Boletín Oficial ESFeiro. Xullo 2019

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

Parece que xa se vai acercando o verán, tempo para desconectar un pouco da rutina e recuperar forzas para volver con máis e novas ideas e actividades!!

O pasado 13 xuño en A Coruña tivemos a nosa Asemblea Anual Ordinaria e, despois, un obradoiro para soñarmos co futuro da asociación e pensar o seu papel neste mundo de hipertecnoloxía.

O 29 de xuño estivemos con xente da rede Contraminaccion preocupada polo ben común, aprendendo sobre temas técnicos de almacenamento de residuos mineiros co doutor Steven Emerman, todo un pracer escoitalo!

ESF forma parte da rede Cousa de Raíces, que promove o bosque autóctono. Se ben non estamos moi activas na rede, estamos ao tanto das actividades e hai xente da organización que participa nalgunha delas. Se tes interese en impulsar algunha cun grupiño en ESF, adiante!!

Seguimos a denunciar o que está a ocorrer en Nicaragua. Desta volta, un antiguo colaborador de ESF que foi intimidado no aeroporto á volta ao seu país.

A mediados de xuño, quedou seleccionada a persoa que viaxará a Honduras en agosto para participar na Red de Jóvenes en Acción por el Clima. Parabéns a Zoe!

Por último, resaltar que, coincidindo co Día do Tetris, presentamos “Tet-HR-is, o tetris dos Dereitos Humanos”. Para xogar no verán!


HONDURAS

En Honduras, continúa o traballo nos dous programas (dereito á auga, e defensa do territorio e da soberanía alimentaria).

E que mellor noticia para comezar o verán que dicirvos que acadamos financiación de 225000 euros da Xunta de Galicia para continuar o programa de dereito á alimentación e soberanía alimentaria, co proxecto de “mellora da sustentabilidade da actividade marisqueira como fonte de ingresos de 7 grupos de mulleres marisqueiras nos municipios de Amapala, San Lorenzo e Marcovia, Honduras”,xunto a Cartolab e Coddeffagolf. Iremos contando como vai!!!

Ademais, 35 persoas de diversas organizacións e redes de defensoras de dereitos do sur de Honduras, obtiveron o diplomado sobre “Formación Política y Derechos Humanos”, que impulsamos dentro do programa de defensa do territorio (impulsado con CODDEFFAGOLF e o apoio financieiro da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo).

Dentro do programa de promoción do dereito á auga, tivo lugar a Asemblea municipal de xuntas de agua Namasigüe. Alí comparten loita e experiencias das xuntas de auga veciñal de cada aldea do municipio, e buscan xeitos de apoio mútuo e de incidencia política cara quen ten que proveer ese dereito. En Honduras, por lei, serían as alcaldías, que teñen poucos recursos económicos e técnicos, de aí o doble traballo do programa de ESF: fortalecemento ás alcaldías para que poidan dar ese servizo, e traballo coas xuntas de auga para que esixan os seus dereitos e simultáneamente poidan ir xestionando o recurso co apoio da alcaldía, ou pola súa conta mentres ese apoio non chega. O equilibrio é complexo, porque non se desexa cargar sobre as veciñas toda a responsabilidade de asegurar o seu dereito á auga puenteando ás alcaldías. A alianza coa Mancomunidade NASMAR (7 municipios do sur de Honduras), e con AHJASA, pretendemos que axude a manter este equilibrio.

Por outra banda, a situación do país está lonxe de normalizarse, con militarización acelerada e manifestacións de protesta (con “tranques“) por intentos de privatización de saúde e educación.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Activismo e Persoas


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.
Este mes:

  • Lo que hay que tragar. Gustavo Duch
  • La quinta libertad. Noam Chomsky


E NO PRÓXIMO MES …

Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.


A ESF-RASE DO MES

Por que poden as plantas nanotecnolóxicas superar e arroiar ás plantas de verdade? Por que as bacterias nanotecnolóxicas poden superar e aroiar ás bacterias reais? Porq que pode a nosa cultura da máquina competir e arrasar ás verdadeiras culturas vivintes? Porque as máquinas son máis eficientes que os seres vivos. E por que son as máquinas máis eficientes? Porque as máquinas non devolven nada. Todos os seres vivos entenden que deben devolver ao medio tanto como collen del. Se non o fan, destruirán o seu medio. Por definición, as máquinas (e a xente e as culturas convertidas en máquinas), non devolven nada. Usan. Usan ata o agotamento. Isto lles da vantaxes a curto prazo sobre as posibilidades de determinar os beneficios. Son máis competitivas. Arrasan. Destrúen.
Derrick Jensen (Bienvenidos a la máquina. Ciencia, vigilancia, cultura del control)

1 reply

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.