Viaxa (e aprende) connosco. PCR 2019 en Honduras

Este ano convocamos unha praza no Programa de Coñecemento da Realidade na súa modalidade de “Redes”. O principal obxectivo de participar directamente no activismo é a oferta de formación específica avanzada a través das actividades que se leven a cabo, xunto con outras persoas e organizacións que conforman a rede. Ademais, a persoa participante contribuirá á rede, establecendo lazos con persoas que desenvolven proxectos e campañas noutras rexións xeográficas. Este ano, se tes entre 18 e 30 anos, podes solicitala.

Información sobre a praza e xeito de solicitala AQUÍ ou AQUÍ (ignora advertencias de seguridade, se tes dúbidas escrebe a info[arroba]galicia.isf.es). Pódese solicitar até o 5 de xuño de 2019.

O obxectivo desta praza é que a persoa seleccionada participe no Campamento da “Red de Jóvenes en Acción por el Clima 2019”, que terá lugar en San Lorenzo, Honduras. Esta rede internacional conformouse por mozas e mozos de Alemania, Bélxica, Nicaragua, Honduras e España, entre outros, baixo o lema “¿Cales son as túas pegadas neste mundo?”. No traballo da rede inclúense os seguintes temas: cambio climático, auga, agricultura sostible, bosques, consumo responsable, enerxía renovable, migración e xustiza ambiental. A participación nesta rede é posible coa cofinanciación de Cooperación Galega da Xunta de Galicia e a Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo.

As datas serán dende o 15 de xuño ao 15 de decembro 2019. O proceso, se es seleccionada, consistirá na incorporación desde o 15 de Xuño 2019 a ESF para a formación previa, estadía en terreo do 19 de agosto ao 19 de setembro e voluntariado en Galicia de 3 meses trala chegada para facer devolución de todo o vivido e aprendido.

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.