BOE

Boletín Oficial ESFeiro: decembro 2025

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Mozambique
  • Enlaces de interese
  • Recomendación artística
  • E proximamente …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA 

    En Galicia, as compañeiras Paola e Martina tiveron a ocasión de viaxar a Bruselas dentro do curso sobre Financiación Europea coa Fundación Galicia-Europa. 

    No programa de ESF na Universidade (ESFnaUni), en colaboración coa Rede Artigo9Tech, asistimos á presentación do “proyecto CADMIO“, da UDC, a USC, a Universidade do Minho e a UNAH, que estudará a contaminación da auga subterránea no sur de Honduras no contexto dos nosos proxectos. Tamén tivemos faladoiros en clases falando de ESF e dos seus ámbitos de traballo, como na Escola de Camiños da UDC e na ETSE de Compostela (dentro da serie de faladoiros na materia Aula Profesional). Na UDC, con motivo da semana da reparación, tivemos un repair café (encontro de reparación colectiva) en Camiños e no Campus Industrial de Ferrol

Dentro deste programa, tivemos a VI Xornada de Tecnoloxía para o Ben Común, encontro anual da Rede Artigo9Tech, que tivo lugar na Escola de Telecomunicacións da UVigo, onde coñecemos varias experiencias das universidades nesta liña da cooperación e a tecnoloxía para os dereitos humanos. Colaboradoras da UDC participaron nun encontro na Coruña “Defendendo o dereito á auga no sur e no norte”. 

Ademais, persoas da base social da ESF que son da UVigo fixeron a Presentación da Guía de Autodefensa Dixital no centro social Faísca, en Vigo, grazas ao apoio das axudas de 0,7 do IRPF, da Xunta de Galicia.

    No programa de ESF no eido profesional e da economía social (ESFpro), participouse en varios encontros sobre economía social e traballo comunitario. Coidar da auga, facer comunidade en Pontevedra falando de xestión comunitaria de auga Honduras-Galicia, en Melide no encontro “A Economía Social e Solidaria emprende con C: Coñece, Conecta e Crea” presentando este mesmo programa. Tamén se avanzou na elaboración do mapa galego de iniciativas para a transición ecosocial, cunha primeira versión do visor web, e dous encontros presenciais para falar sobre boas prácticas comunitarias e exemplos delas (en Vigo e Santiago). Tamén houbo un repair café no CS Casco Vello de Vigo

    No programa Hackers Sen Fronteiras (HsF), de tecnoloxía para o ben común no ensino secundario, houbo o encontro de peche desta fase, co profesorado  de secundaria colaborador, que veu até Santiago de Compostela.

    No programa Mulleres Bravas,  estase a realizar un proxecto de Aprendizaxe-Servizo coa UVigo, na Escola de Administración Pública de Pontevedra.

    En rede, participamos no encontro de reflexión conxunta sobre a situación actual da Educación para a Cidadanía Global (ECG). Colaborouse no Roteiro Feminista na Coruña co Colexio de Traballo Social, Ecos do Sur e o programa Galicia Abriga. Ademais, tivemos un encontro en liña con distintas asociacións da Federación ISF sobre Iniciativas de derecho a reparar, repair café y bancos de reciclaje.

    Ademais, tivemos tempo para a reflexión, con este artigo de preguntas sobre decrecemento.


HONDURAS

    Esta pasada fin de semana foron as eleccións en Honduras. Parece que voltaremos a un goberno reaccionario e, posiblemente, con retrocesos nos tímidos avances en dereitos humanos acadados no país na última lexislatura (se é que non con repunte da represión contra as organizacións da sociedade civil, como está a ocorrer noutros países da zona como Nicaragua ou El Salvador).

    No entanto, no eixo de traballo de soberanía alimentaria e defensa do territorio, seguiu o traballo no programa de restauración do ecosistemas de lagoas de inverno. Fíxose  limpeza de canais e monitoreo de aves, así como un  curso de conservacion ecosistemas, outro sobre a correcta aplicación da cadea de frío e un encontro de xente nova. Tamén houbo unha visita institucional, da Corporación Municipal de El Triunfo.

No programa de apoio ao marisqueo artesanal, fíxose un encontro de  incidencia local e gobernanza comunitaria, así como unha xornada de traballo sobre liderado das mulleres marisqueiras e unha formación en caixas rurais.

O terceiro programa deste eixo de soberanía alimentaria é o de apoio a sistemas agrícolas resilientes, neste caso financiado por un programa da AECID. Dentro deste programa, tivo lugar unha formación de transformación alimentos 

    No eixo de traballo de dereito humano á auga estívose a pechar a documentación para xustificar as subvencións da fase recén rematada e preparando a seguinte, para obter financiamento en 2026.


MOZAMBIQUE

    Durante o mes de novembro tivo lugar unha visita técnica a Mozambique na que se traballou, fundamentalmente, coa Administración Regional de Aguas do Sul de Moçambique na mellora da xestión de inundacións. Incidiuse na revisión e análise da normativa relacionada con membros da equipa técnica e tamén coas xefaturas de departamento e do gabinete xurídico. 

    Entre o 3 e o 7 de novembro tivo lugar en Maputo a conferencia internacional REMCO. A REMCO -International River and Environment Cooperation- é unha iniciativa de cooperación entre Mozambique, África do Sur e Eswatini, enfocada na xestión integrada e sustentábel das bacías hidrográficas transfronterizas. Durante a REMCO, evento que reúne os principais actores dos recursos hídricos a nivel internacional, foron presentadas por parte da ARA Sul dúas ponencias de traballos realizados no ámbito do proxecto: unha centrada na análise comparativa entre as precipitacións estimadas por satélite e as das estacións pluviométricas e outra sobre a monitoria en tempo real da chuvia con datos de satélite.


ENLACES DE INTERESE

Activismo e persoas

Auga

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Enerxía e cambio climático

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Pobreza e exclusión

Políticas e modelos de desenvolvemento

Soberanía alimentaria e defensa do territorio

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA

    Este mes toca cine, a película Ciudad sin sueño, ambientada na Cañada Real.


E PROXIMAMENTE …

    Temos un novo apartado na nosa páxina web, onde se pode ver a axenda de próximos eventos ESFeiros ou que nos parecen interesantes pola temática. Ademais:

  • 2 de decembro: Día Internacional para a Abolición da Escravitude (segue habendo moitos tipos dela…)
  • 3 de decembro: Día internacional das Personas con Discapacidade
  • 3 de decembro: Día Internacional non uso de plaguicidas
  • 5 de decembro: Día Internacional do Voluntariado para o Desenvolvemento Económico e Social
  • 5 de decembro: Día Mundial do Solo
  • 6 de decembro: Repair Café en O Covelo (pavillón de deportes, toda a mañá).
  • 9 de decembro: Día Internacional contra a Corrupción
  • 9 de decembro: Día Internacional para a Conmemoración e Dignificación das Víctimas do Crime de Xenocidio e para a Prevención dese Crime
  • 9 de decembro: Día Internacional da Informática
  • 9 de decembro: pecha o prazo para presentar propostas ao I Concurso de iniciativas de tecnoloxía para o ben común no eido profesional e da economía social
  • 10 de decembro: Día dos Dereitos Humanos
  • 12 de decembro: II Congreso Galicia é Economía Social e Solidaria
  • 17 de decembro: almorzo de Nadal na oficina de ESF da Escola de Camiños na Coruña, a partir das 11:30h
  • 18 de decembro: Día Internacional da Persoa Migrante
  • 19 de decembro: Día das Nacións Unidas para a Cooperación Sur-Sur
  • 19 de decembro: pecha o prazo para matricularse no curso de Facilitación de Grupos, de Amigas da Terra e Suburbia
  • 20 de decembro: Día Internacional da Solidariedade Humana
  • 23 de decembro: 11h. Encontro de nadal de ESF en Santiago de Compostela. 11 a 13h no CSC Fontiñas de Santiago de Compostela e ás 14h, comida de confraternización

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia  consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD


A ESF-RASE DO MES

«A mi mamá no la estamos enterrando. La estamos sembrando». 

As fillas de Berta Cáceres o día que a despediron

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.