foto do encontro

Encontro final co profesorado de Hackers Sen Fronteiras fase 2

A mediados de novembro pasamos unha tarde ben nutritiva na ofi de Compostela. Xuntámonos profesorado participante en HsF, voluntarias e técnicas para avaliar como foron estes dous anos nos institutos e ver que construír nos vindeiros.

Comezamos botando unha ollada ao camiño percorrido, con números e lugares. Amosamos os titulares dos obradoiros feitos este ano:

Logo pasamos a contestar as seguintes cuestións que recollimos en cartulinas e amosamos a continuación:

E para rematar, indagamos sobre a viabilidade de poñer máis enerxía na formación a profesorado.
Pensamos que coa limitación horaria e de mobilidade do voluntariado, quizáis sería interesante
facer unha serie de encontros de profesorado e base social de ESF ao logo do ano, nos que cocrear
material para as aulas, compartir o que funciona e o que non e seguir tecendo rede. Isto é o que saiu:

Con todo isto, damos por finalizada a fase 2. Gracias a todas por facela posible.

Vémonos na fase 3, que xa se está a cociñar 😉

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.