Bioconstrución na educación secundaria.Proxecto EDUESPIGA
Queremos compartirvos a memoria do que se fixo dentro do proxecto EduEspiga, que ESF Galicia apoiou con fondos de Cooperación Galega da Xunta de Galicia, e que desenvolveron xs compas de ESPIGA, Asociación Galega para a Bioconstrución.
O proxecto “EduEspiga” tivo como finalidade a sensibilización medioambiental de xoves a través de obradoiros teórico-prácticos sobre bioconstrución, impartidos en 8 institutos de educación secundaria e centros de formación profesional.
A bioconstrución consiste nun tipo de construción natural que revisa as técnicas tradicionais de construción dende a perspectiva das innovacións tecnolóxicas. Ten moi en conta a calidade e toxicidade dos materiais empregados, e propón uns principios éticos entre as persoas involucradas no proceso de construción e futuros usuarios. Así, a bioconstrución da solución ós problemas medioambientais que provoca a construción actual, ao traballar dende o punto de vista da sustentabilidade e eficiencia enerxética, e se conforma como o mellor xeito para reducir o impacto ambiental provocado pola construción, e mellorando o desenvolvemento social. Educando dende o punto de vista dun consumo responsable de enerxía e recursos, e buscando unha calidade de espazos e materiais, conseguiremos una sociedade máis sá, autónoma e sensibilizada co medio. Como se pode ver, encaixa á perfección coa liña de traballo que se pretende impulsar dende ESF en tecnoloxías para o desenvolvemento humano. Gustounos tanto a experiencia, que xa estivemos a preparar a segunda fase, a ver se acadamos financiación!!
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!