Honduras. Entrega de personería xurídica a grupos de economía local
Esta semana foi a entrega de personerías xurídicas aos grupos “Triunfadores del Golfo” da comunidade de Nueva Concepción e “Agua Caliente en acción” da comunidade de Agua Caliente, municipio de El Triunfo.
Trátase dunha actividade dentro do Proxecto de Restauración de las lagunas de invierno como medio de vida de las poblaciones pesqueras de Namasigüe y El Triunfo, financiado pola Cooperación Galega e AECID.
O propósito desta iniciativa é facilitar a inserción formal destes grupos na vida económica local, promovendo actividades alternativas que estean vinculadas ás lagoas de inverno como medio de subsistencia. Esta estratexia busca diversificar as fontes de ingresos e fortalecer a autonomía económica das comunidades involucradas.
O evento de entrega contou coa presenza activa da asemblea dos grupos beneficiarios, así como do presidente da Xunta Directiva e a Dirección Executiva de CODDEFFAGOLF (a socia coa que traballamos no programa de soberanía alimentaria no Golfo de Fonseca). Asimesmo, contouse coa participación de membros da seccional (unha das zonas xeográficas nas que se articula a base social de CODDEFFAGOLF) de pescadorxs de Agua Caliente.
Trackbacks & Pingbacks
[…] En Honduras estívose entregando a personería xurídica das agrupacións de productoras, dentro do Programa de Soberanía Alimentaria. No mesmo programa, despois das correspondentes […]
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!