Boletín Oficial Esfeiro: abril 2019
CONTIDOS
- Vida Asociativa
- Honduras
- Enlaces de interese
- Publicacións en físico
- E no próximo mes …
- A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
Parece que a primavera vainos animando e traendo máis actividade na vida Esfeira. Como non podía ser de outra maneira, comezamos marzo con moita enerxía apoiando a #FolgaFeminista #8M2019 e ao movemento feminista, imprescindible na nosa sociedade para poder acadar a igualdade e xustiza social.
Sseguimos coas clases da XIX edición da materia de Cooperación ao Desenvolvemento na Caminos A Coruña da Universidade da Coruña. Queres coñecer a súa historia?
O
finde do 23
de
marzo
tivemos
aXuntanza da base social e
a Asemblea Xeral
de persoas socias, poucas desta volta, pero moi ben
avenidas. Tivemos unha intensa xornada de reflexión sobre a ESF que
queremos (que terá o seu broche final nun obradoiro do que se informará
próximamente e no que esperamos moitíiiiiiisima participación!). Moitas
grazas ao Concello de Padrón
por cedernos as súas instalacións do centro social.
A última semana do mes veu movida. O día 28 tivemos unha xente xenial na clase da materia Enerxía, Cooperación e Sustentabilidade do mestrado de Eficiencia Enerxética da Universidade da Coruña na Escuela Universitaria Politécnica Ferrol.
O 29, participamos nunha mesa redonda no curso de Nonviolencia, en Santiago. Aprendemos e compartimos moito sobre esta temática con outros movementos sociais. Pronto compartiremos unhas reflexións na web.
HONDURAS
En Honduras estívose a traballar arreo para preparar a documentación que debe servir para xustificar o proxecto financiado pola Xunta de Galicia que rematou en decembro 2018 (no programa de soberanía alimentaria que, entre outras actividades, contemplaba a elaboración da ferramenta SIROS), así como a primeira anualidade das dúas que forman dous proxectos (tamén financiados pola Xunta de Galicia):
-o proxecto de xénero que se está a realizar con CODDEFFAGOLF (apoio de grupos de mulleres productoras) e a Mancomunidade NASMAR (fortalecemento das Oficinas Municipales de la Mujer)
– o proxecto do programa de Dereito á Auga, que inclúe fortalecemento en temas de hidroxeoloxía e enerxías renovables co apoio do grupo AQUATERRA da Universidade da Coruña, colaborando coa Mancomunidade NASMAR e a Asociación Hondureña de Juntas Administradoras de Agua y Saneamiento.
Ademais, pódese ver como de desenvolveu o proxecto financiado en 2018 polo Concello de Santiago de Compostela, dentro do programa de Dereito Humano á Auga (tamén o presentamos no Consello Municipal de Cooperación de Santiago de Compostela, conformado por fin en 2019).
ENLACES DE INTERESE
Auga
Comunicación para o (como) desenvolvemento
- Atrancos para comunicar o colapso
- La nueva arma de las ‘fake news’: una IA que imita la voz de cualquiera
Consumo responsable
- Cuántas veces se usa de media la ropa antes de tirarla: en Europa 95, en China 62 y en EEUU 34
- África, paradero de nuestra basura electrónica
Cooperación e ONGD
Educación para o desenvolvemento
Iniciativas
- «Yo ahora trasiego detergente». Un vigués abre la primera tienda de la ciudad ecosostenible con productos de limpieza a granel. Los clientes tienen que acudir a comprar con envases de plástico
- A I Deseucaliptización Simultánea conseguiu eliminar máis de 205.000 eucaliptos e acacias do monte galego
Investigación para o desenvolvemento
- Informe Descarbonización en España
- Libro De Re Metallica (libro de 1556 sobre técnicas de minaría antigua).
- Un estudio dobla el número de muertes anuales relacionadas con la contaminación del aire: 800.000 en toda Europa
Mundo
- China en América Latina: ¿el inicio de una nueva Guerra Fría?
- Nos solidarizamos con todas las víctimas y mostramos nuestra disposición para canalizar apoyos y esfuerzos a la población afectada por el Ciclón #IDAI
Políticas e modelos de desenvolvemento
Sensibilización
- Romper el silencio: Las plantaciones industriales de palma aceitera y caucho generan hostigamiento, violencia sexual y abuso contra las mujeres
- Documental: Redes contra a política do espolio 1h 15min 50seg (sobre as organizacións cidadás que se están a formar na área da comarca compostelá como resistencia á destrucción que empresas enerxéticas, mineiras e a xestión do lixo)
- A diversidade migratoria en Galicia
- Joseph Zárate, periodista y escritor. “La vanidad del ser humano se explica con un dato: el 90% del oro que se extrae se utiliza para cosas que no necesitamos”
Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural
- Redeiras: «Fai falla un relevo xeracional»
- Unha regueifa para amosar os matices do eucalipto
- Nuevas reglas europeas para frenar prácticas desleales en la cadena alimentaria
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- Microsoft, los servidores submarinos y el impacto medioambiental que supone hundir la nube
- Polémica por el uso de algoritmos predictivos en Reino Unido: 53 ayuntamientos y 14 fuerzas policiales ya recurren a ellos
- El big data, las izquierdas y la crisis ecológica
- Cómo le vigilan los móviles Android sin que lo sepa
- Los bots, la segmentación ideológica y la encriptación crean la tormenta perfecta para la manipulación electoral en Internet
- La deep web y el derecho a la privacidad en línea
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- Enfoque de género en iniciativas de soberanía tecnológica
- Cómo la tecnología moldea nuestra identidad humana
- ¿Quiere que su alcaldesa o presidente sea un robot en 2050?
Activismo e Persoas
- ONU: aumenta la violencia contra las defensoras de los derechos humanos
- James Hendler: «Hace falta un código ético para que la web crezca como una fuerza del bien»
- Las niñas que desafiaron al ISIS en plena guerra de Siria
- Sobre poder y dominación en nuestros espacios críticos
- Caddy Adzuba: “Las multinacionales que explotan el coltán en Congo ilegalmente arman a quienes violan a las mujeres”
PUBLICACIÓNS EN FÍSICO
(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).
Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.
Este mes:
- Palestina. Sangre y olvido (revista de Eldiario.es)
E NO PRÓXIMO MES …
- 1 de abril: Día Mundial da Educación
- 4 de abril: faladoiro Escola Técnica Superior de Enxeñería en Compostela, sobre Tecnoloxías de baixo custo para abastecemento de auga e saneamento en Honduras.
- 5 de abril: obradoiro infantil na campaña Compostela+Solidaria, no CSC As Fontiñas (parte tamén do programa Apego), Auga de todas.
- 6 de abril: 4º Encontro de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia
- 7 de abril: Día Mundial da Saúde
- 11 de abril: 20h. Tertulias no bar. A Coruña. Cafetería da ETSE de Camiños, Canais e Portos. “Engánanche nas redes sociais? Fake news e manipulación dixital”. Moi útil agora que veñen eleccións…
- 17 de abril: Día Internacional da Loita Campesiña
- 22 de abril: Día da Terra
- 23 ou 24 de abril. Escola Politécnica Superior Lugo. próximamente máis info, pero estamos traballando nun faladoiro sobre Loitas Labregas e Defensoras da Terra en Honduras e Galicia.
- 28 de abril: Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo
- 30 de abril: 12h. Aula 4 da Escola de Enxeñería de Camiños A Coruña. Sesión da materia de Cooperación ao Desenvolvemento na Enxeñería Civil da UDC. Cooperación institucional en el sector del agua. Víctor Penas. Augas de Galicia.
A ESF-RASE DO MES
“Permitimos que as grandes compañías, cunha enorme sede de datos, implanten un modelo de negocio que domina a Internete e que está impulsando os sistemas de intelixencia artificial, co que acercámonos á creación dunha nova orde económica onde o importante é captar información pero sen darlle ningún valor ás persoas”.
Jaron Lanier
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!