Boletín Oficial ESFeiro: xaneiro 2019
CONTIDOS
- Vida Asociativa
- Honduras
- Enlaces de interese
- Publicacións en físico
- E no próximo mes …
- A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
No mes de decembro houbo movemento, sobre todo de pensarse e reflexionar sobre ESF, e de celebrar. Estamos en pleno proceso de repensamento da asociación, para o que quixemos involucrar a todas as persoas da base social, xa fora a encontros presenciais ou a contestar unha enquisa vía correo-e. Tamén, o día 28 pola mañá, celebrouse unha charla aberta para compartir experiencias dos PCR de Honduras 2018 e de anos anteriores. Seguimos a facernos eco do que está a ocorrer en Nicaragua, con noticias transmitidas polos nosos contactos aló, que mantemos dende que traballamos no país entre 2006 e 2010. Lembrámonos das persoas voluntarias, verdadeiro motor de organizacións como ESF, nas que ademais se quere que sexan axentes para cambiar a sociedade e acadar un mundo no que cada vez pague máis a pena vivir. Deixamos un par de crónicas moi especiais, a da visita da delegación de Honduras a finais de novembro, e outra con motivo do peche do ano no que celebramos o XXV aniversario de ESF. Ademais, tivemos tempo de desexar un feliz 2019 e por unha tecnoloxía con corazón.
HONDURAS
En El Triunfo, un dos concellos onde traballamos en #Honduras no dereito á auga e fortalecemento institucional da administración local, pronunciáronse contra a minaría mediante un referéndum autoorganizado pola poboación. Tamén quixemos difundir o traballo de CODDEFFAGOLF, organización aliada de ESF, na protección das 10 áreas protexidas do Golfo de Fonseca hondureño. Entretanto, foi mes de moito traballo, pechando proxectos nos dous programas que temos no país.
- No programa de soberanía alimentaria, con socio principal CODDEFFAGOLF, remataba o convenio 2015-2018 con AECID que desenvolvimos nunha pequena parte, en colaboración con VSF Justicia Alimentaria Global y Amigos de la Tierra, de Fortalecimiento de las capacidades de los y las campesinas organizadas para establecer un sistema de desarrollo rural justo, equitativo y sostenible que garantice el Derecho a la Alimentación en Honduras. Tamén rematou o financiado pola Xunta de Galicia en 2017-2018, o Proxecto de fortalecemento das capacidades de INCIDENCIA POLÍTICA E XERACIÓN DE ALTERNATIVAS PRODUTIVAS SUSTENTABLES de organizacións da sociedade civil vinculadas ao sector pesqueiro e agrícola de pequena escala en 7 municipios costeiros da Rexión 13 – Golfo de Fonseca, Honduras, con enfoque de soberanía alimentaria e defensa do territorio. Hai outros dous proxectos en execución e outro dous en proceso de formulación (en deseño para presentar a financiadores, que serán AECID e Xunta de Galicia). Aquí se pode saber máis destes diferentes proxectos.
- No programa de promoción do dereito humano á auga, con socios Mancomunidade NASMAR e Asociación Hondureña de Juntas de Agua y Saneamiento, temos en marcha dous proxectos, que rematarán durante este 2019. Para saber máis sobre eles podes pinchar aquí.
ENLACES DE INTERESE
Auga
Comunicación para o (como) desenvolvemento
Consumo responsable
Cooperación e ONGD
Educación para o desenvolvemento
Iniciativas
- Prótesis impresas en 3D para personas de países sin recursos
- Paisaje Transversal, o cómo expandir la participación ciudadana en el urbanismo
- El ictus que llevó al exjefe de marketing de Apple a crear un ‘trip advisor’ para discapacitados
Investigación para o desenvolvemento
Mundo
- El Triunfo Choluteca dice no a la minería
- Honduras es un poema narcopolítico
- Un informe documenta las vulneraciones a los derechos económicos y sociales del pueblo saharaui
Políticas e modelos de desenvolvemento
Sensibilización
- ‘Save a hater’: ayuda a combatir el odio en Internet ‘salvando’ a los intolerantes
- Vídeo. Inmigración
- Cuando las grandes tecnológicas quieren tu historial médico: así están invirtiendo en salud Apple, Microsoft, Amazon y Google
- Guía para hombres: acciones para conseguir una sociedad en la que las mujeres vivan sin miedo
Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural
- “A nosa terra e o noso mar están máis en perigo ca nunca”
- “Non se trata de arrincar eucaliptos, senón de dar unha nova vida ao monte”
- La ONU aprueba los derechos del campesinado y España se abstiene
- Fiando o liño en Lourenzá. Video. 10min 22seg
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- Con(tra) Internet. Dominación y resistencias digitales
- Your Apps Know Where You Were Last Night, and They’re Not Keeping It Secret
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
Voluntariado e Persoas
- Brenda Chávez. “La sociedad de consumo nos empuja a consumos irracionales”
- Mujeres Amazónicas, defensoras de la Tierra
- Crónica dunha ecoloxista na xunta dunha multinacional mineira
- Brais Palmás. «Hoy en día todo el mundo tiene las mismas metas. Tener una vida sin objetivos, para mí es estar loco»
- Jorge Morales de Labra, experto en mercado eléctrico. “En diez años lo raro será no tener autoconsumo en casa”
- Volunturismo: El riesgo del voluntariado para turistas que mueve millones de euros
PUBLICACIÓNS EN FÍSICO
(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).
Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.
Este mes:
- Conciencia del subdesarrollo. José Luis Sampedro. Xa un clásico do tema, xa que é un libro a piques de cumprir os 50 anos.
E NO PRÓXIMO MES …
- 1 de xaneiro: Día do Dominio Público
- 26 de xaneiro: Día Mundial da Educación Ambiental
- Principios de febreiro: Presentación da materia de Cooperación para o Desenvolvemento na Enxeñería Civil da Universidade da Coruña
-
2 de febreiro: Día dos Humedais
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais Facebook e Twitter.
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!