8M. Visibilizando a mulleres bravas de Honduras!
Nunha preciosa campaña impulsada dende AECID-Honduras, presentáronse distintas mulleres traballadoras e lideresas das que colaboran coas distintas ONGD españolas presentes en Honduras. Queremos presentarvos ás que temos a sorte de coñecer e coas que compartimos esforzos nos programas que EnxeñerÃa Sen Fronteiras impulsa no sur de Honduras, neste caso en colaboración con CODDEFFAGOLF e financiación da Cooperación Galega da Xunta de Galicia.
Neste enlace pódense ver as imaxes de catro delas:
- Lorena Núñez, presidenta do grupo de mulleres marisqueiras de San Lorenzo
- Nelly Villagra, do grupo de mulleres marisqueiras de San Lorenzo
- MarÃa Teresa Flores, emprendedora do grupo de mulleres marisqueiras Estrellas del Mar de Marcovia
- Mariela Burgos, presidenta do grupo de mulleres marisqueiras Estrellas del Mar de Marcovia
Neste outro pódese coñecer ao resto:
- Dania Brugos, comercializadora de alimentos (marisco e tortillas)
- Grupo de mulleres marisqueras emprendedoras
Aproveitamos para lembrar a visita doutras 6 mulleres bravas a Galicia hai xa ano e medio. A de cousas que pasaron dende aquela…
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!