Fragmentos sobre tecnociencia na educación, traballo e organización política

A continuación, na nosa liña de divulgación en galego no eido da tecnoloxía para as persoas, queremos compartirvos tres fragmentos doutras tantas publicacións que, ao noso parecer, reflexionan moi axeitadamente sobre aspectos importantes da nosa sociedade e como a tecnociencia inflúe neles: a educación, o modelo político e o traballo.

EDUCACIÓN

Fragmento de La Universidad Comprometida, de Vicente Manzano, páxina 171 do libro.

En boa medida, a evolución ética é consecuencia da evolución do pensamento humano. Padezo unha profunda indignación cando observo que o respecto ofrecido ao coñecemento técnico é moi superior ao que se orienta cara ao ético. A xustificación é unha profunda e sesgada ignorancia. No imaxinario colectivo, a evolución da sociedade atópase moi ligada ao progreso tecnolóxico, á abundancia de recursos creados pola combinación de ciencia e tecnoloxía. Esta impresión deixa orfa á ética, a pesar da inxente enerxía implicada ao longo dos anos e de multitude de persoas para ir conformando imaxes ao redor da forma de estar no mundo.

Talvez, a principal consecuencia daniña do paradigma da simplicidad foi separar a técnica da ética, a ciencia da conciencia. A compartimentación froito da segmentación dos problemas e as tarefas de análises, levanta multitude de muros que impiden facer preguntas relevantes, ter visión de conxunto e promover un pensamento complexo. O coñecemento simplificado faise para ser engranado en sistemas anónimos. É independente de quen coñece. E xérase por unha inercia imperante para a que cada xerador individual non é máis que unha peza irreflexiva do sistema que, desta forma, libérase de encargarse dos problemas humanos.

MODELO POLÍTICO

Fragmento de Noam Chomsky | Michel Foucault. A natureza humana: xustiza versus poder (Páxinas 33 34, preguntas do público)

En canto á idea que talvez axexaba na súa pregunta -unha idea que adoita expresarse a miúdo- respecto de que hai algún imperativo técnico, algunha propiedade da sociedade tecnolóxica avanzada que esixe un poder e unha toma de decisións centralizados -e moitas persoas afírmano, desde Robert McNamara cara abaixo-, ao meu entender é algo completamente absurdo, nunca ouvín ningún argumento no seu favor.

Paréceme que a tecnoloxía moderna, como a tecnología do procesamento de datos ou da comunicación, entre outras, ten precisamente o efecto contrario. Isto significa que a información e a comprensión relevantes poden transmitirse a todos en forma rápida. Non debe estar concentrada nas mans dun pequeno grupo de administradores que controlan todo o coñecemento, a información e a toma de decisións. Por iso penso que a tecnoloxía pode ser liberadora, ten a propiedade de ser potencialmente liberadora; convértenna, como a todo o demais, como ao sistema de xustiza, nun instrumento de opresión porque o poder está mal distribuído. Non creo que haxa nada na tecnoloxía moderna ou na sociedade tecnolóxica moderna que nos conduza cara a unha centralización do poder; máis ben, opino o contrario.

TRABALLO

A Fin do Traballo. Jeremy Rifkin. https://es.wikipedia.org/wiki/El_fin_del_trabajo

Por primeira vez na historia moderna moitos seres humanos poderían quedar liberados dun grande número de horas de traballo, e así adquirir unha maior libertade para levar a cabo máis actividades de lecer. As mesmas forzas tecnolóxicas poderían, sen embargo, levarnos a maiores niveis de desemprego e a unha depresión de ámbito internacional. O feito de que nos espere un futuro de utopías ou de realidades depende, en grande medida, de como queden distribuidas as ganancias na productividade durante a era da información. Unha distribución xusta e equitativa das melloras na productividade requeriría unha redución a nivel mundial nas horas de traballo semanais e un esforzo conxunto entre todos os gobernos centrais para xenerar empregos alternativos no terceiro sector – na economía social- para aqueles cuxo traballo xa non é útil no mercado. Se, a pesares de todo, non se reparten as enormes ganacias de productividade, resultado da revolución propiciada pola alta tecnoloxía, senón que se emprega principalmente para aumentar os beneficios das empresas, para outorgar maiores dividendos aos accionistas, para retribuir mellor aos altos executivos das multinacionais, así como para a emerxente elite de traballadores implicados nos novos coñecementos da alta tecnoloxía, as probabilidades de que as crecentes diferencias entre os que o teñen todo e os que non teñen nada conducirán, sen dúbida, a disturbios sociais e políticos a escala internacional.

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.