Boletín Oficial ESFeiro: xuño 2021
CONTIDOS
- Vida Asociativa
- Honduras
- Enlaces de interese
- A recomendación artística do mes
- E no próximo mes …
- A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
No mes de maio agromaron varios novos grupos de traballo en ESF:
- Grupo Mozambique, que estará argallando actividades para coñecermos mellor este país (unha durante xuño en Compostela, atenta!),
- Grupo de Tecnoloxía Inclusiva, para desenvolver iniciativas de baixo custo e libres de tecnoloxía para persoas con problemas de mobilidade ou percepción; agora están empezando con ratos adaptados (incluso estivemos, invitadas pola Escola de Telecomunicación, nos LPRODays, unha feira distintas iniciativas tecnolóxicas desenvoltas polo alunado nesta e outras liñas)
- Grupo de Eólicos, para compartir información e buscar xeitos de facer rede coas plataformas existentes, que se resisten ao modelo de implantación de eólicos sen planificación nin participación social.
Se tes interese en colaborar con algún deles, contáctanos en info[arroba]galicia.isf.es
Houbo tempo, dende o grupo de Enerxía e Cambio Climático, para participar nun webinar sobre Dereito á Enerxía, invitadas por Solidariedade Internacional de Galicia. Tamén dende este grupo, participouse nunha clase da materia de Enxeñaría da Enerxía da Escola de Camiños, dando unha visión crítica do sistema eléctrico (e enerxético en xeral).
Seguiu o traballo do grupo do noso Banco de Reciclaxe Electrónico, que ademais participou nunha charla o pasado día 29 invitado á Feira de Voluntariado do Concello de Ames.
Tivemos un xenial ciberfaladoiro onde puidemos falar coas bravas mulleres marisqueiras de Honduras, coas que participamos nun dos proxectos de promoción da soberanía alimentaria. Aquí o resumo!
Non faltou o Boletín Sonoro ESFeiro do mes anterior, un podcast de 5 minutiños que é a versión sonora do BOE.
HONDURAS
En Honduras segue o traballo pola soberanía alimentaria no Golfo de Fonseca en colaboración con CODDEFFAGOLF e financiación da AECID. Por un lado, as compañeiras do Comité de Investigación Local CIAL-APROEM, estableceron un ensaIo para a mellora de dúas variedades de millo. Por outro, organizouse unha “Feria verde”, onde participaron productoras e emprendedoras do concello de Nacaome. Aquí podes velo!
ENLACES DE INTERESE
Auga
Comunicación para o (como) desenvolvemento
Consumo responsable
Cooperación e ONGD
Educación para o desenvolvemento
- Mamá se va de viaje. Neste conto (con unidade didáctica incluída) pensado para nenos e nenas de 8 a 14 años, Coral Herrera Gómez trata o tema do dereito das mulleres a ter teempo libre.
- «Emergencia Climática», una guía didáctica de Entrepobles para estudiantes de secundaria, ciclos formativos y movimientos sociales
Enerxía e cambio climático
- Presentan un informe sobre el papel de las empresas gasísticas en el auge del hidrógeno
- CURTAMETRAXE. 7min 22seg Cando querem ponher eólicos cos vizinhos em contra -The Porquins Show- Stop eólicos Iron Man parody
- A eólica mariña colle pulo en Galicia como alternativa á crise industrial e ao impacto dos parques en terra
- Eólicos mariños, unha solución ás instalacións terrestres ou unha invasión da costa?
- Las Comunidades Energéticas podrían cubrir el 60% de la demanda eléctrica total de España
- Fervenzas colapsa el registro de Aranga con alegaciones a un eólico de Monte do Gato
Iniciativas
Investigación para o desenvolvemento
Mundo
- Unímonos ás ONG colombianas na condena da violencia e na defensa do dereito á protesta
- En El Salvador, el modelo de gestión comunitaria del agua, avanza con soluciones innovadoras
- Batería de traiciones de los gobiernos de España al Sáhara Occidental
- La venta de armas españolas a Marruecos triplica lo destinado a ayuda humanitaria en los campamentos saharauis
- 24 horas en Mozambique. La emergencia de Cabo Delgado
Políticas e modelos de desenvolvemento
- La encrucijada de los metales raros. Episodio 2. El Escarabajo Verde.
- A “febleza” dos servizos sociais de Galicia volve destacar no Estado: moitos dereitos sobre o papel, moitos menos na realidade
Sensibilización
- Basura electrónica, residuos fuera del radar
- Podcast. La Casa Encendida Radio. Los hombres de verdad tienen curvas. ¿Qué cosas están prohibidas para los hombres?
- Multa dun millón de euros a Endesa polos danos ao río Eume que provocou en 2020 para “optimizar o rendemento” da súa central
Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural
- La pesca sostenible, del marco internacional a las manos del pescador
- Sembrar en pandemia
- Entrevista a Tere, Carmen e Irene (la Gavella, antes ISF Valencia) sobre Soberanía Alimentaria
- Así exprime la industria a las granjas de vacas para hacer negocio con la leche
- Feminismo e territorio rural en Galicia. Consello Galego de Cultura. Video. 44min. Dentro das xornadas Mulleres rurais. Unha ollada desde Galicia e América Latina
- Aceite para hoy, sequía para mañana
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
Voluntariado e Persoas
- Cuando la mina llama a tu puerta
- La vida por una naranja: Aldrich Rivera, el temporero nicaragüense que murió electrocutado mientras trabajaba sin papeles en Huelva
- Cómo hacer una Rara Fiesta
- La ingeniera que escapó del genocidio de Ruanda con 18 meses y ahora crea tecnología punta en España
- Yuan Longping: o agrónomo que sacou da fame a millóns de persoas
- “No tener más ambición en este momento es un fraude para todo el mundo”. Entrevista a Miquel Carrillo, vocal de coherencia de políticas de La Coordinadora
A RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA DO MES
Este mes vimos moi punkarras, para recomendar o grupo Lendakaris Muertos, especialmente a súa canción “Cómeme la franja de Gaza“, desgraciadamente moi axeitada para estes días…
E NO PRÓXIMO MES …
- 5 de xuño: Día Mundial do Medio Ambiente
- 5 de xuño: Manifestación Eólica Así Non en Santiago de Compostela. 12h na Alameda
- 8 de xuño: Día Mundial dos Océanos
- 12 de xuño: Día Mundial contra o Traballo Infantil
- 20 de xuño: Día Mundial das Persoas Refuxiadas
- 23 de xuño: Día Internacional das Mulleres na Enxeñería
Para máis info sobre cursos e eventos séguenos nas nosas redes sociais twitter, instagram e, sobre todo, na nosa canle de telegram. Difundimos tamén eventos externos a ESFGalicia de temas vinculados á tecnoloxía para o ben común. Tamén podes facer que te chegue este boletín ao teu correo se o solicitas en info[arroba]galicia.isf.es
A ESF-RASE DO MES
“Vivimos nunha sociedade exquisitamente dependente das ciencias e a tecnoloxía, na que practicamente ninguén sabe nada acerca da ciencia ou da tecnoloxía”
Carl Sagan
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!