Xuntanza XXV anos de ESF Galicia

Queremos que os XXV anos nos pillen bailando con toda a xente que foi ESF e fixo de ESF o que é hoxe en día, e tamén coa xente de organizacións amigas. Esperamos que veñades a celebrar connosco o cuarto de século. Aquí tendes o formulario para apuntarse, con información sobre loxística, opcións de aloxamento e comida, etc. Prazo límite para inscribirse: luns 23  de abril as 23:00 horas.

CANDO: 27, 28 e 29 de abril de 2018

ONDE: Albergue Juvenil Gandario Complexo Xuvenil As Marinas, Bergondo.

PROGRAMA DEFINITIVO:

VENRES 27
19:45-20:00 Presentación
20:00-21:45 Xogos cooperativos
22:00-23:30 Cea no albergue
23:45-1:00  Unha ollada ó ceo da noite.
1:15-3:00 Sesión musical. O machismo de festa tamén apesta

SÁBADO 28
9:00-9:45 Almorzo
10:00-11:30 Diagnose do voluntariado de ESF
11:30-11:50 Descanso
11:50-13:30 Integrando o enfoque de xénero na estructura das organizacións.

13:45-15:30. Xantar no albergue

16:00-21:30 Asemblea Histórica
16:00- 18:00 Puzzle Histórico
18:00-21:00  Regreso ó futuro, obxectivo 2043
21:00-21:30  Conexión internacional
21:30-22:00  Rogos e preguntas

22:15-12:00 Cea no albergue
12:00-1:00 Actuación estelar esfeira
1:00-1:15 Entrega de premios
1:15-2:00 Queimada
2:00- Dj Maracatu. Sons Afrobrasileiros (e o que caia). Até que o corpo aguante!

DOMINGO 29
10:00-11:00 Almorzo
11:00-11:30 Sentando raices
11:30-13:30 Roteiro vertebrativo
13:30-14:00 Peche do evento
14:00- Xantar Libre

Haberá servizo de coidado de meniños e meniñas.

Ademais, durante todo o evento, prégase a todo o mundo que faga fotiños ben bonitas. As mellores levarán premio!!!

Contacto: info[arroba]galicia.isf.es ou 881 01 1479 (de 10 a 13:30)

 

1 reply

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.