alimentos baten récords
- MOZAMBIQUE: Cerca de un millón de desplazados a causa de la violencia desde 2017 en Cabo Delgado, en el norte de Mozambique
- SAHARA OCCIDENTAL: La falta de comida amenaza al pueblo saharaui: solo tienen provisiones de emergencia para dos meses
- SAHARA OCCIDENTAL: Los campamentos de refugiados saharauis resisten a hombros de las mujeres: “Ellos van al frente, nosotras sostenemos la vida”
- El 12 de octubre y la colonialidad del poder
Pobreza e exclusión
Políticas e modelos de desenvolvemento
- PODCAST. El Taller del Postcrecimiento, episodio 1. ¿Qué es todo esto del postcrecimiento?
- Antonio Turiel. El porqué de un llamamiento
- Crónicas dun viaxeiro no tempo
- Nadar con armadura, o cómo el gasto militar nos aboca al desastre
- Injusticia ambiental, crisis climática y migraciones
- Gandería e transportes xa son os maiores emisores de gases de efecto invernadoiro en Galicia
- En la COP27 se puede conseguir un futuro seguro y justo para todas las personas
Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural
- Otro modelo agrícola es posible
- El boom de la minería: patrones e impactos de la expansión de la industria extractiva en España
- Como se traballa no campo para reducir a pegada ambiental das granxas?
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- Unha aplicación galega facilita o acceso a contidos culturais a persoas en risco de exclusión
- Un de cada cinco fogares galegos carece de acceso a internet de alta velocidade
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- Bastones guía para ciegos: qué indican sus colores
- These Technologies Help You Live Lightly on a Fragile Planet
- Programa Carne Cruda. Que trabajen los robots. Imaginamos Mundos Posibles con Esther Sánchez y nos preguntamos cómo podríamos crear un mundo laboral diferente
- The Exploited Labor Behind Artificial Intelligence
- Diseñar ciudades por y para mujeres
Voluntariado e Persoas
- José Alberto Izaguirre salió de Honduras con su familia tras el asesinato de su hermano.”Huimos por miedo a que nos mataran y no buscamos ayudas, solo trabajar”
- Remedios Zafra, ensayista: “La tecnología que aparenta estar al servicio de las personas, en realidad está al servicio del capital”
- Pensaba que no eras como todas
- Pepe Mujica habla de tecnología
- Entrevista á Dra. Eulalia Perez Sedeño, que analiza a desigualdade de xénero nas áreas tecnolóxicas, teito de cristal na investigación científica, etc.
- Suljaa’: Tejiendo el río
- Juan Fueyo, oncólogo y neurólogo: «La sexta extinción en la Tierra ha comenzado»
RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA
Este mes volvemos á música. Recomendamos a canción Hombre, de Pedro Pastor, no seu álbum Vulnerables.
E NO PRÓXIMO MES …
- 4 de novembro: Día da Ciencia en Galego
- 10 de novembro: Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento
- 11 de novembro: formación interna sobre seguridade dixital. 13h na sede da Coruña na Escola de Camiños
- 15 de novembro: POR CONFIRMAR. Ciberfaladoiro“Que é unha moeda social?”. Será en https://meet.isf.es/CiberfaladoirosESFGalicia ás 19h
- 16 de novembro: Día Internacional para a Tolerancia
- 19 de novembro: Día do Saneamento
- 20 de novembro: Día Universal dos Dereitos das Nenas e Nenos
- 24 de novembro: Día de acción global contra as inversións explosivas
- 25 de novembro: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres
- 29 de novembro: Día Internacional da Solidariedade co Pobo Palestino
- POR CONFIRMAR: 26-27 de novembro ou 3-4 de decembro. Xuntanza e Asemblea Xeral da base social de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
A ESF-RASE DO MES
Estamos investindo o noso tempo e os nosos esforzos en tecnoloxías que non están deseñadas para axudarnos a afrontar a crise do noso tempo, que é a crise climática. Están deseñadas para controlarnos e enfrontarnos
Marta Peirano
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!