Preguntas sobre o decrecemento
O noso compañeiro Abel recomenda un interesante artigo de Timothee Parrique en defensa do decrecemento e postcrecemento con recomendacións e enlaces interesantes. Os argumentos son interesantes pero quedan sempre as mesmas preguntas sen responder, os puntos cegos do decrecemento, que el trata de comentar nesta entradiña.
———————————————————————————-
A raíz deste interesante texto no que se defende o decrecemento fronte a algúns postulados contrarios xúrdenme algunhas preguntas sen resposta dende o meu entendemento persoal (e parcial) do Decrecemento (as deixamos clasificadas según temáticas):
O TEMPO
- Canto tempo temos antes de que toda medida proposta faga inviable a súa adopción en termos de reversión ecolóxica das dinámicas actuais?
- Canto tempo é preciso para implementar todas as medidas decrecentistas necesarias para chegar a equilibrios ecolóxicos (e socioeconómicos)?
- Canto tempo é preciso para que se perciba o deterioro do estado de “benestar” nas economías occidentais para que se plantexe a necesidade real de buscar sociedades alternativas e solucións ós problemas sistémicos?
- Será posible plantexar as medidas decrecentistas actuais dentro duns anos ou éstas xa terían que ser moito máis “radicais e extremas” (dende a perspectiva actual) para compensar os anos perdidos nos que a situación actual empeorará drásticamente?
ACEPTACIÓN SOCIAL
- É posible adoptalas por aceptación popular nas sociedades actuais? En qué países sería posible e en cales non?
- É posible adoptalas sen autoritarismos? Qué grado de autoritarismo sería preciso empregar nese momento? Quén o exercería? Qué grados de democracia, liberdades, dereitos, xustiza etc habería neses estados para garantir as medidas urxentes decrecentistas?
- As élites aceptarán esas medidas? En caso contrario cales serían as accións oportunas de actuación
- Haberá países que adopten o groso de medidas decrecentistas mentras outros non o fagan? Ou será preciso de acordos parciais ou globais para un desescalado conxunto? Canto tempo levaría chegar a eses acordos? Sería xa moi tarde?
OS RECURSOS
- En caso de que algún país se lance exemplarmente ó camiño do decrecemento (de xeito profundo e necesario, non só de xeito formal e superficial), cómo obterá os recursos que precisa para a transición se iso implica perda de competitividade co restos de economías crecentistas?
A POBOACIÓN
- Son posibles economías decrecentistas sen un control no crecemento demográfico?
- Cómo se controlarían os movementos migratorios ou é posible aplicar esas medidas decrecentistas nos países e seguir “atraendo” migrantes doutras partes do mundo máis desfavorecidas (nos tempos do post e neocolonialismo)?
O MILITAR
- Esas medidas decrecentistas implicarían recortes profundos ou eliminación dos exércitos estatais? Cómo se garantizaría a protección dos países que decrezan tamén no militar fronte a aqueles que non decrecen no económico nin no militar?
CAMBIOS PRODUCTIVOS
- O decrecemento implicaría unha relocalización socioeconómica en función dos recursos dispoñibles e a tendencia sería hacia unha primarización da economía. Cómo se levaría a cabo esa descomplexización das economías e en qué grado a sociedade aceptaría unha regularización, un abandono progresivo das cidades e unha aposta polo sector primario coma motor económico e coma principal motor laboral?
- De qué xeito e en qué fases se rexenerarían os campos afectados de tanto “maltrato” agroindustrial pasado e presente? Canto tempo sería preciso para a reconversión do sistema agroindustrial? Qué modelos intermedios se poden plantexar e cales serían as fases? _De qué xeito se preservarían as zonas naturais silvestres fronte a unha sociedade con necesidades enerxéticas e materiais pero que reduce drásticamente o consumo enerxético e material (fundalmnetalmente nos productos dependentes dos combustibles fósiles: plásticos, formigóns, metalurxia etc)? É posible unha sociedade decrecentista en sociedades capitalistas? Cómo sería o modelo/s modelos propostos alternativos? Tempos e fases para a transición
A POLÍTICA E OS ACORDOS
- COmo se plantexarían os acordos locais, rexionais, estatais e internacionais a todolos niveis (poboación, empresa, institucional, gubernamental, intergubernamental) para ter unha axenda decrecentista global ou adaptada e consensuada según os contextos? Será posible que se adopten as medidas decrecentistas precisas sen acordos globais?
- _Se o decrecemento como medida política para un cambio de paradigma socioeconómico se plantexa coma única vía para solucionar os problemas e dinámicas actuais, pero non é capaz de responder as preguntas anteriores (e moitas máis que quedan sen formular), de qué xeito se validaría a adopción desas medidas (que provocarían unha profunda transformación socioeconómica) sen garantías dunha aplicación oportuna?
- Esa concepción de que o decrecemento é a única (ou a mellor) opción política e socioeconómica a nivel global, podería ser unha limitación en sí mesmo porque concentraría todas as resistencias da estructura social, económica, empresarial e institucional que se opoñen a un cambio real do BAU?
Hai moitas máis cuestións que se quedan sen plantexar. Só son algunhas preguntas en torno á transformación socioeconómica e nun contexto occidental, que sen dúbida habería que ampliar a outros contextos particulares a nivel global, no que plantexar a distribución dos recursos globais, ou cómo se poden desenvolver outros territorios máis necesitados nun contexto global de decrecemento, e por suposto toda a parte ambiental e a superación dos límites planetarios
Con todos os interrogantes anteriores, plantexo se o decrecemento (postcrecemento ou outros neoloxismos ou correntes posibles) ten viabilidade a nivel global ou ten máis percorrido coma espertador de conciencias ante a inviabilidade dun crecemento infinito e ante o deterioro ambiental do planeta. Xa só con iso sería algo moi positivo pero normalmente as valoracións finais (e moitas veces a viabilidade de postulados ideolóxicos) se miden pola escala dos obxetivos da proposta. Tamén me xurde a dúbida se a necesidade de dar resposta a escala global dende o decrecemento ven condicionada polas urxencias actuais a esa escala, pero se no fondo se xeralizan e globalizan medidas que teñen funcionalidade a pequena- mediana escala (e a nivel rexional) pero son inviables co grado de hipercomplexidade global.
A resposta máis oportuna sería pensar que se plantexan medidas e actuacións a distintas escalas, dende o máis local ata o máis global pero iso non elimina a necesidade de seguir respondendo todalas cuestións anteriores que dende o meu punto de vista son grandes incógnitas. Tamén me pregunto se son preguntas sen resposta dada a complexidade sistémica das sociedades actuais e a complexidade dos retos actuais.
Pensar que a suma aleatoria e orgánica de iniciativas e pequenos cambios pode ser o gran transformador a nivel global creo que funciona dende unha actitude de aceptación da realidade e non tanto cando se está aferrado á obtención dun obxetivo. Neste último caso e máis alá de moi bos resultados de implementación local ou rexional, creo que unha parte da sociedade esixirá validación a unha escala superior para poder levar a cabo unha reestructuración profunda.
O outro día escoitei que o decrecemento estaba de moda 😳. Iso pode ter moitas interpretacións pero, na parte negativa, creo que pode levar a transformar, edulcorar e descontextualizar o decrecemento e os procesos de valor na transformación das dinámicas socioeconómicas actuais (transformación real nas pequenas e medianas escalas, e a nivel teórico en escalas grandes e global). As miñas dúbidas a escala grande e global veñen a colación de todas as preguntas anteriores nas que non atopo resposta definida. E me plantexo se as respostas están pendentes de elaboración ou se a esa escala podería ser pernicioso o plantexamento decrecentista “intencionado” (na medida que imposibilitaría outros camiños ou visións posibles).
Que outras medidas ou propostas pensades que poderían aparecer a esta escala ou incluso se podería ser aceptable un non intervencionismo? Ocórrensevos máis preguntas?






Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!