Boletín Sonoro ESFeiro: xullo 2021

Chega o Boletín Sonoro ESFeiro en ESFRadio, a versión podcast do noso Boletín Oficial ESFeiro. En 5 minutiños podes coñecer o que fixemos en xuño en Galicia e Honduras, novas sobre tecnoloxía e dereitos humanos, axenda de eventos vindeiros e a ESFrase do mes. Se che gustan os podcasts, apúntate a ESFRadio! Pincha aquí para […]

Boletín Oficial ESFeiro: xullo 2021

    Este mes, tras varios contactos a través da Coordinadora Galega de ONGD, tivemos a decepción coa Xunta de Galicia de que non atendera a nosa petición de considerar ao persoal cooperante como prioritario para a vacina contra a COVID19, tendo que esperar a súa quenda por idade nos casos en que van facer algunha […]

Crónica do ciberfaladoiro “Homes feministas, grupos mixtos e desempoderamento”

Esta semana tivemos o primeiro (seguro que haberá máis!) ciberfaladoiro mixto entre persoas do grupo de homes polas masculinidades alternativas de ESF (micromachiños) e mulleres de ESF. Empezamos forte, co tema “Homes feministas, grupos mixtos e desempoderamento”. Un dos desencadeamentos para falar deste tema foi este artigo, que compartiuse tanto no grupo mixto de telegram […]

Boletín Sonoro ESFeiro: xuño 2021

Aínda que algo máis tarde este mes, non faltamos á cita co Boletín Sonoro ESFeiro en ESFRadio, a versión podcast do noso Boletín Oficial ESFeiro. En 5 minutiños podes coñecer o que fixemos en maio en Galicia e Honduras, novas sobre tecnoloxía e dereitos humanos, axenda de eventos vindeiros e a ESFrase do mes. Se […]

Patrimonio e software libre na educación secundaria: mapatón no IES Castro da Uz, As Pontes.

Un Mapatón é unha reunión organizada de persoas para agregar datos a OpenStreetMap (que nos gusta definir como unha sorte de “wikipedia xeográfica” onde todo o mundo pode aportar). Este pode ser un proxecto para mellorar o mapa dunha área local, ou para a axudar ós equipos de resposta en terreo durante un desastre, ou […]

Boletín Oficial ESFeiro: xuño 2021

CONTIDOS Vida Asociativa Honduras Enlaces de interese A recomendación artística do mes E no próximo mes … A ESFrase do mes VIDA ASOCIATIVA No mes de maio agromaron varios novos grupos de traballo en ESF: Grupo Mozambique, que estará argallando actividades para coñecermos mellor este país (unha durante xuño en Compostela, atenta!), Grupo de Tecnoloxía […]