ESFRadio: Eólicos vs Biosfera
Segundo programa do formato de ESFRadio “Un tema de ESF Galicia”, que estreamos este 2022. Son programas que esperamos sacar unha vez ao mes onde afondar nun tema que nos interese, dando a coñecer actividades que facemos en ESF Galicia relacionadas co mesmo.
Este programa se puido realizar grazas ao apoio do Concello de Lugo, coas axudas para proxectos de sensibilización na súa convocatoria de 2021.
Este mes o tema é “Eólicos vs Biosfera“, e o encadramos dentro do noso proxecto Mulleres Bravas. Coas nosas invitadas, tocamos a problemática da extensión sen control dos parques eólicos, seguindo un modelo extractivista en vez de aproveitar o seu potencial descentralizador e máis sustentable para avanzar nunha transición enerxética xusta. Neste caso, centrarémonos no impacto destes parques nas reserva da biosfera de Galicia. Tocaremos ademais temas máis técnicos de “trampiñas” para fragmentar parques de xeito que sexan máis sinxelos os trámites de avaliación de impacto ambiental. Tamén falaremos da Alianza Energía y Territorio, onde a poboación afectada por este descontrol eólico se agrupa para alzar a voz. ESF acaba de adherirse á Moratoria científica Reservas de la Biosfera promovida por esta alianza.
Para iso, falamos con:
- Margarida Prieto – Sindicato Labrego Galego
- Aranza González – Plataforma Aire Limpo nas Mariñas Mandeo
- Carmen Molejón – Plataforma Xente de Oscos-Eo
Pódese escoitar en Spotify e tamén aquí:
Produción e montaxe: Jorge Lama
Narración e entrevista: Marc Romero
Guión: Carmen Molejón
Imaxe desta nova sacada do Informe Macroeólicos Galicia, de MonferoDiNon
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!