Comando Hacker sobre videoxogos serios
Un videoxogo serio é un xogo deseñado cun propósito que vai máis aló do simple entretenemento. O seu obxectivo é transmitir valores, concienciar sobre problemáticas sociais, ambientais ou culturais, e fomentar a reflexión e a acción positiva entre as persoas que o xogan.
Ao longo deste ano, o alumnado de 2º da ESO do IES San Rosendo (Mondoñedo), baixo a orientación da docente da Universidade da Coruña Mª Luz Castro, desenvolveu unha serie de videoxogos serios sobre temáticas moi diversas. O proceso creativo permitiu que os estudantes traballasen en equipo, experimentasen coa programación e reflexionasen sobre cuestións relevantes para a sociedade.
Algunhas das ideas que desenvolveron foron: un xogo de recollida de lixo no mar, outro para localizar elementos que non pertencen a un ecosistema, un videoxogo inspirado na vida e obra de Julio Verne e outro no que hai que axudar a atopar os amigos perdidos dunha persoaxe.
Destacamos un videoxogo sobre o acoso escolar, onde experimentas en primeira persoas as vivenzas dunha nena que chega nova a un instituto e sofre bullying por parte dunhas compañeiras. Deixámosvos unhas capturas e o enlace para que o probedes!
A creación destes videoxogos permitiu ao alumnado desenvolver competencias tecnolóxicas, sociais e de pensamento crítico, ademais de concienciarse sobre temas relevantes para a sociedade.
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!