NOVO PROXECTO. Mellora da sostibilidade da actividade marisqueira como fonte de ingresos de grupos de mulleres nos municipios de Amapala, Alianza, San Lorenzo e Marcovia, Honduras

Este proxecto é a Fase 1 dun programa de marisqueo, con vocación de continuidade, dentro do eixo de Soberanía Alimentaria de ESF Galicia, así como do Programa de Pesca e Marisqueo da nosa socia local CODDEFFAGOLF. O proxecto se realizará co apoio do Laboratorio de Enxeñería Cartográfica da UDC (Cartolab). Para o deseño traballouse coa delegación na rexión da Dirección Xeral de Pesca, que tamén participará na execución. Está financiado pola Cooperación Galega da Xunta de Galicia.

Esta Fase 1 xorde da experiencia dun proxecto anterior sobre marisqueo, executado en 2019-2020. O devandito proxecto deixou grandes aprendizaxes en canto ao sector, xerou unhas dinámicas de unión e articulación cos actores en materia de pesca e marisqueo, e tivo que adaptarse a dúas situacións de cambio de contexto intensas:

Todo isto, derivou nunha perda acentuada da capacidade de xeración de ingresos dos grupos de mulleres mariscadoras beneficiarias, tanto polas limitacións de mobilidade pola pandemia e a crise posterior, como pola perda de recurso coas mortes. En 2022 deuse a maiores outro cambio de contexto de importancia, que é o cambio de goberno en Honduras, tras as eleccións de novembro de 2021, cun xiro das políticas que, a priori, parece que apoiarán ao pequeno/a produtor/a e ao feminismo.

Estas circunstancias supoñen un cambio nas prioridades identificadas no sector:

  • 1ª. Existe unha preocupación pola sustentabilidade ambiental e de saúde xeral do recurso marisqueiro, sendo necesario ampliar o coñecemento respecto diso;
  • 2ª. Vese máis necesario mellorar a articulación dos diferentes actores, cos seus diferentes perspectivas e capacidades, para facer fronte a un problema complexo como é a regulación e sustentabilidade da actividade
  • 3ª. Identifícase a debilidade social e económica dos grupos tras a crise debida á pandemia, o illamento derivado das restricións e o aumento xeneralizado das violencias intrafamiliares e comunitarias e, por outra banda, a falta de actividade económica ocasionou unha descapitalización nalgunhas familias.

O programa enfócase á sostibilidade da actividade marisqueira como fonte de ingresos de grupos de mulleres. Pódese considerar por tanto en si mesmo como unha acción afirmativa en xénero. Este proxecto céntrase nos 3 resultados:

  • o fortalecemento dos grupos desde un punto de vista de mellorar a súa autonomía e reducir dependencias para a toma de decisións e acción en materia de xeración de alternativas económicas e incidencia
  • a articulación horizontal e vertical de actores do sector
  • a posta en marcha das alianzas entre actores para sentar procesos de xeración de coñecemento, orientados á ordenación ou regulación da actividade.

Cos grupos, se pretende mellorar a súa capacidade económica e de toma de decisións de forma proactiva. Se reforzarán aspectos de xestión organizativa, incluíndo compoñentes de xestión emocional. Daranse capacitacións e insumos para a experimentación en formas de engadir valor agregado aos produtos do mar. Trátase de aprender técnicas, experimentar cos seus propios recursos e probar a venda en diferentes formatos, analizar os resultados e ir establecendo negocios con mellores rendementos.

Cos actores, traballarase a mellora da gobernanza do sector na rexión sur abordando: o reforzo da Comisión de Bivalvos establecida no proxecto de 2019-20, dándolle un protagonismo importante na xestión e decisións do proxecto a nivel de tomadores de decisión e titulares de responsabilidade; reforzando as reunións e capacidade de axencia das mulleres marisqueiras, dando seguimento á Axenda de incidencia das mulleres marisqueiras definida no proxecto anterior. A través do comité de seguimento local do proxecto que incluirá a comisión de bivalvos e representantes dos grupos de beneficiarias, iranse tomando decisións estratéxicas do proxecto e xerando dinámicas de acción.

En alianzas traballarase na compoñente de xestión e xeración de coñecementos, cun enfoque a curto, medio e longo prazo, sendo este un eixo fundamental e estratéxico a nivel de programa. Nesta fase 1 do programa maduraranse e farán máis específicas as metodoloxías de mostraxe e tratamento da información, xeraranse outras novas, darase capacitación específica a tomadores de decisión e titulares de responsabilidade, constituirase unha rede comunitaria de alerta temperá e unha rede de voluntariado para a toma de mostras e datos de seguimento (calidade de auga, inventario do recurso, etc). Realizarase un ensaio de cultivo de moluscos con dobre finalidade: coñecer a técnica para poder ter unha resposta rápida para a rexeneración en caso de repetirse sucesos de mortes de moluscos, e avanzar no coñecemento para a produción de moluscos con cultivos, extrapolando así o coñecemento de anos de Galicia neste campo. Para todo iso contarase co apoio técnico da Fundación CETMAR en Galicia.

FICHA

Título: Mellora da sostibilidade da actividade marisqueira como fonte de ingresos de grupos de mulleres nos municipios de Amapala, Alianza, San Lorenzo e Marcovia, Honduras.

Data execución: xaneiro 2022 a decembro 2023

Orzamento: 257.684,17 euros

Aquí deixamos un vídeo que ilustra moi ben o traballo dos grupos de mulleres e a incrible beleza do entorno que están coidando

5 replies

Trackbacks & Pingbacks

  1. […] certa escasez de semente de bivalvos, por fin puideron empezar os ensaios de cultivos en bolsas, co proxecto de mellora da actividade marisqueira. Tamén houbo xornadas de formación en ferramentas para organización e administración dos grupos […]

  2. […] proxecto Mejora de la actividad marisquera en el Golfo de Fonseca, Fase 1, que se está a desenvolver en Honduras xunto coa asociación CODDEFFAGOLF e financiado pola […]

  3. […] Escuela de Habilidades para la Vida que CODDEFFAGOLF impulsou dentro do proxecto de apoio a grupos marisqueiros en Honduras financiado pola Cooperación Galega da Xunta de Galicia, culminou con éxito o seu […]

  4. […] complemento do proxecto que temos en marcha en colaboración coa organización CODDEFFAGOLF de Mellora da sostibilidade da actividade marisqueira como fonte de ingresos de grupos de mulleres nos …, a Deputación da Coruña concedeunos unha axuda para realizar uns investimentos que virán refozar […]

  5. […] marco do proxecto de marisqueo que financia Cooperación Galega da Xunta de Galicia, que desenvolvemos con CODDEFFAGOLF, en febreiro seguiron as reunións con axentes responsables da […]

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.