Visita delegación da ARA Sul de Moçambique a Galicia
Dentro do programa Aqua Moz, que desenvolvemos en colaboración con Augas de Galicia, a Cooperación Galega da Xunta, e as tres Administracións da Auga de Mozambique (ARAs Sur, Centro e Norte), recibimos a vindeira semana a visita de Lizete Dias, Xefa del Departamento Recursos Hídricos e Ernesto Tivane, técnico Recursos Hídricos, da ARA Sul. Estarán toda unha semana visitando distintos proxectos e facendo encontros técnicos con persoas de Augas de Galicia, Cunca Hidrográfica Miño-Sil, Consellería de Infraestruturas, Cooperación Galega da Xunta de Galicia, da Universidade da Coruña e, como non, coa nosa base social.
A continuación, deixamos a súa axenda. Serán visitas pechadas, excepto a do martes 6 ás 19, onde pode acercarse quen quera. Tamén na do mércores ás 12 pode asistir público externo (pregamos inscrición neste caso, para non superar o aforo, no noso email).
| DATA | LUGAR | EVENTO | 
| Luns 5 de xuño 9:30h  | Augas de Galicia. Santiago de Compostela | Recepción | 
| Luns 5 de xuño 10h  | Augas de Galicia. Santiago de Compostela | Dirección e Xerencia: presentación inicial de Augas de Galicia e visitantes | 
| Luns 5 de xuño 11h  | Consellería Infraestruturas. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela | Presentación institucional. | 
| Luns 5 de xuño 12:30h  | Augas de Galicia. Santiago de Compostela | Secretaría Xeral AdG: atribucións e relevancia temas xurídicos, rendición de contas, trazabilidade. | 
| Martes 6 9:30-10:45h  | Augas de Galicia. Santiago de Compostela | Planificación Hidrolóxica e calidade. Monitoria de bacías  | 
| Martes 6 11-12h  | Augas de Galicia. Santiago de Compostela | Introducción á Xestión Dominio Público Hidráulico: estrutura e funcionamento. | 
| Martes 6 12-12:45h  | Augas de Galicia. Santiago de Compostela | Plan de Control de Vertidos | 
| Martes 6  14h  | Augas de Galicia. Santiago de Compostela | Plan de seca e Plan de inundacións. | 
| Martes 6  19h  | Praza de Cervantes | Encontro coa base social de Enxeñería Sen Fronteiras | 
| Mércores 7 9-10h  | Augas de Galicia. Santiago de Compostela | Canon da auga | 
| Mércores 7 12h  | CITEEC. Campus de Elviña da UDC. A Coruña | Visita CITEEC e posterior sesión técnica na aula CITEEC | 
| Xoves 8 8:30-12h  | Augas de Galicia. Santiago de Compostela. Saída a campo | Tramitación expedientes autorizacións e concesións.  Saída a campo + procedementos.  | 
| Xoves 8 13h  | Ourense. Confederación Hidrográfica Miño-Sil. | Visita á CH MIño Sil. Centro de control e estación de calidade | 
| Venres 9 9-13:30h  | Augas de Galicia. Santiago de Compostela. Saída a campo | Encoros: explicación do traballo de supervisión e xestión de encoros en Augas de Galicia. Visita encoro de Caldas. | 
| Venres 9 14h  | Augas de Galicia. Santiago de Compostela | Avaliación e despedida | 










Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!