Boletín Oficial ESFeiro: outubro 2021

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • A recomendación artística do mes
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

Este mes, saíu o primeiro equipo do Banco de Reciclaxe Electrónica da Coruña. Tivemos ademais unha semana de actividade frenética, con máis saídas e entradas de equipos informáticos (empezamos a entrega dunha remesa de 15 para Ecos do Sur), novas fichaxes (Manuel), a doazón monetaria para o Banco da empresa Nolegaltech (moitas grazas!) e un faladoiro sobre os bancos de reciclaxe con software libre de Galicia na Mostra do Posible de Cangas.

Empezamos a participar nunha serie de obradoiros de consulta pública que fai Augas de Galicia para a elaboración do novo Plan Hidrolóxico e tamén tivemos tempo de participar no encontro da Rede Acampa, no que puidemos falar sobre extractivismo no sur de Honduras. Ademais, celebramos o ciberfaladorio “Axuda o eucalipto ao rural galego?”, do que podes ver o resumo aquí.

Para rematar ben o mes, o 30 tivemos o primeiro encontro ESFGalicia-ESFCatalunya para aprender das experiencias de ESFCatalunya nos proxectos en Mozambique, dado que dende Galicia queremos empezar a coñecer a realidade dese país de cara á colaboración no programa que Augas de Galicia, Cooperación Galega da Xunta e a Universidade da Coruña teñen nese país.


HONDURAS

 
Setembro é o mes das Festas Patrias en Honduras. Alí, segue a estancia de Xoel e Eva como parte do seu Programa de Coñecemento da Realidade, e vannos contando como lles vai aquí. Na casa da cultura de San Lorenzo, houbo un pequeno obradoiro de coñecemento do corpo moi “movido” a cargo de Eva. Ademais, con motivo do día da Persoa Cooperante (8 de setembro), a nosa representante en Honduras, Raquel, con Eva e Xoel, participaron nun vídeo da Agencia Española de Cooperación Internacional explicando que é para elas “cooperación”  (a partir dos 4min 15seg).

Continúan os proxectos na liña de traballo de Dereito á Auga (co apoio da Deputación da Coruña ao programa de técnicas comunitarias de xestión da auga de AHJASA) e no programa de soberanía alimentaria (como o financiado pola Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo e o financiado pola Xunta de Galicia de apoio a grupos de mulleres productoras e ás Oficinas Municipales de la Mujer). 


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Enerxía e cambio climático

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


A RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA DO MES

    Este mes voltamos ao teatro. Queremos recomendar a obra N.E.V.E.R.M.O.R.E do grupo Chévere (en Galicia se estreará durante este outubro). Lembrando o Prestige dende os tempos da COVID19.


E NO PRÓXIMO MES …

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia  consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD (ou subscríbe ao seu boletín quincenal, que conta con ofertas de emprego; formacións e actividades; novidades do sector; convocatorias de bolsas e subvencións; propostas de voluntariado, etc.). Tamén nas nosas redes sociais twitter, instagram e na nosa canle de telegram, difundimos eventos de interese externos a ESFGalicia de temas vinculados ao noso traballo.


A ESF-RASE DO MES

A menos que inventemos unha enerxía milagreira, teriamos que reducir deliberadamente o noso nivel de vida

Vaclav Smil

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.