Boletín Oficial ESFeiro: febreiro 2025
CONTIDOS
- Vida Asociativa
- Honduras
- Mozambique
- Enlaces de interese
- Recomendación artística
- E no próximo mes …
- A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
En xaneiro abrimos o prazo para solicitar unha das 3 prazas do Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades (PCR) 2025, que estará aberto até o 16 de febreiro. Ademais, o grupo de Apoio a Plataformas de Defensa da Terra elaborou un Visor de mapas de afectación da ampliación da autovía A52, que se une ao que se fixera xa da Mina Touro-O Pino. Tamén deste grupo, Alberto participou en Escairón e en Lalín nuns encontros con comunidades de montes e faloulles de Boas prácticas para a transición ecosocial. O potencial dos montes veciñais en Galicia (cunha presentación que paga a pena ver).
Fíxose a tradución do manifesto da reparación ao galego. Tivemos varios Cafés Formativos en Santiago, falando sobre decrecemento, así como un faladoiro da nosa compañeira Sandra no IES Celanova (onde ela estudiara), sobre a súa traxectoria como cooperante. Non faltaron repair cafés, en Lira (Salvaterra de Miño) e na Domus da Coruña.
HONDURAS
Na comunidade de Tres Piedras seguiron os traballos do sistema de abastecemento e saneamento, que podemos ver neste vídeo e nestas fotos e estas xa con detalles das latrinas, coa financiación de AECID.
No programa de restauración de lagoas de inverno financiado por AECID e Cooperación Galega da Xunta, quixemos chamar a atención sobre o problema de invasión de algas e os xeitos de tratalo. Tamén se realizaron as sesións da Escola de Incidencia Política que durou unha semana con 22 líderes locais. Tamén se conseguiu a personería xurídica de 5 grupos organizados de mulleres.
MOZAMBIQUE
No mes de xaneiro traballouse na elaboración dos informes técnico e financeiro do ano 2024 e tamén se lle está a dar continuidade as accións de acompañamento a ARA Sur no ámbito da análise de inundacións e de coordinación coa ARA Centro para o desenvolvemento dos taballos en inundacións neste ano. Alén disto estase a avanzar co deseño da campaña de comunicación do proxecto que será desenvolvida nas próximas datas e na organización de charlas divulgativas do proxecto. Ademais, aquí deixamos a crónica das visitas de Víctor e Manuel en novembro e decembro. Tivemos un encontro en Compostela onde nos contaron como foi todo, e tamén a complicada situación no país.
ENLACES DE INTERESE
Activismo e persoas
- LEMBRANDO. TEDxTalks. El Futuro del Ecofeminismo – Laura Laguna
- Beatriz Mesa: “A Occidente le interesa seguir manteniendo una relación de dependencia en África”
- SARAH BABIKER. Narrando la realidad con la vida en el centro
- Homes de Coidado
- As mulleres rurais soñan con deixar de ser heroínas
- La huella del activismo climático
Auga
Consumo responsable
Cooperación e ONGD
- La Ayuda Oficial al Desarrollo mundial se estancó en 2023 y España perdió posiciones
- Análise sobre o impacto da conxelación da axuda ao desenvolvemento de EEUU (en inglés). US Aid Freeze: 24 Hours In – The System Starts to Break
Educación para o desenvolvemento
- Conto infantil. Fina e os mapas. Descubrindo os mapas colaborativos
- As siglas da ESO cambiaron de sentido, agora significan Educación de Soldadiños Obedientes
Enerxía e cambio climático
Iniciativas
- Rede Decrecemento Eo-Navia/Galiza/O Bierzo
- O Rosal inaugura a Oficina da Enerxía para liderar a transición enerxética no municipio
- Internet ciudadana
Investigación para o desenvolvemento
- Informe 68: Militarización, necrotecnología y vulneración de derechos en las fronteras europeas. Empresas de armas y seguridad, tecnológicas e instituciones que desarrollan tecnologías de control de las migraciones de la UE
- Los científicos vuelven a avisar del colapso que vendrá si seguimos sin reaccionar
Mundo
- AMÉRICA LATINA-CARIBE. Caracterización de la agricultura familiar en América Latina y el Caribe 2025
- MOZAMBIQUE. Informe da misión de observación da UE das eleccións xerais de outubro 2024 e aquí unha análise da situación: Una situación política revolucionaria pero sin dirección revolucionaria
- PALESTINA. La activista palestina Yasmeen El-Hasan. “Israel utiliza la destrucción de los sistemas alimentarios como estrategia de colonialismo de asentamiento”
- REPÚBLICA DEMOCRÁTICA DO CONGO. ¿Qué es el M23 y por qué se ha agravado el conflicto en el Congo?
- SAHARA OCCIDENTAL. El feminismo saharaui, una lucha debilitada por el abandono de un pueblo
Pobreza e exclusión
- La Plataforma de ONG de Acción Social presenta el Barómetro del Tercer Sector de Acción Social en España 2024
- Consulta pública previa para la elaboración de la estrategia nacional contra la pobreza energética 2025-2030
Políticas e modelos de desenvolvemento
- Contra la tecnocratización de la vida
- La riqueza de los milmillonarios crece en 2024 tres veces más rápido
- A transición cara unha economía circular pode ter efectos negativos no sur global
Soberanía alimentaria e defensa do territorio
- A conselleira de Medio Ambiente suxire que opoñerse a Altri vai contra a lei
- Sistemas Agroforestales Sucesionales. ANAFAE-Honduras. Vídeo. 2min 09seg
- A Comunidade de Montes de Tameiga vence ao Celta de Vigo e frea a construción dun centro comercial e un estadio
- Quen é quen en Greenalia? A empresa que quere outra celulosa en Galiza e arrasa oliveirais en Andalucía
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- ¿Por qué nos hemos convertido en rehenes de Elon Musk y Mark Zuckerberg?
- ¿Qué le ha ocurrido a internet, nuestro gran experimento?
- A infraestrutura pública de IA en castelán e linguas cooficiais
- Meta (instagram, facebook) autoriza contenido racista en su nuevo manual de moderación interna
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- Recycling won’t stop premature obsolescence – that’s a job for repair, refurbishment and reuse
- Proxecto Permacultura no Reque, con videos de bioconstrución con apoio de persoas da Asociación ESPIGA
- Trump y la Internacional del Odio, o cómo las tecnologías juegan al servicio del poder
- Militarización, necrotecnología y vulneración de derechos en las fronteras europeas. Empresas de armas y seguridad, tecnológicas e instituciones que desarrollan tecnologías de control de las migraciones de la UE
RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA
Este mes voltamos coa música, desta volta o dúo Los Sara Fontán, que ademais da súa valía artística, encántannos pola súa filosofía. Aquí un artigo/entrevista.
E NO PRÓXIMO MES …
Temos un novo apartado na nosa páxina web, onde se pode ver a axenda de próximos eventos ESFeiros ou que nos parecen interesantes pola temática. Ademais:
- 2 de febreiro: Día dos Humedais
- 6 de febreiro: Día da Internet Segura (segundo día de la segunda semana del segundo mes del ano)
- 11 de febreiro: Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
- 13 de febreiro: Día Mundial da Radio
- 14 de febreiro: Día da Enerxía
- 15 de febreiro: Sábado 15 de febreiro. 10:30 a 13:30. Visita á Fundación Galicia Verde, á súa finca demostrativa de boas prácticas.
- 16 de febreiro: Pecha o prazo para solicitar unha das 3 prazas do Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades (PCR) 2025. +INFO.
- 20 de febreiro: Día Mundial da Xustiza Social
- 25 de febreiro: 12h. Aula 4 da Facultade de Físicas de Santiago de Compostela. Faladoiro “Cooperación ao desenvolvemento e defensa do ambiente no sur de Honduras“. Entrada libre até completar aforo
- 27 de febreiro: Aniversario da Proclamacion da República Arabe Saharaui Democrática
- 11 de marzo: 12h. Aula 4 da Facultade de Físicas de Santiago de Compostela. Faladoiro “Cooperación internacional na xestión de eventos extremos en Mozambique“. Entrada libre até completar aforo
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD
A ESF-RASE DO MES
O que precisamos é confiar en que podemos construír espazos dixitais que habitaremos, en lugar de usalos pasivamente, para recuperar os futuros que nos robaron. Como persoas libres e conscientes
Marta G. Franco no libro Las redes son nuestras, una historia popular de Internet y un mapa para volver a habitarla
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!