Boletín oficial esfeiro: febreiro 2018

0
0
0
0
Total
0

CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

Parece que despois das festas de Nadal sempre costa quitarse esa preguiza…por iso queremos convidarvos a unha nova edición dos cursos online de ISF!! Nesta ocasión ofrecemos catro cursos online que comezarán (até o 4 podes matricularte) o 6 de febreiro e desenvolveranse ata o 24 de abril.

Un ano máis aledámonos de poder anunciar a convocatoria para 3 prazas do Programa de Coñecemento da Realidade 2018. O PCR inclúese dentro das actividades de Educación para o Desenvolvemento Humano que ESF Galicia leva a cabo, xa que se entende como un programa de formación específica de voluntarios no coñecemento da realidade concreta dos países nos que a organización traballa (neste caso Honduras), co fin de fortalecer o pensamento crítico do voluntario e a súa capacidade e criterios de actuación. Hai unha praza dispoñible vinculada ó grupo de Desenvolvemento Rural e Soberanía Alimentaria e dúas para o grupo de Dereito Humano á Auga. A data límite para a presentación de solicitudes é o 18 de febreiro de 2018, ás 23:59 horas.

Ademais, Sergio, o noso técnico de proxectos, fai 10 anos con ESF, parabéns e que sexan moitos máis!!


BLOGUE HONDURAS

A situación política en Honduras está lonxe de normalizarse, tras unas eleccións onde saiu reelexido como presidente Juan Orlando Hernández, con fundadas sospeitas de manipulación. O goberno español foi dos primeiros en recoñecer ao presidente, que tomou posesión o pasado 27 de xaneiro, en medio de protestas e cargas policiais. Isto provocou a reacción da Coordinadora de ONGD Españolas en Honduras, que enviou un comunicado á representación diplomática española no país.

Raquel, a nosa representante país en Honduras, regresou ao país o 22 de xaneiro tras pasar as vacións de Nadal en Galicia, e nos sigue contando como está a situación, mentres xunto coas organizacións socias hondureñas de ESF Galicia se está a traballar en dúas novas propostas de proxectos (un dentro do programa de Dereito á Auga e outro dentro do de Desenvolvemento Rural), para buscar financiación nas subvencións abertas por Cooperación Galega da Xunta de Galicia.

Entretanto, nos proxectos en marcha, acadouse por primeira vez a certificación de Coneanfo (institución pública de #Honduras de certificación de procesos formativos non reglados) para as persoas formadas no programa de xestión comunitaria da auga que desenvolvemos no sur do país con AHJASA.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

 

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

 

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

 

Voluntariado e Persoas


E NO PRÓXIMO MES …

Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.


A ESF-RASE DO MES

Sempre imos vivir transformacións tecnolóxicas que non controlamos, porque hai moita iniciativa e creatividade. O importante é que manteñamos a ética.
Gunter Pauli

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *