Nova visita de seguimento a Mozambique, programa AquaMoz

A pasada semana houbo unha nova visita técnica a Mozambique, dentro do programa AquaMoz.

Durante a visita técnica traballouse na mellora da xestión das inundacións incidindo especialmente na revisión e análise da normativa relacionada. O traballo formulouse a diferentes niveis:

  • cos membros do equipo técnico encargado de realizar as análises de inundacións revisáronse os principais aspectos da normativa e o maior ou menor axuste co traballo diario,
  • coa xefa do Departamento de Recursos Hídricos planteouse unha análise global e de como o desenvolvemento (ou a ausencia) de normativa incide na planificación e xestión das inundacións e, por último,
  • co xefe do gabinete xurídico planteouse o desenvolvemento de normativa específica.

Na viaxe tamén se abordaron cuestións relacionadas cos próximos estudos de inundacións e as concas a estudar.

Ademais, participouse nun obradoiro sobre a elaboración dun manual de xestión da información de ciclóns e inundacións, coordinado pola Organización Meteorolóxica Mundial (OMM) e no que, xunto coas 3 Administracións Rexionais da Auga (ARA) do pais (Norte, Centro e Sur), participaron o Instituto Nacional de Meteoroloxía e a Dirección Nacional de Recursos Hídricos.

Durante a visita tamén se mantivo unha reunión de coordinación coa nova responsable da Cooperación Española en Mozambique.

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.