Bolsa de voluntariado internacional para profesorado de secundaria

Ampliamos prazo para solicitar a bolsa que, este 2023 sacamos no noso Programa de Coñecemento da Realidade (PCR) para persoal docente de centros de ensino secundario de Galicia, financiada pola Cooperación Galega da Xunta de Galicia no proxecto Hackers Sen Fronteiras.

A persoa seleccionadas realizará un itinerario formativo específico previo para participantes no PCR, cunha pequena parte presencial e outra parte en liña. A continuación, nalgún momento entre xuño e setembro, terá lugar a estancia en Honduras. Alí poderá coñecer os proxectos nos que participamos, o traballo das organizacións hondureñas coas que colaboramos, e vivir de primeira man esa realidade, acompañando a outras dúas persoas non docentes que participarán tamén no programa e ao resto do equipo en terreo. A estancia poderá durar entre 1,5 e tres meses, según dispoñibilidade da persoa seleccionada.


Enxeñería Sen Fronteiras faise cargo da viaxe, seguro e aluguer da vivenda en terreo, así como posibles desprazementos ás activides se se programen. A cargo da persoa correrá a súa manutención e gastos correntes da vivenda (auga, luz, …), así como o restos dos gastos persoais que poida ter na estancia.

Se tes interese, ou sabes dalguén que o poida ter, aquí están as bases completas, con información sobre o contexto, os criterios de selección, o xeito de presentar candidatura e os prazos.

Data límite de presentación de candidatura, 19 de marzo ás 23:59

1 reply

Trackbacks & Pingbacks

  1. […] participa no noso programa de voluntariado de coñecemento doutras realidades dentro da modalidade “profesorado de secundaria”, que estreamos este curso grazas ao proxecto Hackers Sen Fronteiras. Aquí vai a súa primeira […]

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.