Enxeñería Sen Fronteiras Galicia chega ao Fediverso
Despois dun tempo dándolle voltas, estamos no Fediverso. As redes sociais convencionais seguen a ser interesantes para nós, pero cada vez compensa menos a incoherencia de crear contido para unhas plataformas gobernandas por grandes tecnolóxicas que comercian coa privacidade, con respecto á rede que se pode xenerar para impulsar unha tecnoloxía para o ben común.
Pensamos que as instancias descentralizadas e federadas que son e sustentan o Fediverso están moita máis en consonancia coa idea de gobernanza da tecnoloxía, e de reapropiación tecnolóxica que defendemos en ESF, como primeiros pasos cara unha tecnoloxía para o ben común. Ademais, cremos que as entidades e persoas que moran xa no Fediverso parten duns valores moi na liña dos que defendemos, e que se pode facilitar a xeneración dunha masa crítica social que impulse estes valores. No noso caso, podemos aportar a visión de cidadanía global que nos da o traballo en diversos países e con distintas culturas, tratando de impulsar pontes entre sociedade civil galega e doutros lugares poñendo a tecnoloxía ao servizo da defensa dos dereitos humanos.
En que redes do Fediverso estamos?
De momento, en dúas:
- Mastodon, onde se nos pode atopar aquí
- FediverseTv, onde estamos en aquí
Trackbacks & Pingbacks
[…] técnicos de Galicia. Ademais, felicitamos a todas as cooperantes no seu día. Presentamos as nosas novas contas de redes sociais no Fediverso, que están moito máis en sintonía cos valores que defendemos de soberanía dixital. Ademais, […]
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!