Aprendizaxe-Servizo na materia de Xogos Serios, no Mestrado de Videoxogos da Universidade da Coruña

Trátase dunha experiencia que impulsamos coa profesora Luz Castro, colaboradora de ESF e membra da Rede Artigo9Tech, dentro do programa ESF na Universidade, que financia Cooperación Galega da Xunta de Galicia.

Dous grupos da materia Xogos Serios (serio non é o contrario de divertido), que imparte en Ferrol no Mestrado en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos, desenvolveron durante o curso sendos xogos, a partir dunha serie de ideas propostas que dende os grupos adaptaron segundo os seus intereses. Hai uns días presentaron os produtos do seu traballo, e quedamos moi impresionadxs.

Aquí volos presentamos.

Un deles é El peso de quedarse. Un xogo que trata de reflexar as dificultades para persoas migrantes, de xeito que poidamos valorar os esforzos e penalidades de quen simplemente trata de buscar unha vida digna (algo ao que temos dereito todas, sen importar onde sexa o noso lugar de nacemento). é un xeito de xenerar empatía, reflexión e sensibilización sobre o fenómeno migratorio e as persoas que hai detrás. Céntrase sobre todo en representar a situación de persoas provintes de Colombia, Venezuela, Perú ou Ecuador (houbo xente destas nacionalidads involucradas no deseño). Aquí se pode probar o seu primeiro capítulo.

O outro é Corueconomía, onde recén acabada a carreira tratas de abrirte paso vivindo na Coruña. Compaxinar os traballos aos que podes acceder segundo o que estudaches, onde queres vivir na cidade e os gastos do día a día pode ser algo moi estresante. O acceso á vivenda e ese estrés vital son temas moi sentidos pola xente nova, e o xogo nolo fai sentir en primeira persoa. Pódese descargar aquí para probalo.

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.