Boletín Oficial ESFeiro. Xullo 2019
CONTIDOS
- Vida Asociativa
- Honduras
- Enlaces de interese
- Publicacións en físico
- E no próximo mes …
- A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
Parece que xa se vai acercando o verán, tempo para desconectar un pouco da rutina e recuperar forzas para volver con máis e novas ideas e actividades!!
O pasado 13 xuño en A Coruña tivemos a nosa Asemblea Anual Ordinaria e, despois, un obradoiro para soñarmos co futuro da asociación e pensar o seu papel neste mundo de hipertecnoloxía.
O 29 de xuño estivemos con xente da rede Contraminaccion preocupada polo ben común, aprendendo sobre temas técnicos de almacenamento de residuos mineiros co doutor Steven Emerman, todo un pracer escoitalo!
ESF forma parte da rede Cousa de Raíces, que promove o bosque autóctono. Se ben non estamos moi activas na rede, estamos ao tanto das actividades e hai xente da organización que participa nalgunha delas. Se tes interese en impulsar algunha cun grupiño en ESF, adiante!!
Seguimos a denunciar o que está a ocorrer en Nicaragua. Desta volta, un antiguo colaborador de ESF que foi intimidado no aeroporto á volta ao seu país.
A mediados de xuño, quedou seleccionada a persoa que viaxará a Honduras en agosto para participar na Red de Jóvenes en Acción por el Clima. Parabéns a Zoe!
Por último, resaltar que, coincidindo co Día do Tetris, presentamos “Tet-HR-is, o tetris dos Dereitos Humanos”. Para xogar no verán!
HONDURAS
En Honduras, continúa o traballo nos dous programas (dereito á auga, e defensa do territorio e da soberanía alimentaria).
E que mellor noticia para comezar o verán que dicirvos que acadamos financiación de 225000 euros da Xunta de Galicia para continuar o programa de dereito á alimentación e soberanía alimentaria, co proxecto de “mellora da sustentabilidade da actividade marisqueira como fonte de ingresos de 7 grupos de mulleres marisqueiras nos municipios de Amapala, San Lorenzo e Marcovia, Honduras”,xunto a Cartolab e Coddeffagolf. Iremos contando como vai!!!
Ademais, 35 persoas de diversas organizacións e redes de defensoras de dereitos do sur de Honduras, obtiveron o diplomado sobre “Formación Política y Derechos Humanos”, que impulsamos dentro do programa de defensa do territorio (impulsado con CODDEFFAGOLF e o apoio financieiro da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo).
Dentro do programa de promoción do dereito á auga, tivo lugar a Asemblea municipal de xuntas de agua Namasigüe. Alí comparten loita e experiencias das xuntas de auga veciñal de cada aldea do municipio, e buscan xeitos de apoio mútuo e de incidencia política cara quen ten que proveer ese dereito. En Honduras, por lei, serían as alcaldías, que teñen poucos recursos económicos e técnicos, de aí o doble traballo do programa de ESF: fortalecemento ás alcaldías para que poidan dar ese servizo, e traballo coas xuntas de auga para que esixan os seus dereitos e simultáneamente poidan ir xestionando o recurso co apoio da alcaldía, ou pola súa conta mentres ese apoio non chega. O equilibrio é complexo, porque non se desexa cargar sobre as veciñas toda a responsabilidade de asegurar o seu dereito á auga puenteando ás alcaldías. A alianza coa Mancomunidade NASMAR (7 municipios do sur de Honduras), e con AHJASA, pretendemos que axude a manter este equilibrio.
Por outra banda, a situación do país está lonxe de normalizarse, con militarización acelerada e manifestacións de protesta (con “tranques“) por intentos de privatización de saúde e educación.
ENLACES DE INTERESE
Auga
- La falta de depuración del agua le ha costado ya a España 22 millones
- Manual de remunicipalización de los servicios públicos de agua
Comunicación para o (como) desenvolvemento
- The Trust Project: los grandes medios y Silicon Valley se convierten en armas para silenciar la disidencia
- Ondiñas veñen: dúas ducias de podcasts en galego que (se cadra) non coñecías
Consumo responsable
- La nueva forma de lavar la ropa es sostenible
- Cinco consejos simples para comenzar a generar menos basura en casa
- Abren la puerta a la entrada de los alimentos de cercanía y ecológicos en los comedores escolares
Cooperación e ONGD
- Summer is coming. El nuevo Plan África del gobierno español sigue sin emplearse a fondo con los derechos humanos y la democracia en la región
- Coordinadora Galega de ONGD: “O noso papel é executar proxectos, pero tamén abrir ollos”
Educación para o desenvolvemento
- Por fin… O noso audiovisual Cómprame a Igualdade!!! e unha noticia onde se explica algo máis desta iniciativa, promovida por unha socia de ESF Galicia
- Filosofía para analizar o teu uso do móbil
- Xornada de activismo na rúa: un éxito! IES Celanova
Iniciativas
Investigación para o desenvolvemento
- ¿Cuánto tardan en desaparecer los restos de antibiótico del suelo?
- Amigos da Terra. Lanzamos unha investigación sobre a compostaxe e o cambio climático
- A contaminación do aire supera en toda Galicia os límites fixados pola OMS
Mundo
- Una vida contra las hidroeléctricas
- “Honduras es un pasto seco y cualquier cosa enciende la chispa”: Suyapa Figueroa, presidenta del Colegio Médico de Honduras
- ONG dice que Honduras invierte más en armas que en proteger derechos humanos
- Desde Tegucigalpa, a diez años del golpe de Estado
Políticas e modelos de desenvolvemento
- Cambio climático y extinción del pensamiento
- España postcrisis: 8,5 millones de excluidos, 1,2 millones más que en el 2007
- Cáritas sinala Galicia como o territorio con máis persoas “na antesala da exclusión” nunha nova crise
- [INFORME] Casino del Extractivismo: las empresas mineras apuestan con la vida y la soberanía de América Latina usando el arbitraje supranacional
Sensibilización
- Por qué es más correcto hablar de “crisis climática” y no de “cambio climático”
- ¿Cómo divertirse en un país neutro en emisiones de carbono?
- Un informe do Defensor del Pueblo cuestiona a actuación da administración sobre a reapertura da mina de Touro
- EE.UU. Los ‘niños en jaulas’ sobrecogen a Nueva York
- DOCUMENTAL. 51min. Tráfico de residuos electrónicos: La tragedia electrónica
- Un experto en balsas mineras tacha de “locura” el proyecto de la mina de Touro-O Pino
- La fiebre del litio se extiende a once concellos ourensanos
Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural
- Mapa de experiencias locales que construyen soberanía alimentaria
- La clave de la ONU para erradicar el hambre en el mundo: laagricultura a pequeña escala
- Galiza destingue: sete décadas de erros na xestión forestal
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- Environmental Justice Atlas
- INEbase. Indicadores de la Agenda 2030 para el Desarrollo Sostenible
- The government is threatening big tech — and the market just took notice
- La élite puede escapar de la tecnología digital abusiva, el resto nos quedamos
- A Xunta chega a un acordo con Microsoft para fomentar o software privativo en todos os centros de ensino
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- No me culpes de tu despido, lo ha decidido un algoritmo
- Un viaje virtual por los siete pecados ambientales en África: 2- Residuos electrónicos en Ghana
- Tecnoloxía non é enerxía
Activismo e Persoas
- La potencia de la primera generación sin esperanza
- Marta Peirano. “El 5G es una gran trampa para espiarnos, nos están engañando a todos”
- Jorge Riechmann. “El cambio climático es el síntoma pero la enfermedad es el capitalismo”
- Mónica Fernández Bugallo. “A eliminación dos obstáculos para a muller na ciencia pasa por un cambio de mentalidade global, tamén dos homes”
- CADDY ADZUBA. Una luchadora contra la ‘tecnología de sangre’
- Graça Machel: “Os habéis equivocado al invitar a una activista a hablar aquí”
- «El cambio climático tiene consecuencias directas en la seguridad del planeta». Bahijjahtu Abubaka, autoridad mundial en energías renovables
- Yayo Herrero “Vivir en las ciudades será cada vez más difícil”
PUBLICACIÓNS EN FÍSICO
(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).
Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.
Este mes:
- Lo que hay que tragar. Gustavo Duch
- La quinta libertad. Noam Chomsky
E NO PRÓXIMO MES …
- 6 de xullo (primeiro sábado de xullo): Día Internacional das Cooperativas
- 7 de xullo: Día da Conservación do Solo
- 11 de xullo: Día Mundial da Poboación
- 15 de xullo: Día Internacional das Tecnoloxías Apropiadas
- Aberto prazo para matricularse do FP de produción agroecolóxica
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais Facebook e Twitter.
A ESF-RASE DO MES
Por que poden as plantas nanotecnolóxicas superar e arroiar ás plantas de verdade? Por que as bacterias nanotecnolóxicas poden superar e aroiar ás bacterias reais? Porq que pode a nosa cultura da máquina competir e arrasar ás verdadeiras culturas vivintes? Porque as máquinas son máis eficientes que os seres vivos. E por que son as máquinas máis eficientes? Porque as máquinas non devolven nada. Todos os seres vivos entenden que deben devolver ao medio tanto como collen del. Se non o fan, destruirán o seu medio. Por definición, as máquinas (e a xente e as culturas convertidas en máquinas), non devolven nada. Usan. Usan ata o agotamento. Isto lles da vantaxes a curto prazo sobre as posibilidades de determinar os beneficios. Son máis competitivas. Arrasan. Destrúen.
Derrick Jensen (Bienvenidos a la máquina. Ciencia, vigilancia, cultura del control)
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!